explicacións concisas e sinxelas e asesoramento cualificado polo ohqtomr e velahí: bló tuneao. o máis complicado é decidirse por algunha cor entre todas as que hai. esto lémbrame a cando eu era moi moi pequeno (algún día fun neno, si) e só había papel elefante, alguén lembra iso? a qué non?
31.3.06
28.3.06
26.3.06
25.3.06
Bruno
mentres eu estaba inmerso na espiral nocturna e rara nacía Bruno, o fillo de M(o) e R(l). máis bebés e máis noites. menudas diferencias.
23.3.06
apunte etolóxico
existe un excelente e sinxelo indicador universal de cándo unha especie animal é máis intelixente ca outra. consiste simplemente en ver o tempo que adican a xogar as crías ou vástagos, canto máis xoguen máis intelixente é a especie, así un escarabello ou unha centola serían pouco intelixentes mentres que un león, un can, un mono, etc serían máis intelixentes.
todo isto ven a conto de M. Rajoy e de F. Savater. está claro que de nenos non xogaran NADA, se tiveran xogado máis a indios e vaqueiros saberían cómo se perde, cómo se gana, cómo se rinde un, etc.
se non saber perder é patético, non saber gañar é estultucia pura e maldade grosa.
20.3.06
analfabeto

mergúllome no disco duro na procura dun antigo arquivo que me vai vir moi ben. por casualidade paso por outro. ábroo e leo algúns mails de hai anos. agora, que pasou o tempo e hai algo máis de luz, creo, sinceiramente, que daquela eu era un perfecto analfabeto funcional.
___________
nota: pareceme que deixei demasiado oco ao maxín con este post. o que leín eran mails que eu non souben ler, por iso sinto que era un analfabeto. a foto é un baño do Atlántico: para que digan que os homes non sabemos facer máis de dúas cousas á vez: sacar unha foto co móbil e suxeitar a pirola (sen mexar fora, claro).
carne
entérome que hoxe é o día mundial contra comer animais ou algo así. como xa escribira hai tempo algo ao respecto noutro sitio, pois hipertextualizome:
- non se pode fiar un dos vexetarianos: non matan nen comen animais: gústalles a carne humana.
- non se pode fiar un dos vexetarianos: so alguén que teme tanto a sua propia violencia ten que facer un esforzo tan grande por contela.
19.3.06
a desorde ainda está ahí
- hai un problema cos tomates: cada día saben peor, o mellor dito cada día perden algo de sabor ata ser unha cousa vermella e insípida. ao mesmo tempo os prebes dispoñíbeis nos supemercados aumentan. será así a economía de mercado, a vida moderna, a agricultura industrial, todo....? a medida que desaparece a sustancia increméntanse os aditivos.
- estamos nun país de tarados (infantilismo, supoño) ou cachondos mentales. vexamos un par de exemplos: 1. un diputado reclama que se faga o porto exterior de ferrol pero sen danos ao medio ambiente. 2. unha consellería incrementará en 2500 megawattios a producción eólica de galicia (2500 é o doble do instalado actualmente) pero sen dano para o medio ambiente. todo o mundo sabe medir impacto ambientais. curioso. se cadra é unha nova vía de pensamento. pero dame por pensar que hai pensamentos que son como mocos: unhas secrecións blandas, verdes ou marelas que se pegan por todas partes.
- e para finalizar unha historia: todas as mañáns botaba colonia ao saír da casa. exactamente botábaa unha vez traspasado o umbral. 14, 15 ou máis pulverizacións de varón dandy ou unha merda similar. a peste inmediatamente inundaba o ambiente, incluíndo a casa do veciño que tiña que soportar esta pequena tortura diaria producto dunha excentricidade ou dunha tara ou algo así, non sei.
16.3.06
(racha) un tópico
se fora certo que unha imaxe vale máis que mil palavras, habría quen nunca follaría.
14.3.06
brooklyn follies
remato Brooklyn Follies cunha sensación extrana. teño que reconducir un pouco o que dixen. o mellor Auster non voltou. non é Leviatán, nin o Pazo da Lúa, nin a invención da Soedade. non. pero tampouco podo dicir que sexa unha novela menor porque non o é.
creo que Auster cambiou. non sei exactamente cómo pero fíxoo. quizáis é que se fixo máis vello. quizáis a brutal situación política no seu país co nazi Bush ao frente fai que se vexa obrigado a cambiar de rexistro e dar espacio a outras cousas. quizáis co tempo se dera conta que do mellor que hai no mundo é o sexo. A pregunta sería se me gustou ou non e niso non hai duda: gustoume moito. gustoume moito tamén que Tom Wood estivera a ler un libro de Don deLillo.
que a Fortuna ceibenos dos manipuladores.
atópome cunha ex-compañeira. a conversación deriva hacia aquelo que tiñamos en común. vexo tanta ceguez. xa non ten ollos, non ten língoa, non ten xa cerebro. non lle pertencen. dame pena e decátome que discutir ou intercambiar opinións é inútil: o lavado de cerebro é excelente e todo se reduce a repetir duas ou tres consignas básicas, febles e estúpidas, simples pero que funcionan como unha apisonadora. case ao mesmo tempo entérome cómo outros manipularon unha votación con total descaro falsificando votos delegados.
se crera nalgo diría que deus nos libre dos manipuladores.
13.3.06
un par de conversas en desorde
1. neste caso unha conversa nocturna:
- ...
-chámome ______
-ah.
- ...son a cantante de ______*
-xa. E?
* nome dunha afamada banda de folk galego.
2. nunha soleada mañá:
- joder, me cago na tua puta madre.
- eeeegh! fillodeputa
(a ninguén lle gusta que lle abran a porta dun coche nos fuciños mentres vai en bicicleta, esquivala e unha furgoneta teña que pegar un frenazo para non arrasar o ciclista. Supoño que se o ciclista cae e é aplastado ainda tería que pedir disculpas por manchar o chan con sesos e sangue. Sorpendentemente vivimos nun país da órbita civilizada.)
10.3.06
pasou, e da igual
quedo con M(o), tomamos viños como se o tempo non pasara. pero pasou e da igual é iso é fantástico. en realidade o tempo importa un puto bledo cando o demáis si que importa.
entre outras cousas compartimos unha experiencia común. é difícil de expricar, así en frío, fronte a unha pantalla branca. sería algo así como o mal que está que os demáis che devolvan unha imaxe de tí mesmo na que non te recoñeces en absoluto.
xustificar (se)
parte do post anterior quedou incluso demasiado criptico para o meu gusto. que xa é dicir.
había un tipo que sempre lle estaba a buscar xustificacións á vida. podería pasar. o caso é que non desaproveitaba a máis mínima oportunidade de menospreciar aos que se limitaban, pois ben, a vivir simplemente, a deixar transcurrir o tempo do mellor xeito posible. el procuraba amosar claramente que miles de proxectos bulían na súa cabeza constantemente: todo era esencial, revolucionario, fantástico. unha arrogancia abrumadora que o barría todo como un tsunami. unha especie de competición contra todos e contra si mesmo. unha competición que ninguén podía gañar.
curiosamente e, aparetemente (claro), sen vir a conto suicidouse a tenra idade de 35 anos cun bebé dun ano por ahí. non me sorprendín o maís mínimo. outra xente ficou boquiaberta.
buscar xustificacións é o que ten, se cadra un día non atopas ningunha.
8.3.06
un ano de DESORDE
a teoría do caos.supoño que son dado aos cabodanos, aniversarios e cousas desas. hoxe fai un ano comezaba desorde: teño máis dunha ducia de razóns de para que serve un blog pero ainda busco máis, supoño, busco unha razón global. tamén hai quen lle busca xustificacións ás drogas, aos gustos culinarios, incluso hai (sobre todo había) xente que lle busca razón ao mero feito de vivir, así que no fondo é unha gilipollez. quén quere razóns? por outra banda foi un ano de variacións, cambios, reencontros e encontros. e si, tamén de moitas e fantásticas, xeralmente, desordes.
7.3.06
brooklyn follies
merqueina onte, estou agobiado de traballo pero non a podo soltar. voltou o mellor Auster!
Adrián
anuncio que hoxe pola tarde o meu amigo r(o) e a sua moza m(n) acaban de ser papás. estou moi contento e repítome o novo nome para non esquecerme nin confundirme. de un ano a esta parte teño aberta nunha nova carpeta no disco duro cos nomes dos bebés. :-) qué ben!
6.3.06
de Cave a Auster
ben, remato o impresionante, extrano e turbador 'e o asno viu ao anxel' de Nick Cave: detrás hai un gran novelista que se adica a música ou un gran músico que tamén é novelista e
como veñen de publicar a última novela de Auster vou a librería con tranquilidade, disfrutando do rito, mércoa e depositoa na mesiña de noite. unha vez máis: unha novela de Paul nova e enteiriña :-)
5.3.06
4.3.06
2.3.06
católicos

o teatro Alfil de Madrid é caralludo porque ten ambigú no mesmo patio de butacas, así podes estar vendo a obra e chuzarte paralelamente. acaban de poñer alí unha bomba para protestar contra a última obra do fantástico Leo Bassi, Revelación, demostrando así que a diferencia entre occidente e os paises islámicos é únicamente cuantitativa, non cualitativa. aquí, os responsábeis, ao parecer, son estes ou estes ultradereitistas. liberdade de expresión.
1.3.06
:-D
esta entrada podería titularse 'xa sei para qué serve un blog' pero non o vou facer. sería como poñer un punto final á serie e da prequiza e morriña e seguro que o tema da para máis. vostedes saben. eso sí, cada día téñoo máis claro. tamén teño máis claro de que este país é extremadamente pequeno, reducido, un país-bonsai. senón o cren, visiten inseminario, o blog máis exitoso de todo o bonsai. todo isto mentres engado tresmilversos á axenda. podería ser: Me quedé dormido un momento y los valles se cambiaron por desiertos (corrientes circulares en el tiempo. Los Planetas) e tamén podería ser todo o contrario.
merda: decátome de q m. rivas xa fixo metáfora co bonsai antes, pero agora non vou cambiar nada.
Assinar:
Postagens (Atom)
