30.10.05

Extrana sensación ornitolóxica.

Extrana sensación. Esta fin de semán celebrábase o VI congreso galego de ornitoloxía; é o primeiro na miña vida ao que non vou e fágoo en parte por decisión propia en parte por falla de tempo. O caso é que teño unha sensación extrana pero pracenteira, creo que me liberei (ceibei?) de algo, pouco se aprende nestes rollos e o ambiente leva anos enrarecido. Coméntanme que foi moi pouca xente, quizáis todos temos a mesma sensación.
A ornitoloxía ou a simple observación de aves pasou de estar na vangarda do disfrute da natureza e a fronte da sua defensa á ser unha especie de club de antisociais, estreitos de miras, sen compromiso e bastante egoístas; unha forma máis de onanismo moderno disfrazado de rollo serio, puro coleccionismo de especies, puro fetichismo pola rareza, pura exhibición de vanidades microscópicas. A nivel profesional, o marco é tan estreito que máis que competir, golpéase ao 'outro'. Falando de esto con outra xente doutros lugares, por ex. J(o) en Doñana, ten a mesma sensación. Así que, estou xenial descansando este domingo chuvioso no que unha garza real pasou diante da ventana.

Túneles

As veces, o outono, o inverno, ou esto, é un como un túnel, un túnel físico: Saio da aldea (pequena) de noite, chove e métome coa furgo nese túnel longo; o chan é o asfalto, teito e paredes son escuridade e auga. Ao final do túnel está a aldea (grande). Hai luces, hai silencios e ruídos de fondo. A casa cheira un pouco a cerrado. Hai unha cea, hai noite, hai chispas, espellismos e colegas. Un pouco o de sempre, pero está ben.
Este outubro está pasando á historia por ser o meu primeiro outubro inédito dende que teño 18; agardo que tamén sexa un tunel con saída (pronto!!).
" A partir de parvulitos, todo foi a peor "
Psichopoet, Outono 2005

27.10.05

2520

  • Kilómetros: 2520
  • Días: 7
  • Consumo de pelas: desorbitado.
  • Consumo de gasoil: desorbitado.
  • Motivo real: voda do meu primo en Huelva...
  • Motivo ideal: ver aos colegas de Doñana, estar en Doñana, ver paxaros en Doñana, estar en Andalucía, ver paisaxes bonitas, mercar aceite bon, cruzar Extremadura, ver á colega de Extremadura, observar aves en Monfragüe...
  • Resultado: Satisfactorio
  • Puntos destacados: moitos inda que non hai ningunha forma coñecida ou recoñecida de práctica sexual.
  • Puntos negativos: o luns, en medio da Reserva, chámanme da empresa; non podo non facer un traballo que comeza forzosamente esta semana, así que programo estar o xoves 27 en Ourense, entre Verín e Xinzo. Fágoo, pero é unha paliza e un stress, menos mal que tamén se cobrará algo...
  • Ida: O Corgo, Benavente, Zamora, Salamanca, Béjar, Cáceres, Mérida, Almendralejo, Sevilla, Huelva. 11 horas, 913 km... acompañado de irmás. Vexo 9 touros de Osborne.
  • Estáncia.
  • Voda: no medio da voda observando ao meu primo penso que o que nos fai felices, ou infelices, de coñecer persoas non é a persoa en sí senón o universo que nos abre (ou nos pecha). Acabo nun lugar infame chamado Pachito, franquicia de Pachá de Ibiza... lamentable. Confirmo que a miña familia (primos, etc) e máis eu vivimos en universos cercanos, paralelos pero cun campo de forza intermedio que nos impide intercambios varios. Pero non pasa nada.
  • Colegas de alá: ben, o neno de J(o) é igual a él. A muller, ben gracias. O caso é que retomo un pequeno máster en ecoloxía, paxaros e actualidade científica. Impagable.
  • Doñana: seca. Pero vexo de todo incluíndo a águia imperial. Subidón, unha vez máis.
  • Banda Sonora da Viaxe (BSV): Los Planetas, Rinocerose, Sonic Youth, Madrugada, PJ Harvey, Nick Cave, Jeff Buckley, Sigur Ross, Nadadora, Mercromina, Housemartins, Tindersticks, Saint Etienne, etc (hai cousas que non cambian moito).
Cervexa, pescaíto frito, aceitunas, puntillitas, gambas....
  • Regreso: Bollullos de la Mitación, Sevilla, Mérida (stop, dunha noite alcohólica e divertida con M(m)). Continúamos, M(m) e máis eu. Monfragüe!! sempre xenial, atópome cun tío que me lembra da SEO, increíble. Contínuamos ata León: cea cos colegas (con casi todos, que outros que teñen unha pequena teñen (tes) que marchar. Moi divertido.
  • Madrugón: León-Verín. Xinzo. Mal tempo. Traballo aburrido. Tedio.
  • Xa estou no Corgo. Menos mal. A medida que me achego, Compostela chámame en forma de chamada ou mensaxe.... Voltarei.

20.10.05

EHT

Morreu Eduardo Haro Tecglen. Antes de irse xa se sabía o que ía a pasar, así os blogs anuncian a morte de un antes de que ocorra. Supoño que os fachas e os ñoños estarán máis tranquilos hoxe, sen ese látigo de intelixencia, precisión e agudeza.
No 88 morera o seu fillo Eduardo Haro Ibars, excelente poeta daquelo que se chamou a movida. Moi recomendable.

Plans

Non fago máis que mudar de plans constantemente... por qué parezo que non o fago nunca?
Non estou de viaxe. Estarei mañán (-disfrute+paliza)...

18.10.05

Alien

Pasei por Lugo city logo de traballar. Quedo con R(o) e ímonos de tendas e de cafés. Di que parecemos dúas tías (eu penso non está mal). Camiño por Lugo e síntome como un alieníxena; paréceme extrano porque vivín 21 anos nesta aldea. A paisaxe humán segue inmutable. De todos xeitos o máis raro foi entrar na cidade e ver o novo megamacrocentro comercial, Lugoamericanwayoflife? é adhesiva a estupidez?

Tempos modernos

Domingo, comezo a traballar as 17 h., ceo, continúo ata as 02 h. do luns. Luns, érgome as 7 h., marcho para o campo, traballo, regreso as 19 h., continuo a traballar ata as 22 h....
Aquí creo que falla algo.

15.10.05

Espléndida sorpresa: noite e pasado danse a man para que reapareza A., que segue a ter o sorriso espléndido e os ollos tan intelixentes como seis anos atrás (seis anos!!), intercambiamos o número, chamaremos, lémbrame que ten o Cuarteto de Alejandría na mesiña de noite. De pronto síntome moi ben.

14.10.05

Problema de denominación

Ao final creo que teño unha teoría ao respecto, debinme decatar antes pero non. Ao fío do pxxx rollo ese do Estatut de Catalunya observo que todo se reduce a un problema de vocabulario. Explícome: para os fachas e a igrexa o problema non son os arrexuntamentos gays senón que a iso se lle chame matrimonio (curiosa teoría pero non creo que digan a verdade, fagamos como que si); ben, pois o mesmo pasa co termo nación, por moito que algúns e outros se empeñen en chamarlle dun xeito ou de outro a un lugar, para algúns vai ser nación e para outros pois non, pero todos sabemos o que é... ou 'chámalle como queiras'.

X. X

De casualidade vin de novo Reality bites na tv de pago. Foi aquela peli bastante intrascendente que se supuña falaba da Xeración X, á cal se supuña, pertencía eu... suponse que somos da X pois os nados entre os 60 e os 70....ou máis ben os que eramos teens nos 80, algo así. En calquera caso eu tiña que ser desa xeración. Hoxe está todo xa esquecido e non deixo de sentir, de novo, nostalxia: é un outono nostálxico e ademais iamos cambiar o mundo na década dos 90 dende os sofás nos que veiámos a tv... por exemplo como caía o muro de Berlín porque era un momento desesperado, Kurt Cobain pegábase un tiro e todas as firmas comerciais do mundo púñannos no seu obxectivo, xa non había Pacto de Varsovia e todavía non eran malos os musulmáns.... Todo era intrascendente como a novela que deu o nome a xeración: a Generation X de Douglas Coupland; si, intrascendente e plana pero eu téñolle cariño porque, entre outras cousas, leínna tarde de man dunha fonte de melancolía.
X.

12.10.05

Onte noite festa aniversario da va-ca bastante divertida nun local moi chulo.
Hoxe, máis catarro e corpo mallado e, a pesares de todo, curro como homenaxe ao día da patria e todas esas cousas. Poño a Nick Drake pero a súa melancolía, hoxe, é pouco aturable, así que opto por Coldplay e Tricky, para alternar a enerxía e a suavidade. Coido que teño que frenar un pouco.

11.10.05

Un pouco de lado escuro


A verdade é que levo días con certo desacougo por esto da vaia. Non é que estea a pasar nada novo, só que é máis espectacular: dentro duns anos a única cultura que haberá chamarase Hollywood. O Reino de Marrocos abandoa esta xente que ten todo o que non temos nós (fortaleza, determinación, valentía, collóns e fame) no deserto, por qué non os matan directamente? (link a embaixada de Marrocos para protestar, eu voulles mandar un mail). Por outra banda catástrofes en Centroamérica e Asia, furacán e terremoto. Non sei se é porque estou a traballar concentrado ou que xa estou insensibilizado pero todo parece un decorado lonxano.

Aquí, vexo unha foto en www.xornal.com dun castelánfalante que sempre fala en galego ao seu pesar; paréceme moi significativa, beleza interior e todo iso.... sinto desacougo ao mirala; parece unha mezcla de chulo, putero, alcohólico, fascista, arrogante, acomplexado.... dark side.

10.10.05

O día que entrou o outono

A pesares da espiral atópome poderoso e por iso collo a bici e, sen máis, subo ao Pedroso. Vou controlando os latexos do corazón e en plena subida, pero sen esforzo máximo chego a 160... (está claro que perdín moito....), descendo a bastante velocidade non sen certo medo (está claro que perdín moito... bis) pero segue sendo moi pracenteiro porque a cabeza só da para estar concentrado en non darte unha boa hostia. Xusto cando enfilo a casa, ponse a chover, acorto pola zona vella; chove moito e todo está mollado, a xente refuxiase nos cafés e eu sinto un certo pracer en atravesar Calderería a toda hostia ata que unha rapaza se cruza, freno a tope e consego esquivala, pero caio, xa a pouca velocidade... disculpas... (a xente, refuxiada nas tendas mira eu penso que están pensando que por fin pasou algo diferente este domingo, por fin hai algo que contar), sego a toda hostia pero xa estou mollado e vai un frío do carallo
Segue a medio chover e collín un catarro da hostia, así que o outono por fín chegou.
Póñome a traballar, vou con retraso e agobiado (unha vez máis), así que o outono por fin chegou.

8.10.05

Obxectivo vs. obxectivos

Teño un problema (non son o único). Nunca sei qué é mellor, se marcarme un obxectivo claro e sólido e perseguilo a morte ou manter abertos múltiples obxectivos e dispararlle a aquel que a oportunidade me indique, ao tempo que estou aberto a deixarme traspasar por novos obxectivos. E(vo), onte a noite, díxome que non me obcecara e no contexto no que estabamos tiña toda a razón do mundo. Pero claro, eu nunca sei o que é mellor e todo limítase no fondo a esa cuestión. O do obxectivo único sempre ten boa prensa (sono americano), pero as especies que sobreviven sempre son as xeneralistas, eclécticas... non sei.

Decidir

Hai moitos xeitos de tomar unha decisión. Unha pode ser disfrazala de indecisión, outra podería ser a dualidade actividade/pasividade. Ben, comprobo, como xa fixen noutras ocasións, que ser activo na toma de decisións ten un custo elevado. E inda por riba parece que o desorde só está reservado aos/ás pasivos/as: as victimas sempre gozan de boa reputación.
Xa mo decía meu pai: ti, non destaques, ti, non te signifiques. Vale, pero nunca me saiu facerlle caso e ademáis encántanme as letras de desamor dos Planetas: ternura e crueldade.

Xa sei para que serve un blog 7.0


Hai días nos que non se che ocurre nada que contar. Non é que non falara con xente, que non me fixera algo, que non escoitara chistes graciosos ou non, que non me pasaran cousas interesantes, absurdas ou intrascendentes... non, non é eso: simplemente non se che ocurre nada que dicir. Ese misterioso camiño que vai dende a experiencia ata a memoria, de alí á vontade e logo diríxese cara as cordas vocais ou, neste caso, á punta dos dedos, resulta que está pechado.
Así que un blog é un xeito de decirlle a ese camiño 'ábrete mamón', e vai e o moi mamón ábrese. Deste xeito, todo é un supoñer, un blog pode server como lubricante neuronal, un lubricante barato, sinxelo, que se pode compartir e que incluso produce rendemento nese grupo de supervivintes que son as miñas neuronas.

6.10.05

Business e +

Os negocios foron ben. Xoguei e gañei. Pero no piso 11 dunha das torres de LaCoru transpirei como nunca. Dentro duns meses non sei qué vai pasar: cambios, desorde... Camiñei algo por esa aldea pretenciosa rodeada de Atlántico e atopeime cos lugares coñecidos daquel periodo furtivo e maravilloso; non podo deixar que se cole no estómago unha gota de amargura.
A R(ina) todo foulle ben tamén, marchou fai un rato e penso que o pasou ben.
Agora sego afogado en curro por culpa dunha xxx desordeada (como nota cruel comentar que la depilación laser, as veces, máis que un luxo é unha necesidade e debería estar pagada pola S.S.). Sona Lali Puna e Galaxy 500 mentres tecleo un informe... e as 19.30 irei á presentación de E(vo).

4.10.05

Non-estar 2.0

Fai pouco lin, non sei onde, a verdade, unha definición de estúpido bastante interesante: estúpido é aquel que causa perxuicio aos demáis sen vantaxe ou beneficio para sí mesmo, ou incluso con perxuicio.
Lembreino por determinados acontecementos.... qué bonito é non-estar!

3.10.05

Extra

Acabo de poñer o post anterior e paréceme moi pouca cousa despois de toda unha semana de vacacións por ahí, estando vos como estades: desantendidos. Así que poño unha cousa que me gustou. Disfrutádea.
Ainda lembro
o vértigo que sentín no abismo da tua pel branca

aquel acantilado de medo
a sementar leiras descoñecidas.
ainda lembro as fronteiras que pintei no borde da tua pel
límites fantásticos inexistentes
como cancelas no vento
como raias no mar
Na liberdade cálida das tuas verbas
Eu,
Verraba para non escoitarme a min mesmo
Mentres miraba o meu arado e o xugo que me cinguín

Ainda lembro
Aquel serán no que todo poido ser
Serán de septembro feito de viño, sol e vento
Eu trazando fronteiras mediavais
Ti sabendo, no borde da tua pel.

Periplo

Pódese resumir moi doadamente: Coche, Picos de Europa, máis Picos de Europa, subo, baixo, cultura vasca: sexua, orgasmoa... etc. sidra (mareo).
Logo: León de novo, o máis destacable, a tremenda parrillada en conmemoración do nacemento de E(ías), un neno que durante un mes non tivo nome, ou tivo dous. Todas/os parecen estar ben. P(i) chegou xa dos sue viaxe Boliviano e parece que todo segue igual.
En León vexo escrito no fondo duns ollos verdes que coñezo moi ben 'confórmome'. Pero bastante ao fondo; eu abstéñome de xulgar as soidades dos próximos. Todo elo lévame a pensar en tempos pasados da miña propia vida que agora parécenme insólitos. Pero ahí están, supoño, nalgures.
Logo volto para Compostela. E aquí todo segue igual ou peor porque unha xente exixe en dous días algo de facer en dous meses.