18.9.08

Impresionado

Onte quedei impresionado completamente: ía no coche e puxen o programa cultural da Radio Galega, é dicir, o Diario Cultural, cando unha tipa falou de "investigación sobre a poética dos materiais". Pensei: "por favor, tía, presentame ao teu camello". Cómo se pode ser tan fatuo, pedante, engreído, vano, etc. e que ninguén se parta ou mande a tomar polo cú a tipa en cuestión?
Antes escarallárame de risa cando escoitei a entrevista a Mc Cain: concluín claramente que non sabe quén é Zapatero nin onde está España. Os tertulianos facían lecturas sobre o criptico da súa mensaxe o que me pareceu asombroso: simplemente é un lerdo yanki.
E días nos últimos días flipo: o goberno de USA intervén en Bancos, Aseguradoras, Fondos de inversión ... o que supón a súa nacionalizción de feito, é dicir, a voráxime neocom desemboca en socialización, etc. A min paréceme moi ben, porque se pon freno a tanta doctrina Friedman, etc e ademáis ao final Bush fai o mesmo que Evo Morales (o ultra indíxena).

16.9.08

Queda menos

Xa queda menos para que quede moito máis.
Preparativos. Pre - parativos. Pre - para - tivos.

4.9.08

Septiembre

White Trash

Os Estados Unidos son ben divertidos: son capaces de poñer de vicepresidenta a unha auténtica paleta. Despois de ter a un "merdeiro cerebral" como presidente según consta aquí, de autoría USA igualmente.