28.12.05

Non nos confundamos

Nas cidades pequenas, ninguén se coñece entre sí: todos se controlan mutuamente, como os depredadores na sabana.
Nos países pequechos a cultura nacional deriva en testemuña folclórica: o tamaño importa.
Nos grupos pequenos só hai lugar para dúas ou tres vanidades.
Nas cabeciñas pequenas só hai espacio para o líquido intersticial (aburrimento).
Nas violencias pequenas o mal é tan monstruoso como nas grandes: o número non importa.
Soan my bloody valentine, spacemen3, saint etienne... e mañá retorno á meseta onde me esperan abrazos, sorrisos, bicos e conversas eléctricas, pero antes pasarei pola Aldeamuralla para un paripé...

27.12.05

autorretrato


Hoxe vou crer que unha parte é o todo, así meu ollo son eu.
Outro día pensarei o contrario.

particularmente, nada. un pouco de selección natural

Nada en particular: encher o bandullo, forzar o fígado, dar e recibir regalos, calibrar o amor da xente lonxana en función de chamadas, mensaxes, mails... ou calibrar a animadversión ao nadal ou incluso a tolerancia á animadversión ao nadal.... Nada. Logo Windfarms, neve e frío pero teño un fantástico gorro novo, italiano, flipante.... Chámanme de urxencias: todo segue en pé. Logo túnel entre Aldeapequena e Aldeagrande. E en medio de todo isto penso e repenso o ano que ven, os anos que veñen, en termos profisionais: calibración de precisión a cegas...
Abro blogger e penso que os blogs están sometidos ás leis da selección natural: hai moitos (en galego, ao parecer, preto dos 1000!) pero só algúns teñen interese, interese en función do meu afán predatorio, en función de que habitan no mesmo ecosistema ca min. Algunhas especies vanse extinguindo, outras aparecen e quédanse: gosto das proteicas e das magnéticas.

23.12.05

Disorder way of live. Wolf: conto de non-nadal

fuxida? decátome de que esta semana arranxeime moi ben para non traballar moito cando o necesito (moitísimo) e non sei se tanta noite vai ser unha fuxida, un descenso ou un paseo polas nubes da delicia nocturna que tanto me gusta. Abrocho o cinto e a disfrutar. One more time!
Conto de non-nadal. Por diversas circunstacias, X e o diputado Wolf coñécense. Como X, ademáis de pasarse moito coas coñas, ten calado a Wolf, éste desenvolve unha contida animadversión que inmediatamente é correspondida cunha humorística animadversión. A X entralle unha rapaza nun bar de xeito descarado, desmedido pero chispeante e divertido, a rapaza está nun grupo no que se atopa o deputado Wolf. A química entre a rapaza e X irrita a Wolf. Pasa unha hora e a rapaza, xa noutro local, fala con X. Ao parecer Wolf defunde * que a X encántalle a fariña. Pero, como todo mal político, Wolf erra no calculo e resulta que á rapaza si que lle gusta a fariña, así que cóntallo todo a X e ademáis ofrécelle meterse xuntos.
* as difusións de Wolf son ben coñecidas, comunmente acusa de ser sociata.

21.12.05

Liquidación de existencias

Hoxe, por fin Marcos Lorenzo presenta o seu libro 'Liquidación de Existencias' prologado por Antón Baamonde e eloxiado por un montón de peña entre a que me inclúo de xeito entusiasta e un pouco juligan.
Ónde: Galería Sargadelos de Compostela, as 20 h.
Ademáis e mercar o libriño, podédelo descargar aquí.
¿Y por qué habríamos detemer al misterio?
los teleñecos son, para mi, una referencia principalísima de carácter.

20.12.05

El Evo

Estivera nun mitin do Evo Morales en La Paz, creo lembrar que fora no 2001 e levaba un rebaño de cholitas con il (e isto non é nada inocente). Agora xa é presidente de Bolivia. Felicito a Yuri e respondeme feliz dende 'la Nueva Bolivia'. A min parecérame un demagogo e bastante xenófobo. Xa veremos, pero non sei se me da máis medo que esperanza. En calquera caso, todo sea por pararlle os pés aos yanquis, responsables, en boa medida, da situación dun dos países máis espectaculares e amables deste planeta.

apuntes sobre a etoloxía do lobo

Nun redil entra un grupiño de lobos. As ovelliñas asústanse e corren en todas as direccións como tolas ata que a moitas delas, entre o susto e o esforzo, dalles un infarto (si, aos bechos tamén lles dan infartos, non só os homes de 50 fumadores, obesos, bebedores e estresados). O caso é que os lobos non o poden crer e métenlle dentelladas a todo o que teñen a man (ou a colmillo). Normalmente aturúllanse tanto que ao final saen do redil sen papear nada. Síntome un pouco lobo no redil do traballo.

17.12.05

Rwanda

En Rwanda hai un tipo condenado por xenocidio sen que nunca empurrara un machete. Limitábase tan só a falar pola radio. Lembroume a esto.

candidatos

Onte contáronme unha boa historia: hai tres candidatos a presidente do teu país: 1. é mulleriego e un pouco zafio, 2. é un gordinflón que se bebe unha botella de güisqui ao día, e 3. é un vexetariano, respectuoso coas mulleres e os cans, condecorado en batallas anteriores.
A quén escoller? 1. foi Rooselvetl, 2. foi Churchill e 3. Hitler.

panos de papel con debuxos chorras

Tiña a costume de pintar frores e chorradas nos panos de papel mentres tomaba cafés con leite. Ela, servíao e cobráballe. E observábao. Un día comezou a recoller os seu panos cos debuxos chorras, cando tivo moitos pegounos nunha parede branca. Alguén decidiu que era arte e contemporánea. + info, aquí.

Desorde news

Editorial
O pasado non pasa
Nacional
O pasado non pasa porque condiciona o futuro
Internacional
Teño as fronteiras ateigadas de emigrantes que pretenden fuxir de min
Local
Nublado, pequeno, valeiro, grúas e eucaliptus ao borde do ceo.
Futuro
Sono. Desdóblase. Érgome con anguria e logo confirmoa (a ver se a estas alturas vou ter que comezar a crer -firmemente- nos sonos premonitorios. no azar xa creo).
Sociedade
Esto xa non ten remedio.
Deportes.
Na sección de deportes do corteinglés perdo a copa de europa por goleada. Ademáis son expulsado por mal comportamento. Ademáis vou dopado. Ademáis lesiónome (tempo de recuperación descoñecido pero prevese longo). Ademáis.
Ciencia
O Falcón pelegrín abátese sobre a sua presa, implacable, pero aí! crúzase outra e perde ambas.
Corazón.
Todavía vive
Tempo
O ceo cuberto e plomizo dará lugar a unhas chuvias típicas da época que traerán logo ceos azuis e tempo soleado.
Opinión.
Opino que nunca me entero de nada.
Necrolóxicas
Hoxe morrín un pouco. Vamos, creo que debe de ser moi parecido.

13.12.05

Paradas entre a brétema

  1. No medio do traballo fago paradas á parada biolóxica. Así traballa calquera. As paradas, todas, acaban por parar, por eso son paradas, non o fin.
  2. Logo voume de aldeagrande a aldeapequena e de alí as windfarms. De novo véxome no fondo dun océano de brétemas procedentes directamente do Cantábrico. Por días, esta ocupación parece simplemente un sono incomprensible e un pouco desagradable.
  3. Escribo sobre o escrito en loa ao producido por Aristógatoff: é o momento da verdade, non? a comparación é a primeira unidade de información (eboca en L.D.E.). Próximamente máis información e menos críptica.
  4. Leo un titular e non podo seguir: non sei se hai xente que é directamente unha filladeputa ou simplemente tarados terminais, ou quizáis ambas cousas: pinchade aquí e vomitade. Ben, eu non entendo este tipo de humor.
  5. O punto 4, lévame a pensar que é posible a/ que exista o mal absoluto, b/ hai xente lista que consegue burlar as medidas de seguridade do psiquiátrico e marchar sen as mediciñas e c/ hai grupos de cachondos que nunha noite de copas apostan a ver quén pode dicir a burrada/estupidez/maldad máis grande.

8.12.05

indie

Fixen o test How indie are you? (A(o) dí que son insultantmente indie)
Resultado:
You are a scenester! You are so indie it hurts. You hang out with the coolest people in your city. It doesn't even bother you that none of them know your name. You know lots of bands personally, you know a couple of guys from We Hate The Mainstream Records, and you blag your way into getting almost everything for free. That fanzine you write gives you extra kudos. You probably don't even care that non-scenesters think you're a pretentious fuck.

Tempada Murakami

Primeiro veu Tokio Blues, logo Sputnik, meu amor, seguido de Crónica do paxaro que da corda o mundo e agora Ao sur da fronteira ao oeste do sol. Esta sendo a miña tempada Murakami. Non todo é maxistral pero todo é atractivo e perturbador; a Crónica é un libro grande en todos os sensos, extrano, inquietante...

M(o)!

M(o) falaba galego con elegante acento francés, amaba o teatro e era intelixente, sensible, elástico.... e por iso marchou a París, porque en aldeamuralla, o seu horizonte teatral era moi baixo; aprendeu cos mellores, logo baixou a Madrid e deslumbra nos escenarios clásicos, da cursos e segue a sonar. Hoxe espertei coa sua chamada: vai ser papá e vense vivir a AldeaGrande, 15 anos despois volta á terra.
Facía moito tempo que non amencía tan contento.

7.12.05

CATARRO
pesadez, dor de cabeza, de músculos, mocos, narices atascadas, estornudar, tusir

5.12.05

contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contramiña contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contradito contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasono contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrastes contrasinal contrasinal contratodo contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal contrasinal

4.12.05

Áfricafilia


Vou ao concerto de Salif Keita no Auditorio de Compostela. Pásoo moi ben e quedo realmente impresionado con tal despliegue de enerxía e ritmo. De ser colonizado, quero que me colonice África enteira. Pensei que África vai ser o futuro por enriba das guerras o sida e a crise ecolóxica, téñoo claro. A evolución da especio humana comezou alí.
Un tipo, logo do concerto, queixase de que non ceamos ben. Non sabía que agora chamáraselle así. Necesita África. Todos.
Miro ao meu redor e conclúo que necesito moita concentración e disciplina este mes. O calendario paréceme breve.
Comprobo tamén como as chuvias destes días deixan as beirarúas limpas.

2.12.05

outros

Outros ....... además de eboca (a ver se evoluciona esto un pouco!), do ollo da vaca, orballo....... (varios máis que manteño en reserva) veño de atopar dous blogs tan interesantes como diferentes: vsqn e cartafol de silencios. vsqn lémbra a Midori e cartafol aparece gracias ao ollo.
Atopar non sei se é unha palabra axeitada, descubrir tampouco..... quizáis abrir unha porta, eso, veño de abrir duas portas.

1.12.05

no ardieras

1.- Unha parella + outra parella + unha persoa + outra= tres parellas. Non?
2.- Acudo á presentación do novo libro de L. Presentación tediosa: non creo que a ninguén lle guste que lle fagan una tese doctoral sobre o libro antes de que se venda. Tanto amor...
...e no medio del conclúo (unha vez máis) que a poesía só é unha experiencia íntima (compartida ou non). Pública, sempre pareceume porno.
3.- Hai un punto 3. Sempre o hai.
4.- En el castillo de donde las dan las toman
hay una cama reservada para ti.
Alguien te vio salir volando en una escoba,
no había necesidad ninguna de mentir. No ardieras, Los Planetas

Xa sei para que serve un blog. 9.0

É o meu coto de caza privado.
Disparo contra o que quero.