como, por moito que nos pese a min e máis a
m(e), os taladradores existen, fumme currar co portátil a un
lugar con wifi desa (que funciona a ratos).
os camareiros do lugar son correctos. instálome nunha esquina onde hai un enchufe. dous días chega unha rapaza tamén co seu portátil; coñecía o lugar do enchufe e senta a carón meu un pouco contrariada pola miña monopolización do enchufe. é unha rapaza guapísima, loira, como de vinte e algo que é o que parece: unha estudante norteamericana. diría, polo seu xeito de vestir que é da costa leste, quizáis de Boston. tamén ten un pouco pinta de ser unha rica herdeira. o caso é que de pronto os camareiros deixan de ser correctos e convírtense en seres babeantes que pugnan por antendela, van onde a ela, fálanlle, sorríen, tratan de ser algo fascinantes (no fondo dos seus ollos noto un punto tristeiro porque saben que nunca van foder nin con ela nin con ningunha semellante). todo é un pouco noxento: ela sen inmutarse, cun sorristo tan tímido como ensaiado, manéxaos, cámbianlle o café de mesa cando me vou, sorrinlle máis, interésanse por ela, axúdanlle co cable do portátil.
os homes, as veces, damos auténtica pena. as veces, as mulleres, tamén. a tipa coñece o lugar do enchufe.