7.00 Despertador marelo de Ikea.
7.30 coche
Vilarato
Enerxías alternativas
Hoxe non vexo o Cantábrico e o Atlántico.
Moitas máis enerxías alternativas.
Chuvia
Morte: Miñato.
Moito máis coche.
Aldeamuralla.
Jané.
Ainda máis coche.
Aldeacapital.
19.30 Casa.
Banda sonora:Radiohead, Arcade Fire, Sr Chinarro.
27.2.08
26.2.08
Voltei lembrar o
o bo que é o Sr. Chinarro.
Todo.
Pasa regularmente.
Todo.
Pasa regularmente.
Ahí está la decoración,
En cualquier rincón.
Entre nubes de humo negro y de ruidos,
Como un cromo que tuviese repetido.
En cualquier rincón.
Entre nubes de humo negro y de ruidos,
Como un cromo que tuviese repetido.
Agardamos
24.2.08
Liga infantil: o gran debate
Plantexar un debate electoral (mañán debate Zp/Rajoy na tv) como un partido de tenis revela, dende o meu punto de vista, unha profunda imbecilidade e un notable nivel de manipulación e infantilismo.
Trátase de que dúas persoas expoñan e confronten os seus puntos de vista que serán diferentes en función das súas ideoloxías. Pensar que se pode gañar ou perder é simplemente patético porque entón o que se mide é a simple habilidade retórica: non se avanzou nada en 24 séculos?
A cuestión é que a ideoloxía está, queramos ou non por moito que os patéticos políticos actuais e os tristes xornalistas contemporáneos se empeñen en facer como se non existira. Dalles apuro dicir que son de dereitas? ou de esquerdas?
Nalgunhas horas teremos o resultado do partido da liga infantil. Todos entrarán ao trapo.

18.2.08
Sonic youth ( Superstar) en Juno
Juno é unha peli recomendable. A banda sonora é boa, a prota, Ellen Page, é a mesma que a de Hard Candy, estupenda e o momento no que mencionan a Sonic Youth versioneando Superstar moi emocionante: para disfrutar.
A doble liña negra. Para lembrar
Unha autopista une dous polos. Unha autopista separa dous puntos. Unha autopista biseca unha xeografía.
Dúas liñas negras alongadas para recorrer, unha e outra vez: o tempo pasa pero ese espacio negro, doble e lineal continua inmutable, alleo a todo o que verquemos nel: aceite, fume, chicles, líquido de frenos, improperios, klinex con mocos, klinex con bágoas, klinex con vómitos de bebé, lembranzas, cancións, maldicións, cinza e colillas, goma de neumáticos, sangue e olladas.
Ninguén lembra nada, niguén entende nada: hai tempos xeolóxicos influindo en criaturas que ainda non naceron.
Non sei que pasa, non consigo conectar o gps bluetooth. Casa.

Momento
Estanterías con bodys, toalliñas, patucos, gorriños, cousas que non sei como se chaman e dificilmente imaxino para qué serven, colonia, cremas, chupetes, etc.:
Calquera momento pode ser o momento.
16.2.08
Xa sei para qué serve un bló 21.0
Despois dun ano, xa sei para qué serve un bló:
Ti bloguea que algo queda.
13.2.08
080213 desordes
- Nick Cave saca novo disco!
- Os Sex Pistols tocan o 31 de xullo en Paredes de Coura*
- Temporada de pateo que xa acaba pronto, visito, entre outros lugares o deserto: pinos, pistas, canteiras, soedade.
- Quedan uns 38 días de conta atrás....
*haberá que velos? se cadra é patético, se cadra é mellor que o mito permaneza no neocortex.
Español
Teño DNI de español.
Rajoy quere que os inmigrantes respeten as costumes españolas.
Quérelles facer un "contrato".
Eu son inmigrante: nalgún momento viñen de África, as miñas mitocondrias teñen ADN dunha muller africana por máis que a miña nai sea bastante loira.
Teño un apelido de orixe xudea. Os reis católicos botaron os xudeus, non a todos, polo visto.
Visto todo esto caben dúas opcións.
Opción A:

- Como son español, calquera cousa que faga será unha costume española.
- Como español, respeto todas as leis españolas.
Opción B:
- Como son español, podo facer calquera cousa, mesmo ir en bolas pola rúa cun cordelo na cintura e a pirola amarrada que non pasa nada.
- Como son español podo arbitrariamente respetar ou non a lexislación española, podo defraudar a facenda, adicarme a venta ambulante e personalizada de droga, que non pasa nada.
Como se pode apreciar, ambas opcións son completamente estúpidas.
Que son xenófobas xa nin o comento porque é unha obviedade.
Aquí venme á cabeza unha frase de Stendhal particularmente acertada: O home pouco claro non pode facerse ilusións: ou se engana a si mesmo, ou trata de engañar a outros.

12.2.08
4.2.08
Señoras
Os colegas e máis eu denominamos Señoras ás tipas da nosa idade, en contraposición ás Chavalas ou Chavalitas, desexables e todo iso.
É un pracentero deslizarse. Supoño que nos tamén somos Señores considerablemente menos desexables que os Chavalitos.
Ou non?
É un pracentero deslizarse. Supoño que nos tamén somos Señores considerablemente menos desexables que os Chavalitos.
Ou non?
1.2.08
Pijos
O comentario anterior non estaría completo sen outra das miñas fobias: os Pijos.
Hai que recoñecer que gañaron. Antes, fain 20 ou 25 anos eran un grupo concreto, perfectamente recoñecible e a quen era doado localizar, aillar e evitar. Pouco a pouco fóronse mimetizando co resto da poboación e contaxiandoa simultáneamente das súas taras e perversa ideoloxía, ata o sindios de hoxe no que hai que andarse moi atento para recoñecelos. Podería dicirse que todo dios é pijo actualmente. E o que non o é fai como se o fora. E o que non o pode ser totalmente, chega ata onde pode. Hai pijos disfrados de Jipis (mutado en especie propia, el jipijo, moi perigoso), ecoloxistas, vendedores de hipermercado, tuneadores de coches, indis, padres de familia, mecánicos, sindicalistas... todos perigosos. E están por todas partes.

Jipis
Sempre tiven ganas de poñer algo sobre eles. Fundamentalmente que sempre me pareceron uns indesexables. Vexamos, pode que nas súas orixes tiveran algún tipo de significado, compromiso, ser, razón... pero inmediatamente revelouse como o xeito ideal de amosarse apostol do bon rollito e pouco máis, eso sí, todo aderezado cunhas doses de ñoñismo que reventan a calquera. Un postureo que se permite mirar mal aos demais dándose aires de superioridade moral ou algo así cando o seu compromiso, tanto no persoal como no colectivo, quedou esquecido hai décadas.
Así que a miña solidariedade con Johnhy Rotten, os Primal Scream e o seu kill all the Hippies e incluso con Siniestro Total (nas súas orixes, of course, cando eran punks e non pijos) e o seu mata jipis en las Cíes.

ikara colt - modern feeling
Dios. Hai veces que me sinto tan cool.
Pero tranquilos, vou facer unhas lentellas con chourizo e pensar se arreglo ou non a fragoneta.
Assinar:
Postagens (Atom)