26.9.07
25.9.07
24.9.07
Voda
Foi en Barcelona e eu non fun. Casaba unha prima lonxana e perdinme un espectáculo pijo de primeira magnitude, tomade nota:
Casan no centro de Barcelona, un rolls descapotable branco leva e trae aos noivos... ata aquí todo normal. Os invitados van a unha masía das aforas, abren viño, canapés.... de pronto aparece un helicóptero. Tráfico? o 061? un infarto? un incendio?.... Non, os noivos que chegan no helicóptero....
Hiperpaletada.

21.9.07
PJ Harvey

A semana que ven, disco novo. Xa está encargado. Sempre é unha boa nova. Un outono máis interesante. Un regalo para o páncreas. Un bálsamo para o fígado. Un X para o cerebro.
Cinismo
Publícanme un artigo por encargo.
A razón e o senso común pedíanme que disparara a bocajarro, unha exposición pormenorizada de feitos, un catálogo de barbaridades, sinsentidos e estupideces, un pequeno manual de incompetencia, un máster avanzado en deslexo, un tratado de psicoloxía sobre os complexos de inferioridade colectivos...
Recapacito e trato de ser "ponderado", é dicir, suavizo a munición.
Aristógatoff dime que moi ben. Así que sei que o conquerín: atopei a fórmula do cinismo.

Infra-estructuras
Hai unha auténtica obsesión polas INFRAESTRUCTURAS.
Autoestradas, portos, aeroportos, trens, polígonos industriais...
Fascinación. Deslumbramento. Papanatismo.
Pero a verba contén a trampa: infra-estructura, por debaixo da estructura_ estructura de menor calidade....
A falta de imaxinación ao poder, ao poder polo lugar común.

18.9.07
Soft Core, porno blando ou flipe.
Casualmente capto algunhas escenas de SUPERMODELO 07 na tv na Canle Cuatro. Quedo flipado. Neste programa podemos ver auténticas humillacións en directo, maltrato (diría que animal) e o máis flipante, escenas casi constantes de softcore, porno blando ou como se diga. Algunhas das chavaliñas, extremadamente idiotas, son menores e eu pensaba que eso era delito. A verdade é que é todo bastante confuso polo que como primeira conclusión (provisional) creo que hai un organismo que di o que é explotación sexual de menores e o que non o é; ise organismo tería como criterio ser cool: se o rollo é cool non é explotación, se non o é, é explotación. Sinxelo.
Como mostra do humor/humillación un botón: a unha boba-menor disas dinlle: "tienes que marcharte a Santander ya!" e ela resposta: "joooOOooo, y dónde está SantandeeeEeer?".
Queda meridianamente claro que a ESO fracasou. Entre outras cousas.

13.9.07
Autour de lucie
Nunca vos contara que esta é unha das miñas bandas favoritas.
Mellor poñer este video que o que estou pensando.
12.9.07
Silent Bob speaks

Existencia tan plácida como monótona. Así que vos reenvío a un dos meus blogs favoritos, en realidade o blog dunha personaxe favorita: Kevin Smith. Nalgunhas pelis, a neurona patinoulle bastante, pero da igual. Sabe para qué serve un bló.
8.9.07
Caótica é pouco
A min as pelis de Julio Medem gústanme moito, a verdade é que si, e do que máis me gustou, Lucía y el sexo, Vacas, La ardilla roja e dende logo La pelota vasca.
Así que había que ver Caótica Ana. Ben, dende o primeiro minuto ata o último pareceume unha estupidez maiúscula. Sorprende por ser tan extraordinariamente mala, por estar todo tan fora de lugar, por tratar ao espectador como un gilipollas, por pensar que o arte é poñer peña afectada e maioritariamente en bolas (a tipa sí que está ben, ollo), por pensar que os espectadores non sabemos nada do Sahara Occidental, por ser unha colección de tópicos que fan un sorprendente equilibrio equidistante entre a ñoñería, o rollo chachiguai e o rollito progre trasnochado de toda a vida, por non saber qué contar e por meter na termomix un montón de cousas a ver se cola....
Bueno, sitoo por Medem. A próxima peli ireina ver con igual de ilu, eso tamén é certo, un mal día tenno calquera.

4.9.07
Assinar:
Postagens (Atom)