3.3.08

Galicia. Sicilia

Tras 500 anos de goberno do PP, como quen di, a empresa privada en Galicia ten unhas deliciosas conexións coa Administración Autonómica de tal xeito que non sei que extranos ritos hai que coñecer para poderse iniciar e que te inclúan na mafia que conforman. Curiosamente son os neoliberais do PP os que menos cren na auténtica empresa privada, a que libremente compite. De libre non hai nada, todo está atado e ben atado.
Os outros, os do goberno sociata-nacionata, calcan prácticamente a política que herdaron ao respecto. Os primeiros sabendo perfectamente o que fan e, supoño, sacando a tallada correspondente. Os segundos, case quero pensar, que o fan porque non se enteran nada: eles caeron alí e fan o que poden e, mentres, métenlla doblada vinte veces. Cren que están a xogar o partido pero realmente o campo de xogo queda lonxe dos seus despachos aos que chegan uns fíos que os teledirixen como marionetas. Danse por satisfeitos coa transparencia das contas sen decatarse que as "súas" contas (as oficiais, as administrativas) non son "as contas".

Hoxe vin a varias señoras, por casualidade, que pasaban dos 80 anos ou así, vestidas íntegramente de negro, como madonnas sicilianas, confirmando, unha vez máis esta fermosa conexión. Necesitamos un Coppola que conte as nosas intimidades tanto como os sicilianos necesitaron o Padriño.


2 comentários:

llll disse...

xa está gravado, non rodado, pero sí gravado: o video de Carretaxe da saga Hai que botalos... pero claro, a mafia galega nunca estará á altura da intelixencia de El Padrino. cómo senón un alcalde pode afirmar con tal descaro a compra de votos? coómpre seguir atentos

From Hell disse...

todo está atado, e ben atado...certo.
saúdos