28.2.07

Extinción 2

Se unha extinción non é definitiva, non é unha extinción, é unha desaparición. As extincións deixan lugar a especies máis dotadas, ou polo menos, máis sofisticadas e competitivas.
A simplicidade pode ser unha sofisticación encuberta.
Todo é confuso, a desorde é confusión e so a desorde permite a evolución.
Menudo rollo.


21.2.07

Realidade

Non sei moi ben cómo cheguei a ista conclusión:
Nun futuro próximo as loitas non serán por dereitos, nin pola libertade, nin por ter acceso á educación, nin por ter auga potable, comida, sanidade, nin nada polo estilo, simplemente loitarase pola realidade.

Terrorífico pero creo que vai ser así.

Antroido

1.-
Nun bar, un grupo vestidos de corsarios do corte inglés.
- Mira, nos puedes sacar una foto? - Di unha corsaria blandindo unha camariña dixital.
- Non- Di Desorde.
- ...(!!!!)

2.-
Laza: por fin, logo de moitos anos, fun a ver o mítico antroido. Pareceume unha metáfora do país. Unha pequena vila que hai anos debeu ser ben bonita, agora destrozada e inda por riba encaixada nuns montes noxentos cultivados por completo de piñeiros que son un auténtico polvorín, que ou ben arderon ou ben, faranno o próximo verán. Cada ano pechan unhas 20 casas, eso sí, en atroido, para a festa o pobo énchese de xente para participar/observar no/o fenómeno atropolóxico que dentro de pouco ficará conservado en metacrilato. A xente: unha incerta cantidade de semi pes-negros e peña disa pertencente ao sector que denominarei nacionalista-alucinógeno-cultureta, moitos de aldeas bastante lonxanas (que nin antroido teñen xa). Un alcalde pailán decimonónico , fanático e que organiza eventos gastronómicos (sería redundante dicir que do PP) ... Como o país pero en miniatura. Non creo que haxa en ningures días tan tristes para os de Laza como o mércores de cinza.

16.2.07

Extinción

Miro de redor e vexo:
animais en extinción. E algunha planta. Tamén hai xente extinguíndose. Extinguese un día, unha semana... no chan hai varias ducias de pensamentos extintos e o reloxio, parado, contén horas, minutos e segundos extintos dos que non queda nada.
Todo está en extinción, así que o "estructural" é unha mera ilusión. Só existe o coxuntural, esquece a eternidade.
Qué alivio.


12.2.07

Alimentación en GZ

amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio amorodio tona cacheira chourizos grelos navizas caldo cocido polbo sardiñas queixo hamburguesa bacallau sushi pizza cous cous kebab salmón gazpacho paella churrasco gyros tajine

7.2.07

Traduccións (no scriptorium)

Fai anos vira nunha feira un libro, Wildlife, de Richard Ford, un dos meus autores contemporáneos favoritos (que por certo ten libro novo, a continuación de "o xornalista deportivo" e "o día da independencia"). Este libro tiña a peculiaridade de que estaba verquido ao galego e eu xa o lera en castelán, traducido como "Incendios". Por suposto é boísimo. Relinno en galego e a miña decepción foi inmensa: a narrativa áxil de Ford convertérase nun pastel de crema onde o criterio de traducción semellaba ser "canto máis raro pareza, mellor", total que unha lamentable traducción arruinaba un bo libro, era unha plasta aburrida, sen senso ningún, carente de ritmo..... maxinaba unha gaita afiada atravesando o fígado do traductor.
Dende entón teño que confesar que as traduccións ao galego asústanme, máis porque coñezo en detalle como foi feita algunha tratando de emular a Cortázar e Yourcenar, por exemplo.
Todo isto ven a conto de que merquei o último, Viaxes no scriptorium, en galego, doutro autor favorito meu, Auster. Así que emprederei a lectura con medo e sí, tamén prexuicios. A mínima que non me guste, abondonareino e mercarei a traducción ao español, mentres melloro o inglés. Paciencia.
De todos xeitos, quizáis atope algunha clave ao medo no último de J.A. Marina, Anatomía del miedo.

5.2.07

Reena

A segunda mellor canción do ano pasado.
Atención a estupenda barriguiña de Kin.

Outro video de "muller desprazándose"

De novo Death in Vegas (Aisha), esta vez con Iggy Pop.
Disfrutádeo.

ciclos

E conclúo que os xx xx xx,

gardamos o coñecemento antigo
dos irregulares ciclos menstruais de criaturas tan vivas como invisíbeis.

(as que te gobernan).

2.2.07

Minivacacións

Pola mañán dame tempo a tomar un café mentres leo un xornal e escoito música electrónica tranquila. O camareiro fala en inglés con outra xente. Por un momento pareceume moi relaxante e liberador non escoitar nada diglósico e tedioso, non sei, foron como unhas minivacións de minutos, todo cruzando unha porta.