31.7.07

Pero nós herdamos


Azar: con poucas horas de diferencia palman Bergman e Antonioni.

25.7.07

Cuestión de raias

Podía haber unha raia ou dúas. Había dúas.
A partir dise momento todo cambiou.

23.7.07

Obra mestra


Xa pasaron meses dende que "la leyenda del espacio" se instalou nos meus oídos. Con cada audición gaña: sen dúbida é unha obra mestra, dende as paisaxes oníricas e as atmósferas emocionais ata as descargas eléctricas en vea, finalizando cun réquiem. Mira que son bos.
Outros discos da temporada, e mira que os hai bos, palidecen por mera comparación.

Máis?

- E para qué queres gañar máis cartos se xa follas todo o que queres gratis?
-
.

No comments

18.7.07

O reollo libidinoso

O grado de queixa de determinada muller sobre a cantidade de miradas libidinosas das que é obxecto é directamente proporcional o seu número de miradas de reollo para ver se a miran (libidinosamente).

16.7.07

Nietzsche pódeche consolar

Hoxe Nietzsche veume consolar un pouco. Atopeino na rúa e díxome que "ser independente é cousa dunha pequena minoría, é o privilexio dos fortes". A verdade é que é un consuelo pequeno pero está ben, logo tomei café.

13.7.07

Postos de traballo

Se un político aduce os "postos de traballo", invariablemente:
  1. Está xustificando algunha estupidez pública, con cartos públicos.
  2. Está xustificando algo irregular
  3. Está xustificando, directamente, unha ilegalidade.

Exemplos: Courel e louseiras en xeral, Reganosa, enerxía eólica, piscifactorías...

Se un empresario aduce os "postos de traballo", invariablemente:
  1. quere lucrarse brutalmente e de xeito ilegal a túa costa.

Exemplos: ti mesmo...

9.7.07

Lembrar Non Ou Edicións

Lembrovos que o único poeta vivo galego (e máis sexy, por certo) xunto co seu irmán conspira para que Desorde lembre a existencia do seu excepcional bló, rico inda que breve e conciso, superlativo inda que sinxelo, etc.
Alguén podería dicir que existen outros poetas vivos e galegos pero é moi contradictorio.

6.7.07

Diario dun desordeado

O mércores coñecín un tipo. Un ser humano-insecto-pao, perfecta definición da indolencia, imaxe ideal da insensibilidade. 550 km, conversas sobre quirópteros: a corrupción en torno aos morcegos, esto non o soluciona nin Batman. Bocadillo de lomo con tomate, cocacola quente. O insecto-pao-homínido merca licorcafé de marca (en Castro Caldelas!!): traumática confirmación da súa insensibilidade.
O xoves: xuntaza de laboriosas abelliñas e algún zángano, observando a unha raiña-nai de enxamio de provincias. Reunión no cúmio, fundamentalismo de salón, dogmas campestres, atuendo informal.
O venres: satisfacción. Agora, Dirt, algo de Marina, logo piscina, logo parece que chegou o
verán.


5.7.07

Distinguido público

Non me digades que non é distinguido.

Delincuencia pública

A trivialidade na función pública é delincuencia.
A indolencia na función pública acada a perversión.

E así sucesivamente.

2.7.07

Conversas en desorde

D.- ...
Brasilian Girl.- E o da ETA? cómo vai?
D.- Pois bueno, nada, o de sempre, catro subnormais dos que se aproveita a dereita e algúns medios de comunicación, .... etc blablabla
Brasilian Girl.- E a ETA apoia a Zapatero, n´ê?
D.- mmm, non...