31.8.06

a pasalo ben.


resulta que teño un veciño que ten un bló. xa é casual, non?
nada en particular: o de sempre, cambias as condicións e listo. chamo a mariscal de campo e ambos coincidimos en que se sacan esto pola tele e lle dan importancia asistiremos a outro repunte dos incendios. é complicado, porque estamos a falar de restrinxir a información. pero realmente esto é información ou morbo? qué ocorre cando non se dispón de ferramentas para analizar a información? se cadra calidonia sábeo.
polo momento uso indebido do monte e urbanización indebida: ata 4 helicópteros, 2 avionetas e medios terrestres que non vexo dende casa. e vento moi moi limitado. to be continued. e digo que continuará porque hoxe a Xunta aprobou un paquete de medidas que son, xa, combustible para os incendios da década que vén.
logo hai xente, non sei se estúpida ou cínica, que se pregunta por qué os novos e os profesionais cualificados marchan deste país. pasádeo ben.
___________
actualizo, as 17.45 : uns cantos km ao sur, entre compostela e o pico sacro, acaba de comezar outro incendio. o fume é o que ten: que se ve dende lonxe.

game over


pillo un catarro de verán: lóxico, cando se está estresado as defensas baixan. todo segue igual menos por unha sensación nova: teño a impresión dende onte que vai ocurrir algo. e creo que vai ser bo. non me preguntedes porqué; se cadra todo é unha desorde diferente da habitual.
ou quizáis é que setembro xa está aquí de novo. ou quizáis, é que concordo con mariscaldecampo en que non lle hai que facer (game over) e, se cadra, a partir de agora adicámonos ao hedonismo como sempre quixemos facer: con todas as nosas forzas, o que sen dúbida algunha é positivo.
los pájaros comen en el desierto de mi mano. (l.m. panero)
de todos modos, insisto, nunca me entero de nada.

29.8.06

tómese nota, por favor

a metade da poboación ainda non voltou, ainda seguen a aparecer mortos, a xente non ten nada que facer, barrios enteiros permañecen destruídos, non hai servizos básicos de auga, luz, gas..., non hai traballo.... o número de suicidios incrementouse ata ser o máis alto do mundo. non estamos a falar dunha guerra no terceiro mundo ou dunha peli futurista de catástrofes. non.
hai un ano, unha catástrofe natural (máis ou menos) arrasaba Nova Orleáns, unha cidade do super primeiro mundo, do país máis "avanzado" ....
claro que esa cidade está chea de negros
claro que ainda por riba, está nun dos estados que máis petróleo produce (que tomen nota por aquí, por se non o sabemos que a producción enerxética non ten nada que ver co desenvolvemento económico).
claro que... ah! é o capitalismo, o sálvese quen poda e todo iso. curiosamente moitos dos que reivindican indemnizacións polos lumes, aquí, son pro-capitalistas e todo iso.
tómese nota. por favor.

26.8.06

fabulosas sorpresas

1.- e(i) chega para marchar de inmediato a hull, e esta noite estará no local máis bizarro que vin na miña vida: o spiders (of the mars); o caso é que de regalo de cumpreanos atrasado regálame "los señores del alma (poemas del manicomio del dr. rafael inglot)" de leopoldo maría panero, adicado polo autor para MIN!!:

sólo yo perdono al recuerdo
amarillo de la sombra de un cerdo
...
oh ceniza del ser,
diente para la nada
......
2.- reeditaron the whitey album, asinado co pseudónimo de ciccone youth e eu o atopo. é fantástico: jazz, noise, post-rock, pop, ... ten xa anos e sona igual de experimental que entón e ainda máis vangardista. flipo.

24.8.06

de raposos e cobardes

atraveso as aforas da cidade as dúas da mañán e coas luces do coche ilumino un animal que, tranquilamente, pasea por unha beirarúa. é un raposo novo e larguilucho. da a volta e desaparece nese bonito espacio de ninguén que hai entre as hortas e os xardíns. lembro cando hai uns anos flipabamos cos documentais de raposos que vivían no centro de Londres. xa somos europeos.

e estou ata os collóns deste bar no que os camareiros só te atenden se estás boa, non fai falla sorrir moito.

trato de desenvoler algunha hipótese sobre a paranoia (anti)incendiaria e a teoría da conspiración xurdida cando, casualmente, atopo algunha clave: insunúase a teoría da conspiración dende un primeiro momento dende un bló, baseandose nun artefacto estatístico de aficionado e extraendo as conclusións previamente determinadas. ben, podería non pasar nada, pero o tipo é do BNG, onde reside o gran bastión da conspiranoia incendiaria. outro aprendiz de zorro urbano cutre e manipulador, a todos os efectos, nun país de cobardes para cobardes. e paranoicos.

Galloway en Skynews

un político que é claro e fala claro.
por aquí non os hai así.
___________
p.d. a este home chimpouno Blair do Partido Laborista por opoñerse a guerra contra Irak. aquí fala sobre a invasión Israelí do Líbano.

22.8.06

o atractivo do poder

ademáis de ser arrogante, dogmático, ambicioso, inseguro e un sinfín de lindezas máis, ten pouco estilo, non é nada atractivo e carece do máis mínimo sentido do humor. pero está cunha rapaza á que lle debe de sacar 20 anos como mínimo, guapa. ah, esquecía dicir que il, agora, ten bastante atractivo, o atractivo que da o poder. falo con il, por suposto non me presenta a rapaza, míroa aos ollos.
alédome tanto de non ter poder ningún.

19.8.06

o enemigo maxinario

algúns exemplos de frases xeitosas:
  • a estas alturas hai que ser moi parvo para non decatarse de que os incendios responden a unha trama organizada.
  • so un cego non vería o complot perfectamente artellado.
  • xa ninguén dubida da existencia dunha organización adicada ao lume
  • só un idiota negaría a realidade
  • as evidencias indícannos que unha mente criminal está detrás do lume.
  • non ao terrorismo incendiario
hai unha liña invisible que nunca debe ser cruzada. o enemigo común une tanto. pregúntome cántos debemos de quedar sen incluírnos na espiral de fascismo paranoico?
sei que somos ainda un bon grupo.

18.8.06

seguimos rodeados

a paranoia continúa xunto coa violencia nas verbas. máis información aquí e aquí. por suposto eu non vou ir a esa manifestación de paroicos e años, pastoreada polos spin doctors de turno.
o de causas estructurais para referirse ao dos incendios estase a converter en algo así como dicir "bo, é que somos así, eche o que hai..." pero en plan chachi-técnico e como leído e tal.
eso sí, vimos de asistir da presentación en sociedade do NACIONALISMO NEOCON GALEGO. estupendo. Renego 2.

a pantera rosa


había dúas pantallas xigantes na ultramoderna discoteca de última hora, con ese toque paleto de novo rico de provincias que indica que só unha xeración separa aos clientes da fame. nunha pantalla puñan a Panteira Rosa. noutra Gilda. pincharon os smiths. ela sempre fora unha rapaza guapa e probablemente non a vía dende hai casi 10 anos. agora é unha muller espléndida. eu non sei moi ben que dicir así que calco a conversa doutro día, non hai moito, noutro contexto: falo do que me gustaban as panteras rosas de pequeno e que hai un ano vinnas nun supermercado, merquei e probeinas, fora decepcionante porque xa non saben igual. a ela pasáralle o mesmo cos tigretones, sorrimos e valeiramos as copas. creo que ela tampouco sabe moi ben que dicir. o tempo non pasou en balde. coméntolle á amiga común o estupenda que está e ela dime que llo diga. non o fago.
penso na Panteira Rosa: eu son un pouco así e inda penso que me gustaría parecerme máis.

16.8.06

apagar (e marchar)

a choiva que está a caer xenera humidade e apaga os incendios con eficacia. gustaríame que tamén apagara a paranoia colectiva inda que neste punto non son nada optimista.

15.8.06

e logo ti, de qué teoría es?

e logo ti, de qué teoría es?
dos da conspiración ou dos da non-conspiración?

(atención: coñezo a xente intelixente que cré na conspiración xudeo masónica e contubernio. polo tanto as posturas débense tomar en función do nivel de perturbación mental/paranoia)

11.8.06

estou rodeado

sempre sospeitei que estaba rodeado. agora seino. ao meu redor xorden auténticos crintes nas teorías da conspiración universais, fermorosos defenseres das mafias, organizacións escuras e suterráneas, etc
e o que é peor, xorden discípulos de Aznar e Bush que están dispostos a non entender nada pero sí chamar TERRORISMO ao que non entenden. eu pensaba que o da conspiranoia do 11M era cousa de Aznar pero non: o de agosto06en Galicia parece patrimonio de galegos e galegas. se teño que vivir nun país de reaccionarios, declárome cidadán de Borneo. RENEGO.
e para rematar, fago un concurso imaxinario para ver a quén podo declarar o ACEBES GALEGO que é gañado por un tal ANTÓN LOSADA. despois de observalo un par de segundos conclúo que Acebes debe, máis ben, ser declarado o Antón Losada Español
Puto país de paranoicos.
Puto país de simples
Puto país de fascistas

8.8.06

simple


máis que indignarme o lume, indigname a simpleza do que levo escoitado todos estes días. e dito sexa de paso, do que levo lido, tamén en blós que habitualmente leo porque me parecen estupendos.
a simpleza é parente cercana da estupidez, qué é máis grande que as nubes de fume e cubre á consellería do rural de xeito patético; creo na trasmutación das almas: o conselleiro do lume pasa de corpo en corpo, fai 15 anos era Romay Beccaría, agora é un tal Suárez Canal que un día leu un conto sobre o país e pensou que era así realmente.

4.8.06

intimidade


de casualidade cae nas miñas mans Intimidade de Hanif Kureishi. nunca lle lera nada. abro o libro e na primeira páxina decátome de que é un libro importante e que me vai gustar, non, a sobrecoller. e é así. é breve e vou amodo, pospoñendo o final. non sei porqué penso en unha pena en observación de cs lewis, non sei porqué porque non ten nada que ver, quizáis que me quedo igual de sobrecollido. nun senso diferente.
penso en toda a xente que coñezo á que lle recomendaría o libro. por previsión penso que vou mercar 3 ou 4 exemplares para regalar.
hai frases como navallas. entran cortan, sangras e quedas alí tirado. o ritmo é lento, o efecto longo. esa sensación, que só moi de vez en cando teño: por qué non tería eu lido este libro en ....? en, ou antes de, ou no ano tal... ou ter un exemplar para regalar como resposta a preguntas difíciles de respostar, difíciles por tediosas, por aburridas, pola cantidade de matices a precisar, polo contexto, polas conexións.
..... se un non deixase nunca nada nin a ninguén, non tería espazo para o novo. sen dúbida, evolucionar constitúe unha infidelidade..., aos demáis, ao pasado, ás antigas opinións dun mesmo. quizáis cada día debería conter polo menos unha infidelidade esencial ou unha traición necesaria. trataríase dun acto optimista, esperanzador, que garantiría a fe no futuro..., unha afirmación de que as cousas poden ser non só diferentes, senón tamén mellores.
....... pertence a unha xeración de mulleres dadas á desaprobación. ela pensa que é feminista, pero simplemente ten mal carácter.

1.8.06

inout

IN:
tomo varias direccións diferentes. ao mesmo tempo. chego ao mesmo lugar sen fragmentar. sego enteiro.
un océano cúbrese só con outro. e creo que hai varios. perdinme esa clase.
necesito unha resposta, tanto como sempre, máis que nunca, igual que todos. ou non.
o lume é unha resposta. agora hai que coñecer o problema.
OUT:
se o estado de israel existe por decisión das Nacións Unidas, por qué o estado de israel quere rematar coas nacións unidas en alianza coa ultradereita yanki? necesita israel un psicoanalista ou un enterrador?