31.7.06

desordes veciños

desordes veciños: non vou falar da vecinita dos collóns que pon o reggetón a toda máquina e á que, encarecidamente e de xeito regular como a lúa, lle pido que baixe un pouco a música. non, vou falar doutros blós así por facer un descanso.
resulta que como un ano despois de parón, vacacións ou descanso, vamos, non sei, reaparece o que eu creo dos 3 ou 4 mellores blós galegos. se eu teño un bló de feito é en parte por lelo: o home gris. quizáis, e sen ánimo ningún de polemizar, creo que do mellor da literatura hoxe, inda que non exclusivamente por suposto, está niste lado do espello.
descubro outro bló fabuloso pero que resulta excesivamente intenso para ler dun tirón (ou en tres ou catro, vaia), hai que dosificalo, algo así como que a dose fai o veneno, trátase de ponme a secar. supoño que hai que mollarse senón é que non se entera un de nada. sego a opinar o mesmo do espello.
e confeso que leo from hell. ao principio mesmo irritábame un pouco pero hai que pillarlle o truco e entender, que ao final, o colega Hank é unha referencia por algo.
disfrutádeos

30.7.06

está pasando, estás a velo

se cres que bombardear civiles, incluíndo nenos, destruír cidades, casas, pontes, matar observadores da ONU, empregar armas prohíbidas, montar unha marea negra do copón no mediterráneo tras reventar uns depósitos de fuel, etc etc é terrorismo de estado, ti o que es é un antisemita.
claro.

27.7.06

a historia do amor

a historia do amor é unha novela de unha mozota que se chama nicole krauss, norteamericana (of course) e de orixes xudeus (mentres israel bombardea eu leo a nicole...). non é unha novela redonda, ten algunha irregularidade, pero é extraordinaria, deliciosa, sinxela, emocionante, verdadeira. creo que Auster xa ten herdeira(s): a literatura dentro da literatura, individuos solitarios, o azar como tese, estilo limpo ... é deliciosa. curiosamente, ou non, é veciña do propio Auster. e sí, xa sei no que pensades, que está moi boa (ademáis).

xa sei para qué serve un blog 17.0

..... é un rollo riquiño para riquiños :)

26.7.06

varanos de komodo

os varanos de komodo, no día da patria galega, saen dos seus cubís e compórtanse como lagartixas. un día de tregua para a voracidade. pero non engañan a ninguén, as veces escápaselles algún mordisco. os varanos de komodo teñen fé, son velenosos, lingoa longa e traban a todo tipo de presas. os varanos de komodo son unha especie en perigo de extinción, pero eles non o saben.

25.7.06

buraco negro

todos os camiños que collo (en realidade, que me collen) rematan nela (en realidade, na súa brutal ausencia)
e só eu sei o que me fode

24.7.06

nous résisterons

un par de xestións alónganse de máis: as rúas de compostela están ateigadas de xente que leva cara aburrida ou exaltada (entre o espectador e o "estou aquí!!"), non atopo ningún termo medio. en medio de isto:
1. pasa unha charanga destas que meten moito ruido coreando o estribillo "maricón el que no baileeéee". lánzolles a mirada máis cargada de desprezo que podo conquerir, pero nada, hoxe son invisible. danme ganas de chamar ao concello. a xente, efectivamente, baila.
2. saco cartos nun caixeiro de caixa galicia. advirto que hai gardas de seguridade en todos eles. un fala por móbil e pillo unha frase solta "..... por si tiran un có-tel molotov....". vólvomo sorprendido e o segurata baixa a voz.
guerra: penso nos bombardeos sobre o líbano. a miña irmá maior tiña un amigo libanés, compañeiro de facultade e no casa de estudiante da miña irmá (fai máis de 24 anos?) tiña un afiche que puña: lebanon, nous résisterons. as guerras hai que paralas aquí e agora. teño a sensación de ter vivido xa aquí: ruanda, yugoslavia, kuwait... cánto me sona todo!
mentres preparámonos para unha sobredose de bandeiras.

21.7.06

as fotos do odio
























aquí están as fotos das que falaba fai uns minutos no post anterior. finalmente apareceron colgadas en escolar.net,o que mosquea tamén bastante porque nos medios convencionais non se atreveron a facelo.
creo que é o peor da humanidade. peor que o de irak, peor que guantánamo, peor que o de milósevic.... estas nenas debería estar a xorgar nun xardín, a imitar a Madonna fronte a MTV... detrás vese algún adulto: deberían ser xulgados por crímenes contra a humanidade e, por susposto, deberíaselles quitárselle a patria potestade aos pais e nais das nenas de xeito fulminante. non se me ocurre ningún castigo, legal, que poidera estar a altura. se isto é promovido polo estado de israel, logo, están perdidos: a sua mesquindade é infinita.
só agardo que algún día, algunha destas nenas se decate de todo. mentres, só a tristura fonda.

desorde de verán



  • The Pillow Book. onte vinna en compaña de sj. a peli é de 1996, así que pasei unha década sen ver esa maravilla. repillareina en dvd.
  • Odio. vexo no País e na VozdeSuAmo unha foto que me horroriza por completo. penso que é o peor crime que se pode facer. intento localizar a foto a través das webs dos xornais e de google e nada de nada. desaparecida. na foto saen unhas neniñas como de 7 ou 9 anos xudeas escribindo cun rotulador mensaxes nos misís que os israelís lanzan sobre o líbano. para min supón o colmo da perversidade. garanten o odio durante dúas xeracións máis. pódense lanzar bombas e cometer crimes pero a perversión do futuro non ten perdón. de ninguén.
  • Intuición: o peor de todo é que intuo ben pero non me fago caso. logo fágome demasiado caso noutros eidos, así que todo está en desorde. paciencia.
  • : o de (s). aristogátoff e eu ollamolo fascinados e cun punto de tolemia de desexo incontrolado na mirada. é o lóxico.
  • Música t(o) pásame "españa es de puta madre, con toreros / me gusta la paella para ti y para ella" de Chimo Bayo. non lembraba semellante megafrikada. Go!
  • o de sempre. nos blós aparece moito un grupo mediocre de power pop compostelano, the hommens, ben acollido nos lugares comúns de sempre. mentres a mellor banda en anos que saiu desta terra, nadadora, pois non se lle presta antención (aquí). problemas liguísiticos. agora pregúntome qué vai pasar con outra superprometedora banda que canta en inglés tamén de compostela: 6pm (sixpiém), creo que se autodenominan así. non é que volte a secta, sempre estivo aí.

20.7.06

Pink steam (Sonic Youth, rather ripped 2006)
I just come by to run you over
I just come by to see you quiver
You can come, you can slip inside, babe
Killer eyes and a burning heart, babe

Don't you know you need no other
I'm the man who loves your mother

Open up your arms to me, girl
Let me feel your wild heart beat, girl
Sweet lips, flowers and cream
Deep in love, surrender pink steam

Deep in love, you need no other
Deep in love, your lonely lover

I feel your wild heart beat
Lonely lover
Open up to me
Lonely mother
Your sweet lips are mine
like flowers and cream
Killer, killer eyes
surrender pink steam

18.7.06

noite de calor (aldea)


os pes espidos, xanelas abertas. escoitanse varios cans ladrar, quizáis a un raposo, a unha rata, a un gato. escoito unha avenoiteira. na farola hai centos de insectos que un morcego atrapa. bebo auga do pozo e penso que estas noites gústanme moito e non entendo a quen non as disfruta.

tomates

tomates: hai poucas cousas que me gusten tanto. gústanme en calquera ensalada de calquera tipo, con leituga, sos, cun pouco de allo... gústanme secos, asados, en salsa, en sopa, no gazpacho, con queixo, con anchoas. gústame mordelos, gústanme que os mordan e que a pulpa esbare polos beizos e pingue, gústame bicar eses beizos.
por iso cabréame tanto que duns anos para aquí sexa tan difícil atopar bos tomates: todos saben ao mesmo, a nada, e se queres un que realmente saiba a algo tes que pagar cifras escandalosas que pago fruncindo o ceño. o aspecto: todos iguais, son tomates clónicos, perfectos, é o soño de Hitler pero en hortaliza, Hitler na túa bolsa da compra, toda a ideoloxía do planeta nesa mesma bolsa.
por iso cando a miña tía me da unha cesta chea de tomates da súa horta, grandes pequenos perfectos imperfectos máis vermellos menos, eu visito o ceo cada vez que meto un na boca e o seu saibo estálame dentro e penso que non todo está perdido.

14.7.06

binarios

secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia secta franquicia

verán 1

un enterro. persoaxes que non persoas. 37 grados, humidade. unha cocacola light nun chiringo con e(i) e m(o). praia. palas na auga. tóxicos. algas. o sal na pel. o cheiro: o cheiro a eucalipto queimado.
hoxe sei que estamos no verán e que as moscas teñen máis ollos dos que pode aturar o seu pequeno cerebro, por iso sempre están a foder. como as pirañas.

12.7.06

a nai de todos os botellóns

maxinen un teramacrogigabotellón que dura unha semana ao que acoden xentes de todas partes do mundo por centos de miles, 24 horas ao día, toneladas de lixo, xente durmindo nos parques, no chan ... sería unha toleada... pois non, existe e chámase San Fermín. sintoo pero non se me ocurre un xeito mellor de resumilo. así que se queredes facer un botellón necesitades dous aliados clave: a igrexa católica que vos proporcione un patrón e logo un publicista xenial como por exemplo Hemingway.
resultado: xenialidade absoluta. algo digno de vivir polo menos unha vez na vida. por suposto, a compaña foi clave.


Fotos: xente chuzándose, lixo e a versión de S. Fermín nun bar de ambiente: s. fermín con cabeza de barbie e unha barbie espida por riba con cabeza de deusa budista da fertilidade, por suposto a barbie cunha prenda vermella.

6.7.06

Brigitte

_ x é un misterio. unha incógnita. x como nas ecuacións en bacherelato. x. adiviño un montón de cousas que raramente podo confirmar: hai un x pero tamén un y e un z e un..... x ten algo. algo que atrae e tamén hai un abismo por ahí no que as veces cae un pouco. sobre o abismo hai unha corda pero non se atreve a camiñar por ela. non hai rede ou x non a ve. non se pode facer nada se x non quere. x x x x
_ a gran evasión: san fermines. vou ver touros, vascos e australianos.
_ onte na estrada: coches cargados de mochilas, rapaces facendo dedo con dirección a ortigueira. só de pensalo, enfermo: maxino djembés, gaitas, litronas, litros, kalimotxos, vómitos... vinteañeiros con pintas de guais arrasando dunas e enchendo todo de lixo... o dito, enfermo só de maxinalo.
_ Brigitte, Los Planetas (super 8, 1994)

A veces quiero estar así, a veces sólo quiero huir, a veces pienso que tan soló ha sido un sueño, y que aún estas aquí, aún estas aquí. Si no puedo cambiar tu forma de pensar, si aún piensas igual entonces nadie lo conseguirá, lo conseguirá. Y si aún no confías en mí, y si aún no confías en mí no podrás confiar en nadie más. Y cómo puedes explicar algo que no has hecho jamás. A veces pienso que tan sólo ha sido un sueño, y que todo sigue igual, todo sigue igual. Si no puedo cambiar tu forma de pensar, si aún piensas igual entonces nadie lo conseguirá, lo conseguirá. A veces pienso que es tan sólo un sueño, a veces pienso que es tan sólo un sueño.

víctimas que morren para algo

aquel tipiño que chegou a presidente dun país europeo, Aznar, dixo que as víctimas morreron para nada. vale, estupendo:
se hai víctimas que morren para nada, quere dicir que hai víctimas que SI que morren para algo. gustaríame que explicara qué victimas morren para algo.
claro que se cadra Aznar é de ETA, e consideran que morreron sen que se acadara a independencia do país vasco. unha mágoa.
a traxedia de Aznar é que non ten ningún amigo que lle diga que cale.

3.7.06

abducido

abducido por rather ripped. completamente, especialmente por reena pero tamén con pink steam, incinerate, jams run free ... o estribillo You keep me coming home again entra aos 4 segundos de canción e quédase, non sei se para sempre...
_______________
e abducido por 'o señor da guerra'. impresionante película, brutalmente sinceira. imprescindible para respostar as típicas preguntas que as veces, inxenuamente, facémonos sobre o mundo porque o terrible é que está baseada en feitos reais.

2.7.06

astrud + old sensations

_"ir rápido, para nosotros, significa que avanzamos, somos así de estúpidos" Genís, concerto de Astrud onte.
_ mentres pasa, creo que con 5 ou 6 frases podería cambiar o mundo. o único problema é ter a audiencia precisa (dende a brutalautoconfianza ao pesimismo: nótese que se non cambio o mundo é por culpa dos "demais")
_ volve a sensación: nunca me entero de nada.
_ outra sensación, a do holograma: metes a man e non hai nada. santo tomás, además de santo, era sabio.
_ e unha sensación máis: a do utilitarismo. por exemplo.

1.7.06

en desorde

1. capitalismo cultural: por fin saiu rather ripped o novo disco de sonic youth. estouno a escoitar. é boísimo e a 1ª canción reena é deliciosa. sen deixar de ser quen son fanse un pouco máis asequibles.
2. capitalismo cultural: saiu o dvd coa xira do ano pasado de pj harvey. fantástica.
3. pasa unha rapaza cun busto (qué verba máis antiga!) bastante significativo. pasa un cura rodeado de adolescentes que parecen ser seminaristas. o cura di: 'menudo atril lleva esa'. os seminaristas rin a gracieta. eu lanzolles unha mirada cun océano de odio detrás. tensanse.
4. o máis importante era: de oca en oca e tiro porque me toca. sego a xogar. todo o demáis ten pouca solución e da igual: fantástica desorde.
5. qué parte hai de desexo e qué parte hai de cerebro para recorrer un camiño?