26.1.09

Gaza (ui!)

Xa teño escrito noutras ocasións sobre a costume que o estado de Israle ten de bombardear palestinos, en ocasións con perversións sumas engadidas. Non sei qué lles queda por intentar, quizáis botarlles unha bomba atómica? rocialos con gas?... non (de momento) esas cousas nótanse moito. Así que 1300 mortos despois (neniños incluídos) non hai moito que dicir nin que aportar.
O único que se me ocurre son dúas cousas: 1.- Agora a UE poñerá cartos (os nosos cartos) na reconstrucción de Gaza, cousa que está ben. Logo chegará de novo Israel para destruír, así que o que a UE debería facer é sumar eses cartos a unha conta de débeda externa a nome do estado de Israel e comezar a cobrarlla. Quizáis así se pensaran un pouco eso de bombardear escolas e ambulancias.
2.- Claro que sería interesante que Europa non importar armas a Israel. Que España non importara armas a Israel. Que na Coruña non fabricaran armas para exportar a Israel. (UI!). Bueno, non, que se perden postos de traballo (lembren a o noso consiglieris de Traballo e de Industria apoiar a fábrica hai un par de anos... si, xa sei, desas cousas só se acorda a xente desordeada e tal, eso si, o bloco-secta ben activo que estaba na manifa pro-palestina).
Ui!


22.1.09

Sorpresas

Teño unha hipótese:
O BNG fixo unha brutal viaxe á dereita, ao neoliberalismo, ao caciquismo, ao populismo (co permiso de Superpiñeiro), a brutalidade ambiental, aos dogmas de fe, á propaganda valeira como forma de acción política, etc.
Sen dúbida vai gañar votos de determinados sectores ata agora inéditos. Agora ben, vai perder os votos dos votantes máis de esquerdas e concienciados socialmente e non son poucos. Polo tanto vai levar unha boa sorpresa cando vexa o 1 de marzo que tras a viaxe ao abismo vai quedar como estaba. É unha hipótese nada máis. O día 2 de marzo direi algo ao respecto. Levo con esta hipótese varios meses. Onte falei cunha milintante do BNG que ten claro que non lles vai votar. En calquera caso xa perderon: perderon á xente valiosa e quedaron cos fieis incondicionais.
O PSOE gañará unha chisquiña a conta do PP. Claro que as cousas poden quedar como están se a fantástica "esquerda" que temos bi-gobernando consegue desmobilizar (desilusionar) e quedamos todos na casa. Entón ao mellor incluso Feijoo gaña. E sería a segunda sorpresa.
A(ff) sostén que sería horrible porque non teríamos desmontado a rede caciquil dos últimos anos... eu creo que se cadra non é tan malo: daría para reflexionar á esquerda que hai que facer as cousas ben e saber quén es e quén te vota. Veriamos.
GRIPE

20.1.09

Ata as pelotas de Obama

Supoño que co de Obama clasificaríaseme entre os escépticos: que ao final non supón cambio ningún, etc. Tampoco é que sexa para tanto, logo de Bush, calquera cousa vai ser significativa. O que é inaturable é o bombardeo mediático.
O importante é que hoxe lembrei cando gañou Clinton (Bill) que tamén se dicía que realmente viría un cambio, etc. Ben, xa o vimos.

Neve: hoxe tocoume

Hoxe tocoume estar case 2 horas parado na A6 pola neve. Aproveitei para facer chamadas de todo tipo, ler o xornal e beber té quente (do termo). Se neva, neva.

Os camioneiros estaban moi nerviosos: dame a impresión de que o español caracterízase pola ausencia de paciencia e o capricho (somos un país de bebés?).

15.1.09

Neve e omnipotencia

Neva e colápsase Madrid ( a min qué me importa Madrid, penso), Barajas (a min que me importa Barajas cando non estou viaxando eu), estradas varias e cidades diversas. É o lóxico, a neve é un meteoro moi potente. O caso é que se piden responsabilidades políticas. Xa llo pediran ao infame Ministro Cascos no seu día, así que non é unha cuestión de partidos.
Simplemente é que o ser humano non é omnipotente, por moitos medios que se poñan se saen millóns de coches á estrada as cousas colápsanse. Pasa aquí, pasa en Noruega, Estados Unidos, Alemania, Canadá, etc e iso que por aí adiante cambian as rodas dos coches en inverno.
É só un pequeno detalle pero da conta do prepotentes que nos cremos, do estúpidos que somos. Se neva, neva e punto. Crer que podemos facer vida normal nesas condicións é de anormais. Pedir contas políticas polo tema, unha idiotez.
Eu agradezo que a natureza nos dea un toque de cando en vez. Á espera do toque final.

Disfruten da neve. Mentres poidan.

Minifundio

Este sin dúbida é un dos mellores artigos ao respecto que nunca lera. Non estamos sos.

Plataforma Desorde Contra os Dogmas de Fe.

7.1.09

Un país de paletos. E caciques

Non é a repera pero este artigo de Julio Llamazares do outro día coincide plenamente coa miña visión sobre o tema. Un tema, por certo, que só parece preocupar e ocupar a catro monos entre os que me inclúo.
E iste outro tamén é acertado, inda que eu sería considerablemente máis incisivo.

2.1.09

08, o mellor, o peor

Asáltame fugazmente a idea de facer un post co mellor e co peor do 2008. Idea pouco orixinal e bastante tontuna.
Pero entre o mellor, o único que me ven á cabeza é N e M. Logo penso en Acción de Gracias de Richard Ford, nun plano formal.
Entre o peor: a planificación legal da destrucción de onde vivo, os seus tifosi, a cobardía a falla de imaginación, o sectarismo, a ultradereita, o conservadurismo, o ventaxismo da nada.

Machismo!

Escenario: Gadis de vila. Protagonista, a miña irmá pequena (IP). Día 30 de decembro.
Na cola dous tipos, logo IP, logo dúas señoras. Na caixa, unha caixeira nova.
A caixeira pasa polo lector os productos de ambos tipos, vaillos metendo nas bolsas, eles charlan distraidamente coas mans nos bolsillos, pagan e marchan.
Tócalle o turno a IP que cruza os brazos. A caixeira pasa os productos, cobra. IP, brazos cruzados, di: quero o mesmo trato que os señores de antes. A caixeira non entende. IP: que me metas os productos nas bolsas. Caixeira contrariada, ya te los iba meter, etc.
As dúas señoras escachan coa risa. IP, estou seguro, non move un músculo na cara, proxecta raios láser polos ollos.

Pintas?

Escenario: club do groumet do Hipercor de Santiago (de Compostela para etnoguais). Día 31 pola mañá.
Entro con N na silliña (atenta, cos ollos moi abertos), achégome a unha estantería concreta onde está o que quero, cólloo e póñome á cola, composta por dous señores e unha señora.
A señora, como de 60, normal. Os dous señores, como de 50, ambos con traxe, barato, non moi novo, un leva un abrigo con algunha bola.
Os tres son despedidos cun ledo " gracias, feliz año" por parte do dependente que os mira á cara. A señora gasta como uns 50 euros, os tipos, menos de 20 cada un.
O meu turno, pago. O dependente non me di nada. Nin gracias, nin feliz ano, non me mira. Así que me quedo parado, míroo e deséxolle feliz ano novo. Feliz año, respostame sen mirar. Saio. N, atenta na silliña, eu, chupa de coiro, barbas de 7 días sen afeitar. Pintas? Penso que no paro ten que haber moitos dependentes educados, con menos prexuicios ou que polo menos saiban facer lecturas máis intelixentes das pintas da xente.