31.5.06

un bon día, depende


un dos meus escritores contemporáneos favoritos, Auster, gaña o príncipe de Asturias e unha das miñas pelis megafavoritas da historia, Blade Runner, vai ser reestrenada e ademais editada en dvd. hai días en que as cousas parece seguen un orde. logo, claro, tes que aguantar políticas neoliberais, traicións e mamoneos. (etc). pero esa xa é outra historia e teño fame, fame global.

logo

aquí podedes descargar cancións novas deles. e + cousas.
hoxe levei unha serpe no peito.
logo mudou de pel e con ela fixen un colgante jipi que tirei na primeira papeleira que atopei. a serpe marchou aburrida: vantaxes da indolencia.
disfrutei de 6ºC ventos de 40km/h e de 16 voitres, si, o 30 de maio. logo escoitei poemas descoñecidos que me gustaron moito máis do que me gustan os putos poemas galegos ao uso. logo escoitei. logo opinei. logo vin. vin unha peli.
sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza sempre en Galiza vale, xa pillamos o concepto. algunha idea?

29.5.06

deportes

festa na aldea/triatlón, 1ª proba: sesión vermut. quedo en primeira posición. 2ª proba: maratón de xantar. quedo nunha posición correcta. 3ª proba. postres, cafés e copas: posición destacada. pódese dicir que son moi competitivo neste eido, debería pedir unha beca deportiva ou algo así. a primavera é fanstástica, descálzome e as 10 da noite ainda é día.
logo traballo e + traballo, pero a perspectiva dun novo disco da miña banda favorita ponme moi ledo. x certo, no link podedes escoitar grabacións caseiras.

27.5.06

Versus

Actualizando
como un colega de hai mil anos venme visitar dende aquí paso a semán como se eu tamén estivera de vacacións. así que lle meto á furgo km e km ensinándolle cousiñas da natureza galega. pero as TN de traballo están ahí e a miña cabeciña ten ideas e ansia de plasmalas. ao final non sei se me sentaron ben estes días de extranas vacacións. o que sí me sentou mal foron as TN de churrasco e alcoholes varios (logo verei en qué punto do cinto me atopo). o que sí me sentou ben é retomar algunha actividade que hai tempo non facía.
nestes días xurden curiosos conflictos que eu pensaba que non se darían: nacionalismo galego vs. nacionalismo español. sei que vive moi lonxe, sei que vivimos moi lonxe pero todo é dunha gilipollez subida e odio ter que dar explicacións sobre obviedades a uns e outros. vaise e eu póñome a traballar.
rururbano
cando ando polo rural, a miña sofisticación urbana aflora. cando ando polo urbán o que aflora é o sarcasmo e o relativismo rural (as veces o cinismo). ao final penso que é bastante exacto.
Blogstars.
leo por ahí que en México proponse un día do boicot (un blogoicot) aos/ás Blogstars. sen pensalo nada sinto simpatía pola idea. pregúntome agora cáles serían os Blogstars galegos a blogcoitear. a min ocórrenseme varios pero vos podedes suxerir máis (ou non, vaia).

21.5.06

de charing cross road a m.m.

bonita rúa londinense ateigada de livrarías. película interesante, etc. onte, teatro: 84 charing cross road dirixida por isabel coixet. había moita xente, o auditorio, cheo. a obra é unha puta merda cunha actriz de obra de fin de curso. longa, aburrida, innecesaria. vamos, un tedio. remata e ise público insólito aplaude. non hai nada como ser famosillo para encher un teatro e, ademáis, que che aplaudan.
logo, noite.
e vexo que vai haber unha homenaxe nacional a manuel maría. un poeta mediocre, non só da nazón, senón tamén do planeta e de todos os tempos. pero é aplaudido por razóns alleas a súa obra poética. así nos vai.

en aldeamuralla

anos e anos para que, ao final, pareza, que a todo cocho chégalle o seu san martiño.

18.5.06

unha rapaza moi fermosa

f era unha rapaza moi fermosa. brutalmente tonta: confundía verbas entre sí constantemente, o seu vocabulario, pobre, a sua conversa igualmente pobre e aburrida, inda por riba errática, notábase claramente que non era capaz de estar concentrada nun tema máis de 60 segundos seguidos. naquel restaurante falaba coa boca chea e non controlaba o volume da sua voz.
a pesar delo atraía aos homes. seguramente pensaría que os atraía polo seu encanto ou algo así. e non, só era algo físico. a beleza atrae e pouco máis. fora así dende que era nena, por iso realmente non tivo necesidade ningunha de esforzarse o maís mínimo.
un día, un rapaz maxinouna ao cabo duns anos: aparecerían arrugas, as tetas caerían o cú medraría e perdería a sua tersura, o abdome frouxo. e o peor: esa expresión de bobería que agora pasaba por timiedez agravaríase co tempo. a xente deixaría de ser amable con ela e posiblemente non tivera recursos para reverter a situación. deulle unha pena fonda, sería unha rapaza desgraciada. pero de momento.

16.5.06

experimentos coa verdade

a realidade sempre acaba por axustarse a uns parámetros bastante definidos. lamentablemente ou non, porque se non foran definidos non poderíamos crear modelos e faría tempo que estariamos extinguidos. pero hoxe non podo facer ningún tipo de prediccións: as rúas son perigosas porque hai xente nelas.
por moito que as veces queramos algo, non acaba de ocurrir (p., as veces é así), por moito que fagamos experimentos coa verdade.
coa verdade real
coa verdade imaxinaria podemos facer o que queiramos (non por imaxinaria é menos verdade), agora ben, existe unha verdade imaxinaria interpersoal e polo tanto mínimamente obxectivable?
todo isto requiere unha expricación (supoño): hoxe, a realidade, estame a amolar, prentendo que cambie pero nada, non cambia, así que decido amoldarme, neso ando. o único que sospeito é que a realidade non cambia porque hai unha forza máis poderosa ca miña actuando en senso oposto. ou se cadra todo é cousa do azar.

15.5.06

riscos

hoxe descubrín que a decoración pode conlevar importantes riscos cardíacos, ou outras cousas, como problemas irresolubles, etc.

14.5.06

adiccións e precipicios

de todas as adiccións a droga é a máis obvia (a conto de nada) do mesmo xeito que a burguesía sempre é o precipicio máis doado.

12.5.06

Shangai


E(y) faloume da súa viaxe a China, e de Shangai, en concreto e do seu delta. días despois vexo unha película que se desenvolve maiormente en Shangai e que me gustou moito (código 46). hoxe coñecín a unha rapaza que se vai a Pekín. e penso, mentres escoito Tridecoder, que teño morriña de Shangai sen ter estado, que non somos nada e que me gustaría tomar un avión e aparecer nun sitio raro como Pekín. pero simplemente irei ver a Mercury Rev e todo seguirá parecido.

11.5.06

metablogueo de orballo

ascárida ten un post que ela titula 'contra meme'. comento que ten toda a razón do mundo, nun 90% (a probabilidade sería do 0,9). Agora ben, no caso contrario, é dicir, se a unha muller non lle das a razón tamén ocorre un fenómeno semellante que consiste en ignorarte; neste caso estamos falando dun 70% (tende a 0,7). tamén teño observado que a medida que se incrementa o nivel de 'cachondez' xeralmente o de ignorar tende a 1. (por suposto hai excepcións significativas).
en calquera caso o sábado toca Mercury Rev en Ourense (e xa sei que non ten que ver pero estará moi ben e iste blog chámase desorde e nel postea desorde, non?)
_________
p.d. a mesma ascárida, famosa entre outras cousas por ter acuñado o concepto 'metabloguear es lo puto peor' informame que esto que acabo de facer non é metabloguear. vamos, que non teño nin p. idea. pero da igual, o post mola-mazo e xa está mal que o diga eu.

9.5.06

un día que tomei unha decisión

era unha soleada tarde de principios de verán, un fantástico día de praia. o venres pola noite saíra e os colegas combinaran para ir a praia o día seguinte. eu tiña que quedar na cidade para asistir a unha reunión moi seria e moi importante. o sábado erguinme (so) con resaca, ducheime e ainda con certo mareo cheguei á famosa xuntanza. mareos, personaxes aburridos e innecesarios pontificando e tratando temas banais como grandes decisións estratéxicas da ONU. miraba pola fiestra e non facía máis que pensar na praia, nos colegas, tranquilamente tumbados sobre a area, dormitando e soltando chorradas, logo tomarían uns chipiróns e uns pimentos de padrón antes de voltar, para ducharse e xa frescos retomar a noite.
pero o pior ainda estaba por vir: un fedor a pés espantoso chegábame de baixo da mesa, mareandome e impedíndome respirar; un compañeiro de organizazón levaba carpíns brancos sintéticos embutidos en zapatos negros tamén sintéticos. a temperatura ía polos 38ºC.
nese punto, decidín que aquelo non podía seguir así.

7.5.06

o lugar do enchufe.

como, por moito que nos pese a min e máis a m(e), os taladradores existen, fumme currar co portátil a un lugar con wifi desa (que funciona a ratos).
os camareiros do lugar son correctos. instálome nunha esquina onde hai un enchufe. dous días chega unha rapaza tamén co seu portátil; coñecía o lugar do enchufe e senta a carón meu un pouco contrariada pola miña monopolización do enchufe. é unha rapaza guapísima, loira, como de vinte e algo que é o que parece: unha estudante norteamericana. diría, polo seu xeito de vestir que é da costa leste, quizáis de Boston. tamén ten un pouco pinta de ser unha rica herdeira. o caso é que de pronto os camareiros deixan de ser correctos e convírtense en seres babeantes que pugnan por antendela, van onde a ela, fálanlle, sorríen, tratan de ser algo fascinantes (no fondo dos seus ollos noto un punto tristeiro porque saben que nunca van foder nin con ela nin con ningunha semellante). todo é un pouco noxento: ela sen inmutarse, cun sorristo tan tímido como ensaiado, manéxaos, cámbianlle o café de mesa cando me vou, sorrinlle máis, interésanse por ela, axúdanlle co cable do portátil.
os homes, as veces, damos auténtica pena. as veces, as mulleres, tamén. a tipa coñece o lugar do enchufe.

5.5.06

taladradores

érgome con ganas de que dunha puta vez un raio termonuclear divino fulmine a todos os taladradores do planeta.
pero que non se preocupe ninguén porque son ateo.
eso sí, cando espertei o terceiro mundo aínda estaba alí.

4.5.06

20060504 desordes e pico

unha muller de corenta e pico anos colga da porta do seu frigorífico unha oración budista. non ten nin idea do que di pero aí está. a carón está o telf de telepizza e pizzamovil.
un rapaz de vinte anos, de Láncara, tatúase unhas letras chinesas baixo a orella dereita. tampouco sabe o que din.
unha parella de trinta anos, turistas venezolanos, preguntan aquí ónde está o macdonalds para xantar nil.
unha bala perdida aprende agora tai-chi e ioga. fai proxelitismo e é moi entusiasta.
un veciño taladra paredes. eu estou raiado, nervioso, ansioso. teño que traballar e só penso en que un raio termonuclear divino fulmine ao taladrador.
lembro a quen non está e esquezo a quen está. e logo fago ao revés e parece máis lóxico.
un avión sobre o atlántico leva unha carta equivocada e iso lémbrame a carver.
penso en xente valente e xente cobarde e en xente brillante e lerdos reincidentes e esto non é nin triste nin ledo. só é o que hai.
espinafres: dubido se facelas dun xeito ou doutro. finalmente decido facelas do xeito máis doado posible e penso que é unha decisión intelixente (emprego a mínima enerxía).
leo os periódicos e conclúo, tal e como xa sabía, que vivimos nun país de chiripitiflauticos.
voume comer as espinafres.

1.5.06