28.11.08

Relativismo

Vai unha tarde de cans, chove, vai frío, as 6 da tarde é noite pecha totalmente. A saída dun supermercado hai un mendigo de idade coas suas pertenzas e dous cans. Pasa outro, máis ben tirando a perroflauta. Os cans de ambos interactúan baixo a choiva, os rabos entre as pernas. O perrofluatico pregúntalle ao outro " y qué tal te va?". "Bien", contéstalle.
O relativismo, supoño, é que en definitiva non se consuela quen non quere.

17.11.08

Six feet under ou a dous metros baixo terra

R pasounos en dvd dúas tempadas desta serie. Estou enganchado. Se teño que explicar porqué tería que facer unha disertación longuísima e ando sen tempo, así que deixo algúns adxectivos e conceptos: intelixente, divertida, profundidade, humor negro, personaxes complexos, actores fabulosos, guións sorprendentes, vidas contidiás....

14.11.08

Sr. Chinarro


O Sr. Chinarro (na Capitol, o pasado día 7) dixo que en Galicia ainda non tiñamos circunvalacións; eu obviamente non o tomei literalmente senón metafóricamente e pensei que tiña razón.
Se cadra el falaba literalmente pero as dúas copas que me botei pa dentro dábanme bonitas percepcións da(s) realidade(s).
Puido ser un concerto do montón, pero todo o montón era meu.

11.11.08

A miña guía de cociña

Definitivamente se tivera que escribir un libro de cociña titularíao:
Cómo comer bastante ben sen esforzarse demasiado

Sería un éxito de ventas, creo.

4.11.08

Medallas

N deixame mocos e restos de papilla nas solapas. Para min son pequenas medallas de condecoración.

Cara ónde apuntaban os focos

Hoxe, toda a atención está centrada en Obama McCain. Pero eu opino que debera estar centratada (tamén) aquí, no Congo, por qué? porque o ordenador que tes baixo os dedos e o móbil que tes a carón contribúen ao apocalipsis.