28.7.08

25

Unha vez máis, un día de festa. Unha vez máis, dejá vú, superstición, mito e bobería filopatriota. O resto do ano, a vivir da ficción, a crer na ficción, mentres o país é aniquilado polos supostos patriotas e eu pregúntome se hai alguén nese grupúsculo de groupis que saiba algo dalgunha cousa concreta.
E logo hai a quen lle parece incríble a Guerra das Galaxias.

23.7.08

20080724 desordes

  • Correteo con M(l) por montes acosados e o vento protagoniza o tempo. O tempo pasa e o vento queda. Eles sábenno. Nos somos pequenos, sen as e teño toxos cravados nos xeonllos.
  • Caravanas de galeguismo correrán á aldea-capital a re-vivir ficcións pétreas en valeiros espazos mornos. O retrofuturismo como consigna, a depilación como déficit: gañan as garabatas, coma sempre, sempre vola meten dobrada, consigna. Pesados.
  • Cálculos e axustes: a aritmética é imperfecta.
  • Hai un ano. Efectivamente todo cambiou, agora levamos un depósito extra inesgotable de combustible e felicidade (N).
  • N nada nunha pequena bañeira: a súa viaxe non ten límites. Logo ri. E logo terá veciño pequeno.




18.7.08

Luz

Chegamos á aldea e non hai luz en toda a parroquia. O parque eólico novo funciona. En San Caetano e na Calle Serrano fixo que teñen luz.
Acendemos velas.

8.7.08

O que foi

Persigo un dos animáis máis bonitos da terra por unha país en desguace.
Penso que dentro de 10 anos, se os quero perseguir de novo, terá que ser fóra, noutro lugar. Penso en todas as cousas que xa non lle poderei ensinar a N: os animais bonitos, os montes limpos, as espiñas dos toxos.


Escalas

Na cercanía todo é fantástico: A e A casan sobre un prado verde esmeralda, amigos, traxes bonitos, unha casa magnífica, arrecendo a festa e risas. A media distancia, as obras do AVE reventando un monte, un inmoble invasor e semiindustrial. Na longa distancia, nun horizonte de horror eólico xiran aspas de odio. Un horizonte neocon.
Un escenario perfecto para explicar este país.