31.10.08

Conspiración

Conspiro.
Non pido nada a cambio.
Ou si: o éxito da conspiración.
Non sei se sairá ben ou servirá para algo.

Pero mentres estouno pasando de puta madre!

Transhumancia

N, a Profesora Manhathan e Desorde, unha fin de semana máis realizamos un movemento de trashumancia, inda que tamén podería ser unha fuga de tempero, a León, onde coñeceremos a dous bebés máis.
Hoxe estou moi pastor.

Monarquía

Que a monarquía é algo máis medieval que o románico xa se sabía. Pero é que ademáis o nivel facha é do mellorciño. Logo supoño que se enfadarán porque unha boa parte do país estea deles ata o cú.
A raiña de España fala sobre os gays, a eutanasia e un montonazo de cousas das que non sabe, e menos entende, nada. E non ten porque entender nada que para eso reina, qué carallo.

28.10.08

O pulpo nas casetas do S. Froilán

Vaia por diante: pulpo, non polbo, que son de Aldeamuralla.
Ben, por motivos familiares véxome na obriga de xantar o pulpo nas casetas de Aldeamuralla que se poñen polo S. Pailán. Este ano non libro. Como sempre opóñome por unha serie de razóns obxectivas inda que non serva para nada,:
  • é un agobio de ruído. Ensordecedor, a comunicación co que tes diante só ten efecto a verros. O motivo é que son uns contentores sen acústica ningunha con: un señor que toca o acordeón (pezas mexicanas incluídas), un señor que toca a gaita (no interior!), grupos de ledos muchachotes entonando pezas populares con claro desacerto.
  • cómese mal. O pulpo pode que non estea mal (de todo), pero qué máis? os cachelos? a triste empanada? uns pementos a medio fritir? un postre grasento?
  • é carísimo. Polo que se paga, e algo máis, vaise a un bo restaurante a xantar marisco, peixe, entrecot...
  • é incómodo. Mesas corridas, cadeiras torturantes. Chocas co da mesa de atrás...
  • é unha pasmonada. Confírmalo cando ven unha becaria de el Progreso a sacar unha foto para o xornal do día seguinte.
  • cheira mal. Mala ventilación, cheiro a comida, suor.
  • os camareiros non serven: tiran. Caelles o suor pola frente sobre a comida.
E todo iso por non falar de que xa non son casetas de feira senón unha especie de mininaves industriais a todo luxo, con xanela dobre e aire acondicionado. Mira que me gusta ir comer o pulpo a unha feira normal.
Total, unha tortura coma sempre, e inda por riba tópome cun, por dicilo dalgún xeito, un profesor que torturaba criaturas de 11 anos nas que me conto e que cada vez que o vexo me dan ganas de meterlle unhas hostias, claro agora non teño 11 senón 39 e, francamente, estou cachas. Así que como xa opino dende hai moitos moitos anos: que lle dean polo cú a comer pulpo nas casetas, que se vaia ao carallo a tradición e a metade dos Aldeamurallanos que, eso sí, deberían recibir o premio á constancia (en destruír a cidade palmo a palmo, agora tocoulle o turno a un edificio na rúa da Raíña e o novo edificio entre a catedral e a muralla).
O bo de todo eso é que remata e agardo librar o ano que ven.
Lugo sempre tivo un cheiro a pre-morto inaturable.

21.10.08

Cousas que ocurren cando non-estou

Pois como estaba fóra non me enterei ata que voltei á realidade minifúndica. Resulta que lle dan o premio González Garcés a Eduardo Estévez, entrañable amigo, boa persoa e bo poeta ao que coñecín gracias a Psicopoet outro amigo, boa persoa e bo poeta que escribe fantásticos contos para ler nas vodas. Logo vai outro que quedou de número 2, reclama, quítanlle o premio a Edu. A razón: que áo parecer os poemas non eran inéditos senón que xa estaban por aquí, en construción.
Ben, moitos xa escribiron do tema, non vou contar gran cousa nova, ver aquí, aquí ou aquí ou aquí... Inda que non podo deixar de escribir a miña opinión. En construción é un bló no que Edu experimentou cunha nova forma de escribir, axudado polos demáis, matizado por lectores, etc, non sei se é moi novidoso ou interesante pero sí sei que é un proceso, unha forma de traballar, un xeito de crear, unha metodoloxía para construír e polo tanto non é un producto final.
O producto final foi o que presentou ao concurso e o que gañou. Así que o 2º premio, Xabier Lama e o xurado, ao recuncar, equivócanse e deixan máis que claro que non entenden cómo son os procesos de creación e moito menos que non comprenden o mundo contemporáneo. Esto é moi interesante: a literatura non é o que era nin será o que foi así que un xurado carpetovetónico non deixa de ser unha reliquia do pasado que como toda reliquia pode ter a súa gracia, unha cousa non quita a outra.
Amigos.
Queixase Xabier Lama de que Edu ten amigos e que está sometido a unha campaña de linchamento. A iso sí que quero facer unha reflexión: Edu, efectivamente, ten amigos. Así, Xabier Lama: 1.- non ten amigos, ou 2.- son incapaces de dar a súa opinión, ou 3.- a súa opinión non é coincidente coa del. Non é cousa dos demais, é un problema dil en exclusiva e, en calquera caso, móveme a compasión. Agora, podería renunciar ao premio ou, como mínimo, darlle as pelas do premio (bastante ben dotado) a Edu; sería o menos que podería facer, senón daremos a nosa opinión, eso que el chama linchamento, que ven as ser un recoñecemento explícito de que non soporta unha crítica. Pueril: xogando ao fútbol recíbense patadas, mellor o parchís.
Aquí continua Edu en boa compaña. E aquí tamén, dende logo.

16.10.08

Quince años en el motor de un autobús


Pois iso: Quince anos no motor dun autobús. Non cambiaron o mundo pero si moitos momentos e proporcionaron 15 anos de BSO.
Por certo, o artigo é magnífico.

15.10.08

Millonario excéntrico, meme

Dende o bló de L&M convídanme a escribir un meme que consiste en citar 5 cousas que faría se fose un millonario excéntrico de poderes ilimitados. Ben, creo que non son moito de facer excentricidades nin de ser particularmente excéntrico (xa me chega coa miña profesión e coa miña ideoloxía) ademáis as excentricidades, creo eu, son postizos de personalidade e como xa comentei noutras ocasións unha personalidade forte é moi aburrido, así que se non a tes non hai porque forzarse (pensamento atropellado pero máis ou menos é así).
1. Contrataría/montaría un buffete cuns 500 avogados sen límites de gasto para revisar toda e cada unha das cousas que fan as administracións galegas: pararía todas as irregularidades e ilegalidades que fan. Pararía o país e sería grandioso. As caras dos funcionarios e políticos pensando que teñen que facer as cousas de xeito regular e ben non terían precio. Consecuentemente tería que contratar seguridade privada...
2. Montaría un grupo, ou varios, de comunicación superpotente onde o que menos importase foran os beneficios. A liña editorial marcaríaa eu. A nivel galego habería unha sección nun xornal e nunha televisión privada, con ánimo didáctico-humorístico, que se podería chamar "escarnio" onde se puxese de manifesto as manipulacións, terxiversacións e a ignorancia de outros medios de comunicación onde La Coz de Galicia brilaría cunha cegadora luz própia. Debería reforzar a seguridade privada...
3. Viaxaría por todo o mundo. Esto non é moi excéntrico. Cidades as xustas, estaría polo monte.
4. Estaría ao tanto de concertos interesantes e iría a eles específicamente, oe, que toca Radiohead en Nova York, pois veña, imos para alá. Bah, pensoo pero se cadra logo non o faría.
5. N. estudiaría igualmente en colexios públicos e empregaríamos a sanidade pública. Esto sí que é excéntrico.
Ben, xa está. Pásolle o meme a: Sara Jess, Pat, Ra, A Túa Nena e Opaco. Por suposto se teñen a ben xogar a esto, non é obrigatorio.

O país do medo

Non hai moito decateime de que Galicia é o País do Medo.

14.10.08

Política (Galega)

Anóxame ler novas da política galega. Dalgún xeito, entre todos, conseguiron que así fora. Todo é tan estulto, pueril e cativo que prefiro manterme ao día da liga eslovena de fútbol, inda que non me guste o fútbol en absoluto. Non aturo ós feijoos, touriños e quintanas (por méritos própios os máis cutres), non aturo os xornalistas nin os comentaristas galegos exhibindo súa indixencia intelectual.

7.10.08

2.300 km










2.300 km e un montón de horas. Pensamentos. Ideas. Imaxes. Persoas. Etc.

Ainda


Ainda quedan lugares aos que voltar. Acompañado, por suposto.