leo un libro dunha tal
banana yoshimoto. a ver, que che poñan de nome
banana sendo xaponesa é algo que debería estar penado polo tribunal penal internacional de La Haya (a faia?). o libro, bah, nada. se eres normaliña e xaponesa ao mellor leenche en galizia, se eres normaliña e galega, se cadra eres unha superventas local (
e non linkeo nada inda que podería...).
releo uns cantos poemas que tiña pola mesilla de noite e sego a pensar que
leopoldo mª panero é sobrecolledor. agora dubido se carver ou ford.
escoito detidamente os tres discos da triloxía neoyorkina de
christina rosenvinge. é todo absolutamente irregular, cancións moi boas e outras terriblemente ñoñas e aburridas. gustáronme os violíns tipo tindersticks. pero é ela ao fin e o cabo: cando tiña 22 anos ou así vinna a carón do cortinglés de princesa en madrid. dende entón
odio a ray loriga que inda por riba ten
algún libro delicioso (cajondiola).
política autonómica: miro
desorde: hai un ano había nervios, espectación, desexos, ilusión... hoxe xa só hai espacio para o
noxo. non é que estea sorprendido, supoño que tiña que pasar. menos mal que nos queda
borneo.
por último, logo destes días creo que a distancia é imprescindible para o coñecemento.