a peli de Terrence Malick non foi para tanto, máis que nada porque a historia de Pocahontas xa é coñecida, inda así está moi ben: a maravillosa forma coral de narrar, o ritmo... e a sempre interesante perspectiva que se repite nas suas pelis de persoas atrapadas. atrapadas en situacións sen saída.
das cousas que máis me aledan é deixar estupideces atrás. estase moi ben: as estupideces, mellor dende a barrreira. incluso chegan a ser divertidas senón foran patéticas.
logo, saio de aldeagrande a aldeapequena cun disco de Luna (penthouse) e todo está moi ben, hai
algo de neve e repito cine en aldeamuralla: orgullo e prexuicio baseado na obra homónima dunha das miñas escritor@s favoritas: Jane Austen. a peli non está mal. só me irrita a lectura xeralmente miope que se fai de Austen. hai que dicir, ademáis, que a miopía soen aportala mulleres (os homes non a aportan porque non a len, eles a perden). Austen escribiu esta novela con 21 anos e iso sempre é algo que me da que pensar.