31.5.07

Eu tamén


Eu tamén "Cansei de ser sexy"
Let's Make Love and Listen to Death From Above

24.5.07

Formulario de recoñecemento 5.0

O grao en que un político advirte da apocalipse se gobernan outros explicita o temor que debemos ter de ser gobernados por el mesmo.

Non, se é que no fondo son sinceros.

22.5.07

Todo estaba claro

Pois si.
Veume a cabeza un chiste que sempre conta M(l) moi acertadamente:
- yo no me meto en política, voto al PP.

17.5.07

Formulario de recoñecemento 4.0

A máis ferocidade na defensa dos elementos idiosincráticos, máis alonxamento dos mesmos.

(enténdese?)

14.5.07

Jeta

Seminario Ibérico sobre el ___________. Acudo co aliciente de que acudirá un sueco que pasa por ser un dos gurús europeos do asunto, unha referecia, un icono....
Todo resula do máis friki, nivel pésimo e o sueco un capullo: conta unha chorrada e que se temos preguntas falámolo máis tarde; a súa intervención ascende a 15 minutos contados incluíndo a traducción. Patético.
Menos mal que a Montaña estaba fantástica e a compañía tamén e todo tivo o aliciente de saudar a vellos coñecidos, colegas, etc.

8.5.07

Formulario de recoñecemento 3.1

Aqueles que constantemente mencionan o seu sacrificado traballo polos demáis, polas organizacións nas que están, a de cousas ás que están a renunciar,
non o dubidedes, gustan do poder e do cargo máis que a trucha ao trucho.

Formulario de recoñecemento 3.0

Aqueles/as que constantemente aluden á:
xustiza
ser xustos
etc
son os que máis temen a súa propia inxustiza. O corpo é sabio, a pesar de todo.

Dra. Dra.

Dra: Hai unha ausencia neste baleiro. é grave?

Qué pasa se te pasas co café

Mal. Mal rollo.
Colles xeo, mételo na batidora de vaso fantástica que me regalaron non fai moito, pícalo, bótaslle café, sucre e fas un producto marabilloso. Pero hai que lembrar que é café, así que non é bon tomarse dous xarros.
Dios, está tan bo o café frappé!

5.5.07

A piragua

Tras a cruz dunha mala obra, unha obra excelente, probablemente do mellor que teño visto en anos.
Extraordinariamente recomendable.

4.5.07

Erros xeradores de desorde

1. Dar as cousas por sabidas.
2. Non recoñecer erros unha vez cometidos.
3. Non saber onde te atopas
4. Crer que o tempo confírelle a un determinado status.
4. Crer que a túa vida
  • ten algo de universal.
  • interésalle aos demáis
Así, unha mala obra de teatro cun excelente actor no medio de todo. Así, unha mañán perdida, cabreos, inxeñería de axendas, custes imprevistos...

3.5.07

Sinceridade

A Sinceridade é unha utopía intanxible.
Afortunadamente.
Porén sempre é nomeada como un gran atributo humano.

Deus

A Deus non lle fai falla existir para montar uns bos cristos, fundamentalmente polos varios nomes que adopta e a estupidez esencial dos adoradores da nada.

Homeopatía

A homeopatía é algo que non existe pero que é rendible.