30.3.07

Todo cadra

As 23.33 detéñome nun semáforo en vermello camiño da casa. Levo a radio e a calefación acesas. Na esquina dous tipos camiñan e sinto un escalofrío.
Tipo a: funcionario da Xunta, border line, tiránico, bisexual, pederasta, acosador de compañeiras/os... con ese extrana mestura tan do galego rural de ser un perfecto idiota pero cun talento extraordinario para a agresión. Podería escribir ducias de folios sobre este tipo que unha vez cruzouseme no camiño.
Tipo b: descoñezo a súa profesión, sei que estudiou a carreira _, a mesma que Tipo a, con gran aproveitamento; levo sen ter contacto con il dende os 10 anos (fai 27) dende que os seus cristianos pais proibíronlle ter contacto con determiandos compañeiros de clase no colexio privado e relixioso. Pelota irredento, chorón empedernido ata a idade adulta ante calquera baixada de notas ou pequena reprimenda, cristiano de base fervoroso.
Agora, xuntos pasean as súas soedades, na noite, nunha cidade que non é a de ningún dos dous. Penso no refrán castelán: dios los cría y ellos se juntan. Todo cadra. Pero eu sego asombrado.
O semáforo ponse en verde, arranco e conduzo pensando en M e no afortunado que son.

26.3.07

Traduccións (no scriptorium) 2: conclusión

Medio comprometinme a comentar qué tal a traducción ao galego da última novela de Auster, Viaxes no scriptorium.
Ben, é unha puta merda.
Así, como sona.
Xusto cando por aí adiante están todos fascinados con eso das grandes ventas de traduccións de novelas ao galego, resulta que para min é unha puta merda.
O traductor, que non lle quero nin saber o nome, non coñece, para empezar o resto da obra de Auster e permítese traducir In the country of the last things como o "país de nunca xamais" (!!!!!, qué carallo pinta aquí Peter Pan???!!!!) modificando por completo o senso de boa parte do libro; é absolutamente indigno.
Para resumir coido que é unha cuestión de "rexistro": traducir a unha lingua, supoño, ten que seguir o espíritu do que se traduce e, en definitiva, nesta novela quen fala é o propio Auster de vello, así que non entendo que Auster de vello, un señor de New Jersey residente en Brooklyn, teña que falar como un gandeiro de Corcubión, por moi enxebre e "auténtico" que quede.

Non, as traduccións non son esto. Supoño que é a última traducción que merco en galego.
Si. Estou anoxado.

23.3.07

Diamante de sangue

Fumos vela pensando que sería algo así como Memorias de África pero en plan modernuki e un pouco solidario... vamos escenarios bonitos, Leonardo di Caprio traballándose á cachonda de turno, un decorado de negros.
Pero non.
É realmente sorprendente a súa honestidade, a súa crudeza e un guión máis que excelente e sen memeces (casi). Os feitos como son, ou poderían ser, sen máis.


2

76-74 = 2

20.3.07

Churrasco

Hoxe, que é o día internacional en contra de comer carne, celebrarémolo ateigandonos de churrasco.

Terroríficos 2

Fixádesvos se os irmáns Kaczynski son perigosos e terroríficos que agora van a polos gays. Insisto: esto está a ocurrir en Europa, non en Irán ou Emiratos Arabes. Nos tamén temos os nosos talibáns.

16.3.07

A. Lobo Antunes

Un dos 7 ou 8 mellores escritores vivos, un dos meus escritores favoritos ven de recibir o premio premio Camôes, o maior galardón en portugués.
Antonio Lobo Antunes

Terroríficos

Entre o ambiente pre-golpista e populacheiro (enlazo esto, que me parece perfecto e oportuno, de manual) patrocinado e protagonizado polo PP, o neo-acoso da igrexa católica (síntoma de que se saben derrotados, pero nunca se sabe), etc. aparecen estes dous xemelgos: nin máis nin menos que o presidente e o primeiro ministro de Polonia, cunha historia fascista de libro, se a viramos nun cómic pensaríamos que é unha trama fantástico-realista (menudo invento). Meten medo. Para que logo falemos dos talibáns, dos ayatolas ................ e están xa en Europa. Anxiños.
Mirádeos ben. Outra vez. A que son absolutamente terroríficos?

Por certo, hai 4 anos do cúmio das Azores: máis de 650.000 iraquíes mortos, máis de 2.000.000 millóns de refuxiados e uns 3.500 "ocupantes" mortos.
Todos, datos para lembrar.

13.3.07

20070313martes

Zizek: A conferencia de Zizek foi moi interesante, saíuse do guión; polémico, recoñezo que estou en liña con el: supoño que simplificando moito moito, o que non nos vai é o buen-rollismo.
Bomba: algunha potencia alieníxena ou terráquea podería facer chimpar aquí (no centro da imaxe) un misil termonuclear??? Gracias.
Por se se requirise algún tipo de explicación: eu quería un cambio.
Grinderman: realmente está moi ben. Crudo e poderoso. Perturbador e recoñecible.
Casa: nova dentro de pouco.

8.3.07

A vida dos outros


Sen dúbida unha das películas "máis imprescindible" en anos: intelixente, verdadeira, emocionante, trascendente.... un guión perfecto e dende logo interpretada maxistralmente, todo cun punto de sinxeleza desarmante.
Stasi.
Penso na de Stasi das que vivimos rodeados, stasis de baixa intensidade. Sempre hai esperanzas: as persoas boas. HGW XX/7. Crer. E deixar de crer.

7.3.07

Žižek

Teño apuntado na Axenda que o venres día 9, Slavoj Žižek dará unha conferencia na AldeaGrande. Non sei hora e lugar. Recomendo ir, pode ser interesante e, en calquera caso, non deixará a ninguén indiferente.

_____
Actualizado: 8.03.07.
A conferencia as 17 h. no Consello da Cultura Galega.
Tamén + info

Graciñas Besbe

6.3.07

Cousas serias

Tras as tontadas, cousas serias: Los Planetas sacan disco novo, La leyenda del espacio, para o 10 de abril, escoitei un par de cancións, parecen sorprendemente ledas.
Grinderman, Nick Cave, escondido, maís salvaxe.

Unha tontada como outra calquera

Os links do post anterior parécenme moi interesantes así que cométolle a unha amiga que os meta en Chuza (novas non xerárquicas e tal). Como ela non pode, doume de alta no fedello e chuzoas eu. Vale que creo que non fun moi hábil pero a decepción é absoluta, recibiron votos e comentarios moi negativos, simplemente polo feito de que o invento está inzado de auténticos crentes na relixión BNG/conspirativa e o seu comportamento acércaos bastante ao de Antonio Losada e ao PP, os inventores das teorías conspirativas, cos que comparten moitas cousas.
Non é que estea molesto, simplemente é un elemento máis de decepción do panorama Galaico (puto país) e faime gracia ver que ese tipo de comportamentos simplemente o que denota é unha debilidade extrema, se non tes outra cousa, caña.
Ela dime que non é censura, eu creo que sí, e da peor, da que non o parece, é como poñer as pelis boas na 2 de TVE pero as 2 da mañán.
Bueno, xa sei o que hai, Chuza é como calquera chiringuito bloqueiro, pódense facer cousas pero a cambio dun traballo tremendo que a min, polo menos, non me compensa 30 segundos de esforzo. En realidade é o buenrollismo aplicado á rede. Teñen por exemplo gran interese novas como que o tunning galego move non sei cantos millóns, baixar cancións do myspace....
Paciencia.

5.3.07

Conspiranoias incendiarias, qué din agora?

Sinalo dous enlaces de interese de El País: este e este.
Curiosamente, La Voz de G. non di nada, Vieiros tampouco.
Casualidade ou é que os que denunciamos aos conspiranoides estámonos a voltar agora paranoicos nos mesmos??
Qué din agora os políticos? qué di agora Antonio Losada? qué di Suárez Canle? Qué di Touriño? qué di Feijoo? qué di Beccaría? (o que inventou o da mafia/trama).... qué di Manolo Rivas? Qué di o militante prototípico do BNG?
Merda de país, hostia.

____________
Actualizo, porque estou molesto, unha reflexión máis: en qué se parece o BNG e o PP? en moitas cousas, pero eu destacaría a creación de conspiranoias ou tramafias. Finalidade: non perder o poder ou recuperalo como sexa.
Puta merda de país, joder.

1.3.07

Visto bueno

Tras efectuar os oportunos test técnicos, poñer en marcha os procedementos habituais, realizar as comprobacións ordinarias e algunha extraordinaria, encher os formularios correspondentes, efectuar as probas físicas, psiquicas e emocionais, tras facer os exames precisos, tras examinar todos os aspectos, tras facer os test ad hoc, etc
Conclúo:
Que Triángulo de Amor Bizarro merecen a miña máis entusiasta aprobación. Teñen un punto aos primeiros Planetas deliciosos, voz susurrante tipo J, distorsións oportunas, letras crípticas e referencias a unha espiral.

Cociña, moderna

Alguén sabe por qué as modernas non saben cociñar? ou todo é unha impresión subxectiva miña?