1
29.3.08
27.3.08
24.3.08
Por se non estivera suficientemente claro
Supoño que visto o visto, a estas alturas está claro que o BNG é unha fronte de dereitas. Por se non estivera suficientemente claro e houbera algún/a inxénuo/a que ainda pense que se trata dunha fronte de esquerdas.
Qué pasou polo camiño? non o teño claro, se cadra sempre foron así e o da estrela vermella é un obxecto decorativo, como unha figurá de Lladró ou de Sargadelos. Supoño que os estatutos dos supermegagalegos tamén son un obxecto decorativo ou se cadra é que o nivel, visto o visto, é tan espectacularmente cutre que esqueceron ler. Esta última opción non é descartable.
Así que, qué carallo se supón que temos que votar os galegos de esquerda? a quén nos podemos queixar? con quén nos podemos aliar? estamos condenados a ir contra todos? .... qué panorama máis chungo.

23.3.08
22.3.08
19.3.08
Santa Semana
Hai anos estaba en Doñana por estas datas, o xoves (santo) marchaba de volta para Galegolandia e unha rapaza, non lembro se alemana ou holandesa mirándome desconcertada preguntoume que como podía marchar e non quedarme en Sevilla a ver as procesións e todo iso. Non lembro moi ben o que lle respondín. M di que o da Semana Santa é como un rollo de National Geographic e ten toda a razón do mundo. É algo exótico para que veñan alemanes e así.
Outra historia é que é a perseguida Igrexa Católica, esa secta grande con grandes influencias e moito poder, tomen as rúas con total impunidade sen ningún tipo de complexo e o resto da sociedade, tan tranquilos, como se simplemente fora un documental do National Geographic. Pero non o é, é unha exhibición. Si, claro, está o da cultura e blablabla. Si, si, claro.

17.3.08
16.3.08
15.3.08
13.3.08
Saint Etienne, again

Logo do séu último disco, parece que teñen material para máis, actuarán por aquí. Saint Etienne son unha banda fantástica: ademáis do rollo cool que se traen e que aparenta unha superficialidad e unha liña burguesa-británica de flipar, debuxan como ninguén oníricas paisaxes na túa mente.
Agora teñen nenos...
let it fly.
Por outra banda, declaro que estou absolutamente entusiasmado coa candidatura española á eurocaspa.
Todo coherencia.

10.3.08
Efectivamente
El Señor de Provincias nunca vai ser presidente (máis que do PP, claro). Por certo, non perderse esta entrevista onde todo queda claro.
O peor é que poden poñer a alguén peor. Peor en todos os sentidos inda que non coste maxinalo.
N, polo momento, non nacerá nun país de extrema dereita. Simplemente en un país blandiblup e con bastante senso do humor a pesar de todo: este ano se cadra ata vexo eurovisión como non fago dende que era un neno e a vía en b/n.

3.3.08
Galicia. Sicilia
Tras 500 anos de goberno do PP, como quen di, a empresa privada en Galicia ten unhas deliciosas conexións coa Administración Autonómica de tal xeito que non sei que extranos ritos hai que coñecer para poderse iniciar e que te inclúan na mafia que conforman. Curiosamente son os neoliberais do PP os que menos cren na auténtica empresa privada, a que libremente compite. De libre non hai nada, todo está atado e ben atado.
Os outros, os do goberno sociata-nacionata, calcan prácticamente a política que herdaron ao respecto. Os primeiros sabendo perfectamente o que fan e, supoño, sacando a tallada correspondente. Os segundos, case quero pensar, que o fan porque non se enteran nada: eles caeron alí e fan o que poden e, mentres, métenlla doblada vinte veces. Cren que están a xogar o partido pero realmente o campo de xogo queda lonxe dos seus despachos aos que chegan uns fíos que os teledirixen como marionetas. Danse por satisfeitos coa transparencia das contas sen decatarse que as "súas" contas (as oficiais, as administrativas) non son "as contas".
Hoxe vin a varias señoras, por casualidade, que pasaban dos 80 anos ou así, vestidas íntegramente de negro, como madonnas sicilianas, confirmando, unha vez máis esta fermosa conexión. Necesitamos un Coppola que conte as nosas intimidades tanto como os sicilianos necesitaron o Padriño.

Assinar:
Postagens (Atom)