30.11.06

xa sei para qué serve un bló 19.0

un bló serve para esquecelo un pouco. logo regresas e é como un can: canto máis tempo pasas fora máis se aleda de verte.

27.11.06

guerra antiespanholista

non sei quén é este pavo pero a min fíxome moitisima graZa.
hai máis, prometo dosificalos

21.11.06

hai que apuntarse nalgún lado?

a min paréceme unha idea fantástica. eu sempre fago o que podo por cambiar o campo de enerxía da terra. aquí está toda a información.
(visto en chuza)

16.11.06

o home inédito

meses despois do seu lanzamento decídome a ler a primeira novela galega e en galego editada virtualmente por edicións da rotonda (falla o link da editorial ...). trátase de O Home Inédito de Carlos G. Meixide, un tipo ben majo. achégome con toda a precaución do mundo e descubro que está moi ben e lese dun tirón, é divertida e áxil e sobre todo que parece exactamente o que é: unha historia sen pretensións, amena, sen ñoñerías nin gaitiñas soando por todas partes, sen pasaxes borgianos de terceira regional nin realismos máxicos con cheiro a naviza.
:D

2 blós

dous dos mellores blós do planeta. sen máis comentarios:
a palabra impide e
eboca

9.11.06

azar 2.0

o azar é unha vontade extraviada

3 perversións

  1. hoxe vinme obrigado a felicitar á picolética institución: tras 19 anos de carnet de conducir, recibo a miña primeira multa en estrada. non é por queixarme nin por xustificarme pero a multa foi absurda e culpa do camuflado coche benemérito. é un proceso recaudador sinxelo, gustaríame facer a min estas pequenas putaditas, ten que dar un perverso e íntimo pracer. un pracer de 63 euros.
  2. como perverso é que o Vaticano solicite ao estado de Israel que prohiba celebrar unha festa gay en Jerusalem pero non eleve unha queixa ante o mesmo estado por cargarse un grupo de persoas que estaban a durmir.
  3. diputado Wolf: resulta que un parlamentario do PP di que presida a comisión de cultura do parlamento galego o diputado Wolf é como que Josu Ternera presida a Comisión de Dereitos humanos. pois non, non podo estar máis en desacordo co diputado do PP: Josu Ternera non se merece isa comparación.

3.11.06

Spacemen 3 - Suicide (Live), Second Half

hoxe tiven morriña deles.
só é a segunda parte da canción, se queredes a primeria ide ao youtube. escoitadeos a todo volume (que non será moito).