30.3.09

Gran Torino.


Non sempre se entra pola porta do cine sabendo que tes unha boa peli asegurada. Pero é moito menos frecuente sair sabendo que ves de ver unha historia excepcional interpretada e dirixida por un tipo fora do común e cun guión extraordinario.
Gran Torino é unha película intelixente, dunha sutilidade pouco frecuente e da que se poden extraer variadas lecturas dende un plano absolutamente íntimo ata o máis político. Gran Torino fala dos prexuizos, da fidelidade, de valores, de amor, de respecto, de caracter, de cómo un inmigrante se pode integrar na sociedade de acollida (quizáis máis útil esta película que miles de programas millonarios de integración), fala de violencia, de paz, de estratexia, dalle unha patada no cú a era Bush alí onde máis lle pode doer aos xenocidas... todo cun humor contundente e sen atisbo algún de ñoñez.
Despois de vela comezo a entender que Eastwood sexa republicano porque quizáis todo eso teña unha importancia menor, moito menor.

"decatácheste de que, de cando en vez, pódeste atopar con alguén co que non deberías meterte? ese son eu"
pois iso.

29.3.09

1 ANO!

N cumpriu un ano: anda, pide, da, ri.. é lista, alegre e guapa, ten paciencia e faise entender. Non se pode pedir nada máis.

26.3.09

PJ Harvey & Jonh Parish


O disco que fixeron xuntos, Dance Hall at Louse Point, en 1996 era unha virguería (joder, hai 13 anos!!). Voltaron grabar xuntos e aquí tes o video do primeiro single.

18.3.09

Supersticións

Logo de segar varios prados pregúntome cántos tréboles de 4 follas cortei.

12.3.09

Algunha pincelada sobre o cambio de goberno

  1. Tomade a imaxe de Quintana. Tomade a imaxe de Beiras (particularmente cando co encontro irmandiño petou sobre a mesa: chupa coiro e tal). Agora pensade que tendes 18 ou 23 ou 29 ou 34 anos. Quén dos dous da unha imaxe máis "viejuna"?? indudablemente Quintana: pinta rancia, con pouco estilo e, suponse, con ideas rancias e pouco estilo. É unha impresión, unha idea, unha hipótese; aí queda.
  2. Qué vai pasar coa lingua galega e Feijoo/PP? a miña impresión é que nada de nada. Non vai facer nada en educación, vai a soltar algún chispazo para contentar aos seus e punto final. Ese chispazo non vai ter absolutamente ningunha transcendencia sobre o futuro da lingua, nin sobre o presente. As linguas prestíxianse doutro xeito.
  3. Cómo prestixiar unha lingua?. Se ti es un político ou grupo político particularmente concienzado pola lingua galega e a súa previsible extinción e quixeras reverter a situación o que creo que habería que facer é prestixiar o seu uso, doado, non? si, así que o útlimo que hai que facer é chegar ao goberno e facer cagada tras cagada constantemente sen unha idea clara do goberno máis alá da decoración, vantaxista e demagóxica é dicir, o oposto ao que Quintana, F. Blanco, Suárez Canle e o BNG en xeral fixo no goberno. Porque, qué neno que estivera no filo da navalla de empregar o galego ou o castelán querría parecerse a Quintana?
  4. Fálase moito de caciquismo. Xa está ben, xa chega. Si que é certo que hai áreas nas que pode habelo, claro que si. Pero poboacionalmente é unha anécdota do conxunto de votantes. O caciquismo non explica un país. Aquí, o que somos é extraordinariamente reaccionarios. Hai reaccionarios no PP, no BNG e no PSdeG. Demostrouse que esa ideoloxía profunda non é patrimonio de ninguén.
  5. Yates: Si, podemos reunirnos con quen queiramos, pero a/un votante de dereitas típico nunca lle reprocharía ao seu candidato que se xuntase cun empresario no seu yate, ben para facer negocios turbios ben para pescar xurelos, b/ un votante de esquerdas si llo reprocharía ao seu candidato. Polo tanto se o candidato de esquerdas se reune no yate a modo de corolario: a/ non é moi listo, b/non se entera de nada, c/tácitamente admite que é de dereitas, c/é un iluso.
  6. Yates 2: no BNG se enfadan porque algún medio sacara a foto de Quintana no Yate de Jacinto Rey e eso a min paréceme a típica imaxe do sabio que sinala as estrelas e o tonto mira o dedo que apunta.
  7. Yates 3: non lle acabo de ver o chiste a ir nun yate enorme a ningures. Claramente é un obxecto para a ostentación e esto é un vicio bastante tontuno de acomplexados.

7.3.09

Watchmen (!?)

A Dra Manhattan e mais eu iremos ver Watchmen. Qué tal estará a peli? achegarase a altura do comic? será peor? será boa pero distinta?.

6.3.09

Por qué non mercar xamáis un Citroen

Temos unha poderosa razón para non mercar xamáis (nunca na puta vida) un vehículo Citroen e moito menos dos producidos na factoría de Vigo: ésta dalle gratis total a Feijoo un vehículo dende hai tres anos. Nin un puto duro para Citroen, nin 1000 nin 1 millón de parados, nin un puto duro a Citroen.

3.3.09

Dimisións

Touriño ven de facer algo moi ben feito: dimitir.
Rápido. Que é como mellor se fan esas cousas.
Quintana non dimite. Xa pasaron moitas horas e está a permitir que medre o infección.
Pero claro tampouco están a dimitir Fernando Blanco, Suárez Canal, Aymerich, Bieito Lobeira, Francisco Rodríguez, etc.
O cancro non te está a comer: ti éres o cancro.
Pero da igual, hoxe estou a pensar unha cousa que deixo por escrito: o BNG vai minguar ate case desaparecer e quedar como un resíduo marxinal, quizáis en 10 ou 15 anos, pero está na senda da extinción. Dígoo porque non ten a día de hoxe ninguén dentro suficientemente limpo á vez que intelixente como para reflotalo. Pero como di a miña irmá: non me preocupa.


2.3.09

Efectivamente, houbo sorpresas

Pois tal e como prometín vou escribir algo o día despois: efectivamente houbo sorpresas.
Inda que quizáis o máis sorprendente é que no PSOE e no BNG pensen que é unha sorpresa. Causas hai moitas. A arrogancia, a chulería, a incompetencia e, dende logo, a política de dereita aplicada están tras a presidencia de Feijoo. Mira que debe de foder perder contra un candidato como Feijoo.
Agardo dimisións. Touriño xa está fora pero preocúpame o BNG: é tan pequeno e sectario e están todos tan pringados que a próxima dimisión de Quintana non servirá de moito: precisarían dimitir todos. Inda que se me ocurre unha excepción: o único capaz de pilotar unha transición (de aquí a uns 16 anos) é Berias. Curioso pero é o único que queda sen pringar.

Seguirei contando cousiñas. Inda que se cadra escribo un artigo (público) en medio privado e convencional.
Disfrutade, non todos os días vívese un fracaso tan bonito.