descubro en little hell que a biblioteca pública pecha as 19.30 (habería que falar dos horarios, non?) pero hai wi-fi na praza. así que me poño a revisar o mail, etc en plena rúa. a xente mírame como se fora unha maragota transxénica. tamén é moi raro que estou sentado nun sitio onde había metro e medio de auga hai tres días.
este lugar é todo tan raro.
27.10.06
25.10.06
sparklehorse
unha boa nova: sparklehorse saca un novo disco. detrás dise nome tan raro está un tal Mark Linkous que en 10 anos sacou 3 discos. eu só teño un dil e é absolutamente xenial. ten colaboracións como pj harvey ou tom waits. son lo-fi, rollo intimista pero enérxico e antiñoño.
o bo de todo isto é que tocará en aldeagrande.
mentres, seguen as inundacións sen solución de continuidade. creo que vou quedar así.

24.10.06
variacións
exceso: hormonas femeninas periódicas que me afectan. é moi curioso esto da transhormonación. ten que ver coas inundacións. se non entendedes nada, pensade. e se non tedes tempo para facelo é que tedes mellores cousas que facer polo que me aledarei por vos.
o dos putos blós: leo aquí que o blogomillo desaparece. alédome: o meu senso de colectividade quedou moi deteriorado tras pasar uns cantos anos no planeta. podería desenvoler a idea, non? pero paso, dame preguiza.
moda: é unha moda esto dos blós? simplemente é un novo bucle e os blós están sometidos ás leis da selección natural. que ninguén se preocupe.
reunión: a semana pasada fun a unha, un tanto extrana, a xente que falabamos nela sabíamos todas as palavras: interdisciplinariedade, pluralidade, transversalidade, etc. vamos, toda o rollo moderno e guai, pero que xa sona a antigo e desgastado. habería que escribir un pequeno manual, que quedara todo inservible de novo e así poder inventar un novo catálogo de valeiros conceptuais.
coñac: levaba todo o día con sono, seguín currando lentamente mentres me bebín un coñac, estivo ben.

19.10.06
spectivas
Introspectiva: ter personalidade e gustos definidos é canso, tedioso e, ao final, contraproducente. ser voluble e indefinido está cheo de vantaxes. quén é un para impoñer nada a un mesmo? con qué dereito?
Extrospectiva: cada vez que un grupo de paletos versión walt disney excarcela visóns americanos por aí adiante posiciónome máis a favor de darlle os dereitos humanos aos simios.
Retrospectiva: o pasado é o único que podes cambiar, se non che gusta, de xeito inmediato.
Perspectiva: choiva e ceos grises para os próximos días, perfecto para as inundacións.

i + u
cando estou aquí, non estou e cando estou, non estou aquí.
se estou en min é que non estou en min, e se estou en min, é que non estou en min.
en definitiva é unha cuestión tanto identitaria como de ubicación.

15.10.06
cousas que están moi ben:
que lle dean o nobel a un tipo que admiro e que creo que o merece.
que 'el grupo de expertos solynieve' saquen un cd. "un discurso a favor del sur y el mediodía, una reinvindicación del hogar: del lugar y de las personas con las que se convive en armonía." pois non se fale máis.
e moitas máis que non vou contar, claro.

10.10.06
6.10.06
língua (galega)
tendo en conta que como non pertenzo a ningunha disas lexións de espertos expertos en língoa galega e roliños colaterais, provintes maioritariamente da filoloxía galega e outras fábricas militares, pois vou dar a miña opinión ao respecto. vouna dar porque hoxe me da por aí.
está claro que a lingoa galega esmorece, e esmorece da pior forma posible, dexenerando, nada de mortes limpas e todo iso, non, dexenera. habería que buscar causas e culpables. causas, as de sempre que tanto se repiten por aí. pero hai uns culpables que se están indo de "rositas"*: refírome ao BNG, a Mesa pola Normalización Linguística e toda a constelación de Satélites.
explícome, esta peña durante xa moitos anos adícanse a:
criminalizar a todo aquel/a que non fale galego, xerando un sentimento de rexeitamento.
desprezar a todo aquel/a que non fala galego todo o rato, agredíndoo.
agredir a todos/as que fan os seus "pinitos"* coa língoa e polo tanto falan un mal galego, rexeitándoos en vez de acollelos e tratalos con mimo.
e, en resume, empregar a língoa como arma e munición ao mesmo tempo.
en definitiva, están creando unha língoa moi apropiada para o rexeitamento, a exclusión, a agresión, o desprezo, o sectarismo, o odio, etc. Obviamente é unha estratéxia criminal e fondamente estúpida.
pero aída hai máis:
cambios constantes nas normativas (xa está ben!), sería interesante montar unha plataforma de afectados e mesmo esixir indemnizacións.
emprego de rarísmos: adóptase (supoño que con bo criterio) verbas do dialecto portugués, pero ao final o que está a saír é unha especie de aliem que acomplexa aos reservorios de galego, particularmente no medio rural.
adóptanse con entusiasmo todos ises rarísmos como autocolante, cartaz, refictir, etc mentres que as expresións e verbas auténticamente galegas desaparecen, por exemplo: "dé" por "dea" ou estexas e chorradas así.
efecto laboratorio: desparecen dúas vogais nos medios de comunicación e por suposto nos dirixentes do BNG, a Mesa e demáis Satélites que en realidade, e con moi contadas excepcións falan un mal castelán con aparenza de pseudogalego. non hai xiros nin construcción galegas. a sensación é: aberración.
hipermegarruralización: a ver cándo nos enteiramos de que xa somos máis nas cidades que nas aldeas, o galego do futuro é urbano ou non vai ser (non vai ser) así que xa está ben de ruralizar o tema en plan mítica reserva india. esa arcadia xa non existe.
son feos/as: esta peña soe ser bastante pouco agraciados, con pouquísimas excepcións (pensaredes, e isto? a qué ven? este tío de que vai? bo, cántos filólogos/as coñecedes que estean bos/boas? cántos directivos/as do BNG e a Mesa e satélites son sexualmente desexables??, a realidade é que esas cousas marcan, agora podedes dubidar se o digo en serio ou en coña).
bueno, xa está ben por hoxe.
NOTA: se algún hipermilitante ou filólogo/a quere deixar a súa sesuda e científica opinión ou simplemente dicir que non teño nin puta idea ou así, pode facelo, a min vaime dar completamente igual, así que recomendaría en realidade non escribir nada, pero como esta peña soe estar ociosa pois aí están os comments. eso sí asegurádevos antes de que en realidade non estades a reforzar a miña tese.
* ooooh, unha expresión española!!

4.10.06
Galeano
hoxe está en Aldeagrande un dos meus escritores/pensadores favoritos: Eduardo Galeano, non estarei alí pero non pasa nada, xa teño Galeano dabondo nas estanterías, na cabeza e no corazón (sí, esto é unha cursilanda megañoña, premio para min). ademais se non estou é porque teño un motivo fantástico para non facelo, fundamentalmente estar noutro sitio.
unha das miñas citas favoritas de Galeano é "si el pelo fuese importante estaría dentro de la cabeza, no fuera". non é necesario que vaiades velo, pero sí recomendo lelo.

2.10.06
cuestión
cuestión (que en paleogalego enxebre dícese costión) sobre os boicots particulares. coñece todo o mundo que lé esto, e que polo visto prefire desorde a proust, que son reticente a istas cousas pero comentarei o meu particular boicot. trátase dos xogos de poder. ao poder xogan aqueles que non teñen outra cousa á que xogar, xogan aqueles que non saben xogar, xogan os aburridos (particular e rexeitable forma de autoviolencia extrema), xogan aqueles que converten ese xogo no seu xeito de vida e no seu particular universo conceptual, afectivo, etc. e se hai algo que me da arrepíos é iso, polo que en canto detecto o xogo, paso, tanto no persoal como no colectivo, inda que as veces un é torpe, lento e reflexos e sempre está o factor confusión (desorde).
e non é doado de detectar, as veces é todo moi sutil, as veces tardamos meses en decatarnos do xogo, outras veces anos, outras veces a penas uns segundos, nunca se sabe, non hai regras fixas. os xogos de poder só conducen a insatisfacción permanente, o xogo é o fin, e iste nunca chega así que condena a quen o practica ou o tolera á infelicidade eterna (outra forma de autoviolencia extrema). supoño que o meu particular boicot é un acto marxista en certo modo. así que por respecto a un mesmo, por respecto á intelixencia, á felicidade, aos demais, etc practico e recomendo o boicot.
por iso, as veces paréceme incluso respetable a política: é un terreo onde, polo menos, sábese ao que se xoga, as cousas están claras. neste eido ninguén se leva a engano.

xa sei para qué serve un blog 18.0
que ninguén se pense que polo mero feito de ter un bló, ten algo que dicir.
nin interesante, nin divertido, nin orixinal, nin atractivo, nin rompedor, nin creativo, nin intelixente, nin absolutamente nada de nada.

Assinar:
Postagens (Atom)