24.6.08

Okupas

Teño comentado nalgunha ocasión que Rajoy nunca será presidente do goberno. Se cadra me equivoco e o único mérito de que ao mellor me equivoque non van ser os sociatas nin a esquerda en xeral, senón que vai ser mérito dos seus críticos.
En realidade, no PP non pasa, ou non pasou, nada. Simplemente hai un asento e moitos cús para ocupalo: para os políticos que estamos afeitos a ver a política é ocupación do poder polo tanto non hai ningunha diferencia ideolóxica entre Rajoy, Aznar o neo-jipi, Esperancita e o seus rictus, etc. Como moito cambian a cor da gomiña da careta.
Mariano ademais está a probar a súa propia mediciña: o vilipendio porque si. E agora quérese facer pasar por centrista, moderado e home de consenso, como se non fora el o que tivo e mantivo a Zaplana, Acebes en primeira liña, o que foi ministro con Aznar... apoiase agora en Ruiz Gallardón que pasa por ter boa imaxe, pero por qué? qué fixo Gallardón? opúxose á guerra? qué ten de interesante a súa política? algo significativo? non, o único que fai é levarse ben cos gays e a esquerda xa perde o cú con esa historia. Menuda tropa.
Mentres os Sociatas apoian unha Directiva contra a emigración prácticamente nazi e os do Bng flipan co glamour de adxudicar megawatios eólicos aos explotadores de sempre a cambio de ... de qué? de cartos? de estreliñas azuis?....
Sinto que N medre nun país tan ridículo e falso.

20.6.08

Noxo, noxo, noxo

Respecto a isto, xa dixen todo o que tiña que dicir. Só podo engadir que sinto noxo, moito e crecente, chega ao odio e ten como efecto colateral unha tristura inmensa veciña da desesperación.
Eu non quero vivir nun sitio así. Non hai solución, só a emigración... pero a estas alturas é bastante complicado.
Traidores, indiferentes e interesados: velaí o país que temos, o país que tiñamos.



10.6.08

Granxiña

Hoxe fumos ver a futura gardería (perdón, escola infantil) de N. Todo estaba moi ben, blandiño, de cores, xente amable, todos os neniños estaban contentos, sorrintes, ordenados, só un choraba... pero tiña a extrana impresión de estar mirando unha granxiña...

9.6.08

Vicios

O que ten que traballar para comer, quítanselle todos os vicios.
Soa rancio, non? pero creo que é bastante exacto.


7.6.08

Patético

Alguén debería escribir unha crónica. O BNG, que se dicían de esquerdas e tal, muda a estrela vermella por unha estrela azul, precisamente azul. En definitiva, o que facían coas súas accións políticas, xa antes de co-ocupar o poder, queda agora meridianamente claro.
Alguén debería explicarlle a Quintana e a súa militancia a importancia e o poder que teñen os símbolos. Claro que é a típica cuestión que se precisa ser explicada fai que mesma explicación sexa inútil.
Todo estaba claro e máis que claro. E ninguén di nada. Patético.

5.6.08

Dende Brooklyn

Próximamente Paul Auster publica Man in the Dark, supoño que non tardará en chegar por aquí. Retoma, según contan, a Peter Aaron de Leviatán, a novela que máis me gustou. O que espero é que manteña o interese e non lle pase como na últimas novelas, a última en particular que só sendo moi moi fan é interesante.
O bon é que tamén Siri Hustvedt publica The Sorrows of an American. Agardemos que sexa tan excepcional como a novela anterior.


2.6.08

Unha forma de morte

O funcionariado podería ser unha forma de morte.

Hoxe pasei por un departamento da Xunta, foron a penas uns minutos, o suficiente para levar un fedor a cadáver tras tratar cunha zombi.