26.4.08

Hoxe é o día de Acción de gracias

Un dos meus escritores contemporáneos favoritos, Richard Ford, publicou Acción de Gracias, se non me equivoco, hai un par de anos, agora publícanna en castelán. Así que correrei a mercala e non pararei pensando no momento de abrir o libro (que obrigado polo traballo e outras lecturas terá que agardar). Así que hoxe é un bo día, por suposto.
Acción de Gracias pecha unha triloxía precedida polo Periodista Deportivo e o Día da Independencia. Pero todo o demais é particularmente destacable: wildlife (por certo traducida espantosamente ao galego), ou de mulleres con homes. Igualmente é recomendable a súa selección de contos de Chejov ou a súa Antoloxía do Conto Norteamericano, nela, a introuducción de Ford é unha pequena e impagable clase maxistral sobre literatura e vida.
Gracias



25.4.08

Potros

Tras uns 20 días de intensidade doméstica, volto a Windland e case todo segue igual: os poltros xa naceron (non teño fotos), a herba está verde e os insectos sobrevoan a zona, hai follas nas árbores e unha parella de corvos xoga no aire. É moi tranquilizador ver os poltros novos, algúns deles deben ter a idade de N e xa corren moi ben.

O que non se pode dicir do secuestro en Somalia.

Sintoo polos traballadores que están secuestrados en Somalia e polas súas familias.
Pero
a cuestión é que pertencen a unha empresa que se adica a esquilmar os caladoiros en augas somalís con total impunidade, en definitiva empresas que esquilman augas de terceiros países ao módico precio de 0 Euros porque como non existe estado Somalí co que negociar e pagarlles polos dereitos a pescar nas súas augas. Total que saben ao que se arriscan.
Así que non é que estea a favor dos piratas pero digamos que eles van cobrar un imposto pola pesca nas súas augas.
Roubar recursos a estados inexistentes deste xeito é unha bonita forma de colonialismo (por non falar de que esquilman estes recursos).
Claro que logo sae a prensa e os partiños que temos por Galicia (e País Vasco) todos escandalizados polos piratas. Bueno, sí que estou un pouco a favor deles. Galicia e País Vasco: potencias colonizadoras ( pregúnten en Pescaboba).
Con terroristas non se negocia. Ou, depende.
España mobiliza fragata, embaixadores, negociadores do CNI.... non quedamamos en que non se negocia con terroristas/piratas??!! ah! se son negros non son terroristas, só piratas. Bueno, vale.


20.4.08

Destructor de adolescencias

Destructor de adolescencias. Parece un verso solto dunha poetisa adolescente tras descubrir que o seu mozo pégalla coa sua mellor amiga. Pero non, Desorde: o destructor de adolescencias. Se non o cren pásen por aquí. Poden descubrir que Desorde é de carne e oso, que emprega paraugas, trapichea con música e que inda por riba é máis simpático do que parece. Nunca o tería sospeitado. Para a próxima estarei hierático e algo gruñón.

De todos xeitos aproveito para presertarlles o bló de L&M que en realidade é o bló de E&E e os seus retoños. É unha idea boa e xeitosa. Disfrútenno.
Eu, en mode copiar ideas: esta mañán mentres M se duchaba eu bailei con N en brazos Ronroneando. Pode dicirse que é un novo xeito de afrontar as cousas: onte non fun ao concerto de Micah P. Hinson con JM pero bailo pola mañán con N. E a verdade é que Micah P. Hinson é bastante coñazo e deprimente.

19.4.08

Xeografía da desorde

España:
A nova é algo así: o Ministro de Economía, Pedro Solbes, para atallar a crise económica prepara rebaixas fiscais e axudas á construcción. Este é o problema do PP, que en realidade a dereita xa está gobernando, así que por qué non votarlle a un tipo simpático como Zapatero que gusta de rodearse de gays e mulleres?. E ise, en certo modo é o perfil que moitos españois desexan ter: tipos simpáticos, aparentemente tolerantes con gays, mulleres (!!) e así a peña rara (como se as mulleres non foran o 50%)... e por suposto de dereitas, oe, o meu que non mo toquen. O de aparente e tolerante dígoo a posta completamente: neso estou con Zizek.
A segunda historia é que Zapatero, capitalista/simpático e pragmático de profesión, cárgase a Cristina Narbona. Creo que non é particularmente relevante poñer o Ministerio de Medio Ambiente nun sitio ou noutro poero sí é grave a absorción por parte d Espinosa: atila dos mares, dos regadíos e do incumprimento da normativa ambiental.
Adeus ríos, adeus fontes, adeus regatos pequenos. qué máis se pode dicir?

Italia:
Se escollen a Berlusconi é por algo: fanfarrón, machista, delincuente, exhibicionista, fascista (asociado coa Liga Norte), reaccionario, populista..... non sei por qué nos costa admitir que é posible que a maior parte dos italianos se sintan así? peor para eles, que se fodan.

Galicia:
Amarás las Infraestrukturas por encima de todas las persoas, animales y cosas. Amén.
Amarás as Infraestrukturas por riba de tódalas persoas, animais e couas. Amén.




Sin que serva de precedente + Xunta.

Onte estiven nunha reunión na Xunta.
Por primeira vez e sen que serva de precedente: había un tipo competente.

Nota 1: O tipo en cuestión é contratado, non é funcionario.
Nota 2: O autor desta breve entrada non descarta a existencia de máis tipos/as competentes/as na Xunta pero el nunca os atopou.

15.4.08

Gran Mamut

Onte cazamos un gran Mamut. Non é que vaia a aportar gran cantidade de proteínas pero a cornamenta é un gran trofeo. Tamén é importante que este gran Mamut cazámolo nos, non a tribu da competencia. Agora queda o gran traballo de descuartizalo, etc pero sen dúbida é un gran paso como cazadores de Mamuts.
Vai ser verdade que os nenos veñen cun pan baixo do brazo, neste caso cun gran Mamut baixo do brazo.
Ademais onte, foi o día da República, así que
SAUDE E REPÚBLICA


9.4.08

Ronroneando

Realmente estou ocupado: cousiñas extra e tal por non mencionar o mundo da puericultura no que estou felizmente mergullado. Así que non escoitei ata onte (completo) Ronroneando, o último disco do Sr Chinarro, que unha vez máis é unha virguería.
Tamén é destacable que non poiden ir a ningún dos concertos que deu por aquí. Pero da un pouco igual.

7.4.08

New sensations.
Podería escribir un montón de chorradas de diferentes grados de noñez para tratar de describir emocións, sentimentos e sensacións pero mellor poñer unha mala foto desenfocada e listo.

1.4.08

0




N: 29.03.08; 23.40 h.; 4.400 gr.
As primeiras palabras da nai foron: é preciosa, qué grande!. E ten toda a razón. De verdade.