30.4.07

Desorde de finde, joder

Todo comeza cando quedo para ir ao concerto dos Planetas. Entramos e está a rebosar. O son é bastante cutre pero ninguén o di; creo que como a Capitol é unha sala con certo glamour local en plan cool-periferia e bastante bonita, ninguén se atreve a dicir que o son é malo, en realidade habería que dicir que é unha puta merda. Pero bueno, hai tantas cousas que non se din. Por exemplo, cando unha tía que está moi boa e inda por riba viste cool e ninguén se atreve a dicir que é bastante tonta e ainda máis gilipollas. Son cousas que non se din.
Eu aprendín a dicir cousas. E non aprendín a non dicir cousas.
Calquera diría que o concerto estivo ben. E en certo modo así foi. Pero é o primeiro concerto dos Planetas, e mira que levo moitos, no que sentín que detestaba a maior parte do público: tontitos, e sobre todo, tontitas de vinte anos bastante desubicadas. Inda que o mellor eu estaba desubicado. Como a propia banda: algunhas das súas cancións xa non teñen esa enerxía xuvenil do principio, agora teñen unha enerxía de certa madurez. Certa.
M tarda, finalmente aparece e por fin parece que se encenden as luces na Capitol.
4 h. 30 mins. de sono. 4h de coche. 1h para xantar en Ikea. Logo 7h para mercar estanterías, cortinas e chismes para a casa. Estou ubicado, perfectamente. Desespéronme despois de 7 h. pero non perdo os papeis. Observamos a outras parellas que sí os perden, ou máis ben, non teñen papeis. Pero son cousas que non se din.
1h.30min de coche: cena en Valdevimbre con 20 amigos/as. Máis ben, con 12 ou así + parellas, pero claro, hai cousas que non se din. Todo ben.
Logo volta, total 750 km aprox. Psicopoet agárda cun libriño que promete e 3 cadernos Moleskine cheos de boas historias.
Hoxe aquí.

27.4.07

Cumpreanos

Qué carallo pode significar que un par de amantes ocasionais lle feliciten a un o cumpreanos (alucinando estou de que se lembren e de cómo carallo o farán) e pola contra ningunha ex dea sinais de vida (intelixente ou non)?

24.4.07

Rainbowarriors

Elas, tan deliciosas coma sempre.
Un fantástico albun novo.

Formulario de recoñecemento 2.0

A emoción que trasmite un poema, a súa calidade, musicalidade e autenticidade é inversamente proporcional ao número de adxectivos calificativos que contén.
Agora,
sacade conclusións sobre a poesía en Galego.
A M faille gracia, polo tanto é certo.

20.4.07

Desenvolvemento Rural. Test previo.

Antes de comezar calquera proxecto de Desenvolvemento Rural deberíase aplicar un pequeno test previo aos habitantes do medio rural. Velaí:
1. Desexa Vd. ser desenvolto?
  • Si.
  • Non.
En caso de que a resposta sexa "si", pásese a pregunta número 2.

2. Está Vd. disposto a traballar?
  • Non.
  • Non, por dios!!!
  • Non, francamente.
  • Outros.

Así comezaríamos por aclararnos un pouquiño.

Mercado cárnico internacional. O da psico/socioloxía e o global.

Continuando co post anterior, agora hai centos de análises psicolóxicos e sociolóxicos sobre o coreaniño que comezou a tiros. Cántas análises hai sobre os que se lanzan cun camión, coche ou cinto cargado de bombas? por qué o fan? parece que non importa moito, todo se reduce a simplificacións grosas e groseiras.
O coreaniño non ten impacto global ningún mentres que os outros si. Pero.

18.4.07

Mercado cárnico internacional. Ti, cánto equivales?

O da matanza da Universidade de Virgina é un noxo polo tratamento informativo recibido. 32 mortos en USA valen máis que 37.000 civiles asasiñados en Irak.
Xa sei que o mellor é un pouco brutal e, en calquera caso, non é un pensamento orixinal pero é así: morren 32 a mans dun tolo e o mundo flipa, Bush ponse como sentimental e todo iso. Todos os xornais e medios de comunicación danlle unha relevancia extraordinaria á matanza de Virginia, coñezo xa cómo se poden conseguir armas no estado de Virginia, coñezo asociacións a favor e en contra, sei a vida dun toliño coreano, etc. Non sei absolutamente nada dos Irakís que morren, só que morren.
Hoxe mesmo acaban de palmar 170 en Bagdad, pero claro como son os típicos moros de por aí non pasa nada, simplemente son contabilizados.
Noxo: de xornalismo, de racismo, de pensamento feble, etc. Noxo.
Eu, de morto, cánto equivaldría? quizáis a 100 irakís e 0,05 universitarios yankis??. Non me queixo, cotizo bastante no mercado cárnico internacional.






14.4.07

Formulario de recoñecemento 1.3

A melomanía dun conductor é inversamente proporcional ás pelas que se gasta no equipo musical do seu vehículo a partir de 235 euros.

Formulario de recoñecemento 1.2

O conductor dun vehículo é estúpido de xeito directamente proporcional ao volume da música que leva e ao nivel de apertura das xanelas.
Do mesmo xeito é estúpido de xeito inversamente proporcional á calidade da mesma.

Formulario de recoñecemento 1.1

Canto máis baixas están as fiestras dun coche con música, máis pésima é a calidade da música.

Formulario de recoñecemento 1.O

O volume da música nos coches é inversamente proporcional á calidade da mesma.

Traslado 2

Fascíname o traslado: recollo todo e volto a colocalo noutro lugar. Pero existe o efecto peneira.
O efecto peneira é sinxelo, simplemente un pensa que ten unhas cousas e cando pretende trasladalas algunhas quedan polo camiño. Tirei unha cantidade inxente de cousas, fundamentalmente papeis: revistas que nunca vou reler, documentos que tiveron senso pero que agora o único que fan é estorbar, ocupar, pesar, caixas de chismes, cousas disas. Tamén desfíxenme de roupa e dalgún moble, cousas que pasaron de ser propias a serme alleas.
Todo está ben. Pero desacougame a idea de non prever un novo traslado moito tempo: e se as cousas, papeis, etc comezaran a acumularse e medrar en torno a min indefinidamente? invadirían a casa? deixarían espacio para as cousas importantes?... ben, vou ter que crear un efecto peneira diferente. Pensarei nelo.
Por suposto todo foi rexeitado seguindo os máis estrictos cánones da separación en orixe do lixo. Inda que temo (sei) que moitas cousas voltarán a reunirse logo en forma de partículas na atmósfera facendo inútil o meu esforzo.

Agótame o traslado: finalicei parcialmente e confeso o meu esgotamento. Qué foi peor? pintar? limpar? mover caixas e bolsas desas que levan os emigrantes globalmente? ou quizáis limpar a casa que deixo? esa na que non voltarei entrar que me acolleu por unha boa tempada? eso creo que foi como unha sobremesa malévola.

Escribirei sobre o novo habitáculo. Agora vou descansar.

6.4.07

Traslado 1

Movo caixas. Movo libros, roupa, revistas, cd's, mesas, sillas....
Por suposto todo vai convenientemente desordeado, inda que ainda non puxen a Baudelaire cos calzoncillos. Todo pode ser.
Xa coñezo a sensación, podería dicir que teño moita experiencia pero esta non a teño.
A televisión fai dano: viróuseme e entalei un brazo, a verdade é que doe.
Penso que teño moitas cousas. Logo que teño as xustas. Máis adiante que teño poucas. Finalmente penso que pensar nestes termos é unha gilipollez.
Paso un rato con M e vénseme a cabeza a BSO.

Alegrías del Incendio (2)

Joder, qué alegría!!

Todo amor. Non hai desamor nin rabia. Non hai drogas nin presión existencial.

BSO.

Alegrias del Incendio (1)

Flamenco? Non, Planetas

4.4.07

Ferretería

As ferreterías son fascinantes. Chaman moito a atención esas caixiñas portables ou maletíns nas que os aguerridos usuarios das ferreterías debemos meter todos os trebellos e pijadas como tirafondos ou tornillos* (quén sabe a diferencia?). O caso é que esas caixiñas están destinada a acabar coa Desorde. Nunca o consiguen,
a orde é unha ilusión.



*tamén coñecidos como parafusos por algún galaicofriki

Divertido

A bipedestación é divertida. Non hai que esquecelo.
Estar tumbado tamén é divertido. Hai que lembralo.

2.4.07

La Leyenda Del Espacio

Lembra a "la leyenda del tiempo", disco de Camarón que aproximou o flamento ao rock, ou a música moderna. Outro camiño.
Podédelo escoitar na sua web xa.
A min gustoume bastante, a calidade do son-web é baixa, pero creo que voltaron os mellores Planetas, con máis electricidade e ruído. Así que moi ben.

CaSa:
Masilla, ieso, lixar, cubrir, pintar, limpar, voltar a limpar....