26.9.06

:)

  • o sorriso: dunha ventaniña a outra do coche e soaba vals de ballenas.
  • a(ff) di, sarcásticamente divertido, que este é un bló como de chico sensible e todo iso. claro, aquí non falo de porno-guarradas, non fago chistes machistas, non mando a tomar polo cú a ninguén (bo, as veces un pouco si), non deslizo a ironía cara ao sarcasmo, etc. se alguén demanda este tipo de particularidades que o diga e fago un post (ou un par de ducias) ao efecto. inda que eso xa se fai un pouco noutro lado.
  • atención, coidado, moito ollo: o ÑOÑO vende. e vende moito. sería unha boa idea facer un concurso de blós ñoños en galego. creo que estaría moi competido.

22.9.06

Orde

non adiantar a acción ao desexo

extremos

que non se engane ninguén. os extremos nunca se tocan: se acariñan

intuír

hoxe, que o saibades, é o día mundial sen coches. en realidade con menos coches. análise super sesudo e profundo: cando se lle adica un día a algo, neste caso a ausencia de coches, é porque realmente o tema está moi mal e non queremos facer nada (serio) por cambialo. supoño que algún día, todos os días serán sen coches, mentres a sufrilos. e os privilexiados que o temos/padecemos a disfrutar da falsa sensación de liberdade que producen. todo á espera dunha nova idade media. ou o revés: agardar a fin dise sistema feudal: quizáis o renacemento.
mentres: ler nas nubes, adiviñar nas ás dos paxaros, cavilar nos pousos do café, intuir no vento, perceber nas sombras, capturar intuicións, analizar intencións, diseccionar alentos, sistematizar azares ...
e tamén explorar soda stereo.

18.9.06

Alatriste e as súas msx.

comentar que fun a ver Alatriste, se cadra, non é moi orixinal. só que as veces hai cousas que ocorren cando menos o agardas: recibo dúas msx no móbil (tranquis, estaba sen son) de dous números diferentes sutilmente vinculados con 5 anos de diferencia inda que eses dous números non o saiban. continuará (creo).
e Alatriste. eu recomendo encarecidamente vela. vale que o guión perda o fío, estea mal plantexado e que haxa secuencias innecesarias e outras ausentes. vale. a película está moi ben a pesar de todo.
eu, alucino

Bjork - Desired constellation (Live at Canal +)

15.9.06

ATM

Clerks II: obviamente imposible estar a altura do mito, Clerks. pero inda así paga a pena: un novo conxunto de gamberradas frescas e postadolescentes* para rir e admitir que hai vida máis alá dos 30.
unha exposición que paga a pena de e(o). máis info aquí (unha aperta!).
* a postadolescencia é o que hai entre os 18 anos e o teu enterro. algunha peña quere disimular.

13.9.06

Peter, Bjorn & John - Young Folks

realmente a banda sonora do verán. moi adictiva.

12.9.06

11.9.06

algo bon

as veces doume medo: efectivamente ocurriu algo bon. pero chegoume a pouco.
por certo, o concerto, perfectamente prescindible.

8.9.06

inquedante

en cada web hai un espectro
en cada espectro, qué hai
non abras, non digas, non leas... se non estás disposto a xogar

7.9.06

todo novo


para dentro duns mesiños: novo disco de los planetas, "la leyenda del espacio"
novo disco de Yo La Tengo : I Am Not Afraid of You and I Will Beat Your Ass. toda unha declaración e nova peli de kevin smith, clerks 2
un outono interesante.

democracia no país: todo a 100

así están as cousas:
Touriño fala de "ataque masivo e criminal", Quintana: "foi un ataque indiscriminado, masivo e terrorista contra o cambio de política para o medio rural que protagoniza o BNG" (sic), Antón Losada: "os incendios foron un ataque terrorista e masivo ás novas políticas rurais".
polo tanto:
BNG e PSOE opóñense á creación dunha comisión de investigación.
que cada un tire as súas propias conclusións. a pasalo ben e non mancarse.

6.9.06

cruzando as liñas vermellas

o día da manifa anti-lume/anti-terrorista organizada pola plataformanuncamais, r(a) e m(o) paseaban co seu bonito bebé de 5 meses. pasan tres mozotes recubertos de pegatas e cun megáfono, procedentes da manifa. no momento de pasar, un dos mozotes activa o megáfono, mete un roído tremendo e esperta o bebé. r(a) vérralles algo así como 'pero no ves que me acabas de despertar al niño'. o mozote do megáfono dille 'pero ti, qué dis, que nin siquiera es de aquí' (efectivamente, r(a) non naceu "aquí"). m(o) enfádase e xura en galego (non en arameo), o mozote segue nas súas trece e chámalle 'españolista'. m(o) chámalle fillodeputa e máis cousas, os mozotes seguen a camiñar.

1.9.06

póstumo

vou á unha das miñas livrarías favoritas a abastecerme (moito zweig que me falta e todo o hanif kureishi que atopo). no momento de pagar coincido un tipo ao que case case saudo. afortunadamente detéñome a tempo: o tipo é clavado a un compañeiro de carreira que morreu; é igual, incluso ten a pinta que tería este se ainda estivese vivo. inda por riba, as gafas que leva son parecidas. este compañeiro morreu porque non atopaba traballo do seu (do meu) e meteuse garda forestal: un cazador subnormal que non lle puxera o seguro ao rifle meteulle unha bala; palmáraa ao instante.
quédome un pouco descolocado. saio da livraría e sinto alivio por estar vivo e poderlle mirar o cú e as tetas ás mulleres que pasan, mentres lembro unha conversa con il sobre o tema. é unha homenaxe espontánea, sinceira e íntima.