27.6.07
Dogmas e outros accidentes
Camiñaba tranquilamente cando tropecei con media ducia de dogmas, tres tópicos, varias simplicidades e unhas cantas ausencias.
O pronóstico non é grave e agardo que non deixe secuelas, inda que creo que non vou volver pasar por ese pasadizo.

22.6.07
20.6.07
Reactable
Impresionante: en Barcelona veñen de inventar (bueno, xa no 2004 ou así) algo útil e fascinante, a Reactable. Por suposto Bjork é a primeira en ter unha (ao parecer hai 3 ou 4 no mundo). En nada este cacharro invadirá o mundo.
Aquí unha demo.
Aquí outra.
Aquí nun concerto de Bjork (son de merda)
flipante, eu quero unha.

Se queres parece moderno e listo
Se queres parecer moderno e listo:
- di BIOMASA (non digas leña)
- di BIOETANOL (non digas alcool)
- di BIOGÁS (non digas metano (ou peido))
para políticos paletos, técnicos de medio pelo, empresarios jetas, Conselleiros de Industria (+gabinete) pailáns e creídos, listillos diversos, deslumbrados horteras e, en xeral, para todos os que pensan que poñendo palabros guais inventan algo novo. Qué tempos máis absurdos.
Gran ENQUISA Mundial sobre o Cambio!!!
Cambio
Oko, a raíz do post anterior, dame a idea de preguntar dende aquí:- Cres que o Goberno da Xunta mudou algo?
- Se 1. é afirmativa, en qué cambiou o país? Se non o cres, tamén podes dicir o que queiras.
Veña, animádemos: é unha enquisa absolutamente científica!!!!
16.6.07
O fin da inocencia
Creo que non son ningún pardillo, ningún inocentón, todo o contrario. Tampouco teño xa 18 anos nin nada polo estilo.
Esto ven a conto do Goberno da Xunta. Nunca estiven ilusionado polo tanto non me vou desilusionar, non ten lugar. De feito dende os 13 anos ou así anóxame a tibieza meliflua e acomodaticia do PSOE, ese facer como que eres de esquerda e reservar as políticas de esquerda para cuestións meramente mediáticas e ñoñas, que lle vou facer, cando tiña 17 traumatizoume o referendum a favor da OTAN. Tamén é certo que non son todos iguais, sempre hai que matizar: por exemplo penso que áZp habría que adicarlle xa a día de hoxe unha rúa ou algo así por sacar as tropas españolas de Irak ao día seguinte de ser nomeado presidente; pero claro logo está o ultradereitista Paco Vázquez, especulador ultracristianoide, caricatura do autoodio ese que din que temos os galegos e que, en realidade, é unha característica do español.
E dende hai xa moito anos anóxame a ñoñez cristianoide de boa parte da militancia do BNG e o sectarismo e fundamentalismo de moitos outros, pero sobre todo o paletos e ignorantes que son, en xeral, por suposto, sempre hai que matizar. Pero sobre todo moléstame que teñan unha estrela vermella na bandeira facendo como que son de esquerdas cando son radicalmente de dereitas, unha dereita tan paleta e cateta como a do PP galego. Todo é difícilmente comprensible. Tamén teño dito que neste intre parécenme que teñen o 55% da responsabilidade do esmorecemento do galego. Xa sei que isto soa forte, pero penso que é certo.
Así que cando chegaron ao Goberno da Xunta non agardaba nada. Pero sei que minto. Algo si que agardaba, algún cambio obvio, algunha cousiña... non sei, algo.
Casi dous anos despois, o BNG deixa en mans do PSOE a política linguística, logo quere facer franquicias das ikastolas... sobrepasa en 2000 megavatios a enerxía eólica que quería implantar o PP nos nosos montes destrozando o país (de 4500 MW a 6500 MW, agora hay uns 1900!!), si no país (facer país, blablablabla), legalizan toda a minería ilegal que existe, incluíndo a do Caurel, seguen a mesma política de transportes do PP (o asfalto como icono), hai lume e opinan o mesmo que Romay Beccaría hai 16 anos, teñen fé nas concentracións parcelarias como as vellas a teñen en Sta. Rita. Continúan adiante co porto exterior de LaCoru e máis co de Reganosa, non desmantelan o Ferrazo, nin paralizan a Cidade da Cultura, seguen adiante coas piscifactorías (eso sí, fan o xesto simbólico de Touriñán, de símbolos vive o político), política cultural de verbena, Superpiñeiro e Gaioso........... e para colmo uns e outros colocan aos seus amiguitos como unha especie de metástase canceríxena que infecta de incompetencia e vulgaridade ás administracións públicas. Se cadra moléstame que non me colocaron a min, por certo que me queda mellor o traxe e a garabata que a moitos dos novos carguitos.
Así, que bueno, se me quedaba algo de inocencia, algún residuo, algún tic, tranquilos que xa está borrada. E esto nin me fai sentir mellor, nin peor, nin nada, é como un proceso orgánico común, como unha dixestión un sábado pola tarde, como cortar as uñas... de feito pode que sexa bo para o país, pasar da ultradereita cateta á dereita acomodaticia para que así se artellen auténticos movementos sociais, independentes dos que se facían pasar por xente de esquerdas e preocupada polo país (qué curioso, qué irónico). Tampouco sei se é posible, pero mentres miro o tema paso ben o rato.
Mentres, a facer ben o traballo propio, a que dure, a divertirse, a cagarse nos putos gallegos e dicir quén me mandaría a min nacer aquí, a ir de vacacións a sitios sen parques eólicos e sen eucaliptus, etc

e a pensar de xeito máis pragmático, individualista e cabrón día a día.
15.6.07
Sra. de la casa + ácaros!!
- buenos días, es el 98xxxxxx
- si, bos días
- Mi nombre es Raquel, podría hablar con la SEÑORA DE LA CASA?
- mmmmm, non. Non hai "señora de la casa"
- Bien con quién podría hablar?
- Parézoche eu ben?
- Si, es Vd el Señor de la casa?
- Si, tamén o que limpa e todo iso. A vosa estratexia comercial é lamentable: sodes uns machistas.
- Verá, preguntamos por la Sra. de la Casa porque nos resulta más fácil de convencer que la marido..............................
- É dicir, uns machistas
- ....
- .....
- Queríamos presentarle nuestro producto nonseiquéblablabla, é dicir, unha aspiradora, que elimina TODOS los ácaros...
- Todos los ácaros? impresionante!, de ónde? do mundo? da casa?
- Bueno, elimina todos los ácaros
- Raquel, mira, cóntalle a outro que non sexa biólogo que elimina TODOS los ácaros.
-....
- Non me interesa nin o voso producto nin a vosa estratexia comercial.

14.6.07
Optimistas
Crer que as cousas poden cambiar - para mellor- é ser optimista.
Unha vez máis, unha cuestión de fe
Northern sky e/ou revolution
Unha vez máis, unha cuestión de fe
Northern sky e/ou revolution
12.6.07
Sorte, depende
Un primo meu agarra a motoserra para cortar non sei que. Corta un pouco de dedo na mao coa motoserra, perda de pel, algo de músculo un pequeno tendón.
- Tivo moi mala sorte, mira que cortarse.
- Tivo moi boa sorte, mira que non levar o dedo enteiro por diante.
11.6.07
6.6.07
Estar Panero
Ah, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah, esperma de los filósofos, meAh, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah, esperma de los filósofos, mercurio de la nada Ah Ah Ah
estar Panero.
estar Panero.
5.6.07
Os Tomates de Rajoy
Na miña opinión esto é moi simbólico: unha metáfora do caracter, pensamento, sensibilidade, educación, respecto, etc deste suxeito que quere ser presidente. Por certo, a suela esquerda ten un desgaste sospeitoso.P.S. (lixeiramente machista e fondamente maligno): este Sr, non estaba casado?
Tomahawk
Teño que pagar máis de 7000 euros a maiores a Facenda (obviamente non pola miña renda, xa me gustaría!, senón por hipotercarme).
Así que me pregunto de qué cacho de Tomahawk son propietario?
Poderían ser boa peña e polo menos enviarme unha foto das miñas propiedades para poñer na mesiña de noite, para durmir tranquilo e seguro.
Si, xa sei que tamén adícanse cartos a hospitais e colexios. Pero tamén a autovías, mariscadas, a Casa Real, etc.
Eu quero un cacho do meu Tomahawk. Ou obxectar.

Aburrimento extremo
- m'aburro
- pues matamos a alguien, no?
- mmm, vale! pero mañana que hoy estoy cansado.
e ti? abúrreste? eu tamén

Assinar:
Postagens (Atom)