28.4.06

noxo en GZ


e CASTELAO qué di de todo esto?
sodes uns fillos de puta e uns paiasos. vaivos votar a vosa puta nai. eu farei o posible por botaros.
xa sei que hoxe non estou sendo moi sutil pero vivimos tempos moi moi malos.

26.4.06

puffff

estiven anos vinculado a esas cousas. e se hai algo que non aguanto é a cursilería, o pensamento naif, o rollo hapifloro, o postureo vexetariano, o rollo ñoño, etc etc
en definitiva: todas as cousas que se pensan/fan cando non tes nada que pensar/facer e, pola contra mola ser auténtico e único e crear asociacións que son sectas. e hoxe non falarei de ninguén. todo iso por esta nova. ou será a cortina de fume doutra cousa?

déjà vu (2)

non o podo resistir!!! resulta que esto ocórreselle ao departamento de innovación.
non teño palavras. se mal non lembro, a gilipollez esta xa a inventaran eles no ano 89 ou por ahí.
hoxe é un día particularmente tóxico por un par de razóns. menos mal que vai bo día e nas windfarms estábase a gusto.

25.4.06

a mente é un misterio. o demáis tamén.

  • podo dicir que segue a haber vida. sego a ver vida. quén o tería pensado.
  • luns de traballo intenso: charla cun alcalde dun pobo mariñeiro. en 2 minutos, por se non o tiveramos xa máis que claro, re-convencémonos de que Gz é un lugar moi tolerante: cántos alcaldes no planeta está por riba do nivel da idiocia só lixeiramente? curiosamente, ou non, este individuo non é inocente senón que vive na súa propia madriguera bicolor: cré as suas propias mentiras, os seus delirios intimos e as suas propias fantasías.
  • blogadicto: ocurriuseme este termo. s(a) díxome que xa estaba moi visto; polo visto non fun nada orixinal. hoxe tentei entrar nos blós, non funcionaban e lembreino (terei que deixalo un pouco?)

23.4.06

xa sei para qué serve un blog 15.0

para acabar pasando un domingo tan tranquilo como delicioso. prácticamente perfecto.

22.4.06

os anos

onte tiven tanta ideas e fun tan creativo que hoxe xa non me lembro de nada. pero creédeme que foi así. en serio.

21.4.06

nada surf

Nada Surf: estupendos, concerto fantástico con sorpresas: unha versión dos Smiths e outra de Joy Division. logo saíron ao escenario Cristina e Fino, Clovis, compañeiros de selo, e tocaron xuntos un par de cancións; a Cristina esta ten unha voz moi atractiva: nin tontipop nin imitadora de Patti Smith... voz de muller. logo máis sorpresas: compartimos cervexas aquí co baixista de Nada Surf e con con Fino que parece un tío do máis agradable, di que non os chaman para tocar.... Morte a Emilio Stefan e a Operación Triunfo!!
nota: este post é só para darlle envexa a Matías Bruñulf

20.4.06

o que lles pasa aos barcos

dun xeito ou doutro todos os barcos acaban por afundir.
eu pregúntome cánto tempo queda para que ese barco afunda a pesar de que as augas parecen calmas, trasparentes e case case luminosas. ceo azul, brilla o sol, etc. e tamén me pregunto se finalmente afundiranse fronte aos meus portos ou se o fará a carón doutros, lonxanos e exóticos.
da igual: hoxe verei a Nada Surf.

19.4.06

déjà vu

casi todo en Galiza é un puto déjà vu :
hoxe pensei que estaba no ano 98.
pero tamén no mes pasado. ou na hora anterior. da igual
nada cambia - excepto a paisaxe: cada día máis cutre e industrial-
seguen a mandar os de sempre: os mesmos fillos de puta. déjà vu.
eu xa estiven
esto xa o teño moi visto
monte guriscado DEP.
déjà vu eterno

17.4.06

algo de vertixe

curiosamente, e logo de equivocarme uns centos de veces, en ocasións de forma estrepitosa, outras de xeito certamente doroso, as veces con indiferencia, comezo a ter un certo vértixe en equivocarme coa xente: quén escollo para achegar e quen escollo para alonxar. moi moi curioso.
penseino hoxe logo de xantar cun cargo político inda que xa levo meses pensando nelo. a ver se agora vou ter que comezar a dubidar (de min, da miña intuición, experiencia, etc). se cadra ata é bo.
polo demáis: vacacións pracenteiras, urbás, etc. e sei que non me gusta discutir

pipilotti










Pipilotti Rist, aquí
fantástica!

11.4.06

ciao!!

o caso é que perdeu Berlusconi! e iso está moi ben inda que o outro non sexa nada do outro mundo.
... aínda non estou de vacacións de verdade, tan só un pouco ruralizado.

_

ceo azul, cd's, depósito cheo, gafas de sol, a primavera explotando.

as fendas do muro


quedeime ollando en silencio. logo pensei en cánto tarda en caer un muro cando ten fendas. pode que tarde moito ou pode que sexa xa mesmo. a medida que pasan os segundos sabes que 'xa mesmo' non foi. sego a ollar en silencio.
sabendo que nalgún momento a fenda fará o seu traballo e finalmente o muro caerá.

9.4.06

xa sei para qué server un blog 14.0

un blog server para que cando levas unha existencia un pouco monóntona de máis, co traballo como camiño e horizonte, contándoo non o pareza tanto.

o desencanto

de momento el cambio en lo único que se nota es en las palabras (manuel fraga, hoxe en El Pais).
- Dr, Dr! estou dacordo con el. qué me pasa? é grave?
única: teño unha veciña. pon a música a toda hostia e como abre as ventanas é ainda pior. pedinlle duas veces que baixara a música. o problema grave é que por música so ten unha (1) única canción como de reggetón ou algo así.
o desencanto pode ser unha única canción.

6.4.06

leo releo. escoito odio. política noxo. coñecemento

leo un libro dunha tal banana yoshimoto. a ver, que che poñan de nome banana sendo xaponesa é algo que debería estar penado polo tribunal penal internacional de La Haya (a faia?). o libro, bah, nada. se eres normaliña e xaponesa ao mellor leenche en galizia, se eres normaliña e galega, se cadra eres unha superventas local (e non linkeo nada inda que podería...).
releo uns cantos poemas que tiña pola mesilla de noite e sego a pensar que leopoldo mª panero é sobrecolledor. agora dubido se carver ou ford.
escoito detidamente os tres discos da triloxía neoyorkina de christina rosenvinge. é todo absolutamente irregular, cancións moi boas e outras terriblemente ñoñas e aburridas. gustáronme os violíns tipo tindersticks. pero é ela ao fin e o cabo: cando tiña 22 anos ou así vinna a carón do cortinglés de princesa en madrid. dende entón odio a ray loriga que inda por riba ten algún libro delicioso (cajondiola).
política autonómica: miro desorde: hai un ano había nervios, espectación, desexos, ilusión... hoxe xa só hai espacio para o noxo. non é que estea sorprendido, supoño que tiña que pasar. menos mal que nos queda borneo.
por último, logo destes días creo que a distancia é imprescindible para o coñecemento.

5.4.06

historias cativas: un refrán

xeralmente non me gustan os refráns polo que teñen de simplicación e ausencia absoluta de matiz, pero este pode ser certo: dime con quén andas e direiche quén es.
verdade?

3.4.06

historias cativas de noxo estructural

cada un, cada unha, escollemos onde e con quen queremos estar, non? aplicamos o noso criterio e eleximos. por suposto, as veces equivocámonos (eu teñoo feito unhas cantas veces) porque as variables que interveñen son moitas e complexas; desbrozalas con tino depende da intelixencia, da experiencia, do criterio, etc. a ninguén lle gusta ter un ser deleznable por amigo, un ser capaz de facer dano ao que máis queres e a un mesmo. ou nesto, equívocome unha vez máis?
creo que me equivoco pero sorrío aliviado.

fascismo, estupidez e historias cativas

a historia soe ser implacable inda que lenta. con un mínimo de perspectiva histórica hai persoas concretas que alí onde van desunen e espantan. se a unión fai a forza, os complexos (supoño) fan todo o demáis. polo momento consolídase a estupidez.
atrévome a pronosticar que ampliarán o campo de batalla a territorios pacíficos. agora podese escoller entre o partido comunista chino e os mundos de yupi. estupendo. eles e eles non saben o iguales que son: puros.

2.4.06

cousas de homes

por fin fago cousas de homes: partido de fútbol aburrido na tv (inda que esto é redundante... ver dúas ducias de tipos correteando por un prado, e eu ata non fai moito non sabía o que era un fora de xogo), beber, comer pizzas e compartir algún chisteciño machista. menos mal que fumar axuda a que todo pareza menos raro.
logo: a historia do punk nun dvd estupendo. menos mal, o de ser tan home é raro. xa só me falta a caixa de ferramentas con taladro incluído.

1.4.06

poder

achégase. é tan desexable que non me queda espacio no cerebro para nada máis durante un bo rato. síntoo na barrigha.
e isto é todo.