29.11.07

Dúbida

De pronto tiven unha dúbida:
gústame Sonic Youth ou escoitar a Sonic Youth?
gústame o campo ou gústame estar no campo?
gústanme as ensaladas ou comer ensaladas?

Xentes perigosas

Sempre mantiven que a xente normal é extremadamente perigosa.

Algúns días de novembro.

  • Coincídeme un xantar nas proximidades dun garda civil ao que non coñecía de antes. O tipo veña botar por fora contra Pontevedra (?) porque non se pode cear un chuletón, fala de cousas da miña profesión, presume de "entender" de cadelos... non para de falar; eu adícome ao churrasco.
  • Coincídeme unha presentación dun proxecto ante uns políticos (de 3ª fila). Unha das políticas é unha coñecida política. Aos 3 minutos confirmo que a tipa é unha trastornada absoluta. O problema debe de ser que non ten quen a escoite e veña botar por fora, nunha verborrea tan pouco educada como infantil.
En ambos casos venme a cabeza o "por qué no te callas?" do Borbón. Solidarízome plenamente.

Fago en 4 días 882 km. Falo de desenvolvemento Sostible. Mañán farei 300 km máis: as enerxías renovables é o que teñen.

14.11.07

Tomar

Se non tomas decisións

as decisións tómante a ti.

(M, cerebro común).

13.11.07

Esencias

  • Un outono no que non chove. Pero a auga non fai outono.
  • Un novembro no que non vou a cineuropa. Pero cineuropa non fai novembro.
  • Unhas xornadas de intenso traballo. Pero non é o traballo o que engorda a conta corrente.
  • Un fémur de 37 mm. Pero non é o tamaño o que define un fémur.

6.11.07

Conversas en desorde: party xperience, el Molar.

1.
-Tu, que de los informales eres el más serio.
-...

2.
- Todo es un balance coste/beneficio.

3.
- Esto es un vergel de nadas


El Molar ou quizáis unha das últimas festas onde o NW e o S confluiron. Quén sabe.