25.2.06

dias de cine, parecetamol, luna, neve e jane

o paracetamol é milagreiro e eu un insensato. pero a pesares de todo xa me sinto persoa de novo, a pesares das bacterias e/ou virus.
a peli de Terrence Malick non foi para tanto, máis que nada porque a historia de Pocahontas xa é coñecida, inda así está moi ben: a maravillosa forma coral de narrar, o ritmo... e a sempre interesante perspectiva que se repite nas suas pelis de persoas atrapadas. atrapadas en situacións sen saída.
das cousas que máis me aledan é deixar estupideces atrás. estase moi ben: as estupideces, mellor dende a barrreira. incluso chegan a ser divertidas senón foran patéticas.
logo, saio de aldeagrande a aldeapequena cun disco de Luna (penthouse) e todo está moi ben, hai algo de neve e repito cine en aldeamuralla: orgullo e prexuicio baseado na obra homónima dunha das miñas escritor@s favoritas: Jane Austen. a peli non está mal. só me irrita a lectura xeralmente miope que se fai de Austen. hai que dicir, ademáis, que a miopía soen aportala mulleres (os homes non a aportan porque non a len, eles a perden). Austen escribiu esta novela con 21 anos e iso sempre é algo que me da que pensar.

24.2.06

lista da compra

  • noraboa: Terrence Malick estrea unha nova peli, o novo mundo.
  • un catarro non é máis que un desorde. un desorde bacteriano/inmunolóxico. pero son os pequenos desordes os que condicionan os grandes. supoño, vamos.
  • algunha idea sobre desorde. oscilo entre o optimismo estructural e a indolencia acomodaticia: entre as variables posibles o fracaso nunca é contemplado. inda que cando ocorre tampouco sorprende.
  • o antroido sempre é algo redundante: poñemos unha careta sobre outra; así, o único antroido posible é o exceso.
  • algún día escribirei sobre a liberdade de expresión. hoxe non, que estou sensible ao cinismo.
  • algúns días gostaría de ser máis social. outros antisocial. indecisión.

22.2.06

indolencias 4

gripal proporciona alivio sintomático para situacións de CATARRO.

18.2.06

desordes musicais 2

chamáraa dende aquel cabo no atlántico nun día azul. só podo pensar en ti. ela subiuse ao seu utilitario, puxo unha cinta dos pixies e recorreu 189 kilómetros.
cada vez que os escoita, lembrao

17.2.06

conversas en desorde 2

C(m) - e bueno, do demáis qué tal? estás namorado?
eu - eeeeh (?) non, non, creo que non. non é obrigario estalo, non? non pasa nada
C(m) - bueno, hombre
______________
eu - por certo que teño un bló.
C(m) - e iso qué é?
eu - non sabes o que é un bló?
C(m) - un sitio para escribir, non?
eu - si, algo así
......

desordes musicais de onte e hoxe presentan:

emprendo a titánica tarefa de pasar os cds a mp3 axudado polo fantástico realplayer e minutos que quedan soltos diante do ordeñador persoal. todo vai ben ata que chego a galaxie 500 e penso, unha vez máis, que fun gilipollas. con indolencia, continuo a labor.
miro a lista das 10 mellores cancións de todos os tempos votadas no reino unido: por qué case todo é indie e aquí temos que soportar a chenoa, a la oreja de van gogh, cantos de loco.... e MERDA similar? será que a industria musical hispano/galaica pensa que somos imbéciles? serémolo?

16.2.06

indolencias 3

ante o estúpido espello, a indolencia é unha victoria.
os estoicos sabían o que facían.

indolencias 2

nunha mañá chuviosa e gris a indolencia é unha celebración

13.2.06

paco, esta es tu casa



Paco, amigo: tienes por delante, toda una ciudad de bárbaros por reconquistar, si, ya sé que es difícil pero tras mear todo el champán que llevas dentro con tu colega bene charlando de vuestros problemas con el relativismo y el hedonismo, ni en tus más turbios sueños de católico viejo llegarás a ver las caras de aquellos que te han chimpado. si, ya sé en quien piensas, pero no, te equivocas. si, bueno, que algo de razón llevas pero no toda. por si te sirve de consuelo, estuve por allí comprobando que todo estuviera bien. y bueno, no todo está a la altura de LaCuruña pero con un poco de esfuerzo, sé que tú podrás solucionarlo. quizás un puerto exterior en el tíber, un paseo marítimo y un par ce minicentrales hidroeléctricas, un poco de especulación con el foro, etc. si, sobre todo eso, que esa ciudad está ya muy vieja y necesita aires nuevos. no te preocupes, cuidaremos de que la c.a. gallega no caiga en manos de bolcheviques nacionalistas. tu tranqui. te dejo esta foto para que te vayas acostumbrando y ah! no te pienses que por vivir cerca de la casa de shelley, keats o byron se te va a pegar algo de sensibilidad o de inteligencia o buen gusto o algo parecido, no, no te preocupes, eso a ti no te afecta.
por cierto que shelley ya dijo que el fin de toda corrupción social es destruir toda sensibilidad al placer; pero tampoco te preocupes, sé que no lo vas a entender.

indolencias 1

a indolencia, neste país, máis que un desorde é unha arma para a supervivencia.

en realidade ir a Roma é como voltar a casa.

8.2.06

astronautadas

  • as veces sinto envexa dos astronautas: alónxanse da terra e canto máis se alonxan máis pequenas parecen as estupideces terrestres.
  • F(o) chama dende M.: que non hai quen entenda as mulleres. se insiste, que é un pesado; se mantén distancia, que non loita o suficiente. digolle que soa a tópico pero que leva razón: non levan libro de instruccións nin prospecto, nin nada. por se lle serve de consuelo tamén lle digo que non se preocupe, que faga o que faga, equivocarase.
  • novo artigo: agardo (na dupla acepción da verba) algo de polémica.
  • roma pinta ben: dan sol e comida italiana. a ver.

6.2.06

ainda era marxista

había algúns días nos que non se lle ocurría nada. eran eses días nos que as preocupacións absolutamente domésticas non deixaban espacio a nada máis, vamos, tampouco é que o espacio cotidiá fora moi amplo. Ademáis ía bo tempo e iso invita ao relaxo e a preguiza: no seu maxín desexou estar paseando á beira do atlántico; era un día de inverno que auguraba a primavera e estaría ben sacar as botas e notar a area, ainda fría, entre os dedos dos pes, quizáis sacar o xersei. un ferreiriño, un dos paxaros máis optimistas, xa cantaba con forza: tiña un bo territorio e había que facelo saber.
En definitiva, concluiu, unha vez máis, que ter lugar para as ocurrencias e a evocación, as veces incluso para as ideas, é un luxo, accesible pero un luxo, o auténtico. Sí, ainda era marxista. Pensou en J.B.

3.2.06

conversas en desorde

Urxencias (A(a)): hay que jugar a ganar
eu (tontamente): ou xogar a non perder ...
A(a): y qué coño puedes perder !!??

2.2.06

Xa sei para qué serve un blog 13.0

un blog serve para aforrar en psicólogo e de paso en confesor.
as veces blogspot ten forma de diván, outras de confesionario.

desorde vs penumbra

  1. chama M(s) que é boa amiga, entre outras cousas porque me di que son un dos homes máis perfectos que coñece. ademáis de boa amiga é optimista, entusiasta e bastante inconsciente.
  2. tortellini al pesto. perfectos.
  3. vai menos frío fóra
  4. He perdido tanto tiempo ahí afuera. La copa de Europa. Los Planetas (Una semana en el motor de un autobús).

desorde vs penumbra

1.2.06

historia dunha paisaxe

Esta é unha historia dunha paisaxe.
Cóntase que uns homiños trazaron un camiño para que os turistas chegaran á paisaxe. E así foi: todos acadárona e todos saíron confundidos porque non estaba.
Só co tempo, un estranxeiro concluíu que a paisaxe só existe cando se mira de lonxe. Alguén tería que ter dado a orde de pechar a pista pero ninguén se atreveu: un camiño abre tamén novos dereitos de paso.
Cheguei alí por puro azar, supoño, e comecei a recoller fragmentos daquela paisaxe co fin de pegalos e ver se en algo poderían lembrar ó conxunto. Pero unha paisaxe é algo moi persoal e a cola que empreguei non eran senón fragmentos meus que tiña que ir arrincándome con paciencia e con convicción.
O resultado aquí volo expoño, xunto co proceso de reconstrucción seguido. Non sei qué paisaxe veredes. Pero lembrade, non consintades que abran pistas nas paisaxes.
DERRAMEI PEGAMENTO SOBRE ALGÚN FRAGMENTO. ERA DIFÍCIL LIMPALO E DECIDÍN CRER QUE ERA UNHA LICENCIA ARTÍSTICA.
REUNÍN OS FRAGMENTOS RIBA DA MIÑA MESA DE TRABALLO. A CARÓN, ABRÍN OS TARROS DA COLA: ULÍA A MIN E AS VECES ESTE CHEIRO MAREÁBAME, OUTRAS CASE ME GUSTABA.