31.8.05

Artigo...

... parece que gusta e estou contento porque era meterme nun lío tremendo e parece que saio ben, pero dame a impresión de que tanto intento suavizar a miña parte máis provocadora que ao final pareze todo tan contido e correcto... ou será que no medio de tanta historia pasa todo inadvertido... suavemente...
por unha parte ben e pola outra menos ben.

Tokio Blues

Rematei Tokio Blues de Haruki Murakami. O título orixinal é Norwegian Wood (unha canción dos Beatles) e o primeiro que non entendo é porqué lle mudaron o título para o castelán, nin idea, pero paréceme bastante tonto.
Lera unha crónica na que se decía que era feble e unha novela 'adolescente'. Obviamente pode parecer adolescente, porén conmoveume porque ten todo o que importa precisamente da adolescencia, é dicir, todo o proceso de aprendizaxe e cambio que supón. Tamén supoño que me conmoveu algún tema que se deixa ver de fondo: a fascinación polo valeiro, a indecisión e o descubrimento (revelación) da ledicia ou o fin do medo a ser feliz. O final cada un xulga as novelas (e as pelis e todo) polo que poidan ter de persoal. Así que, sen ser unha novela excepcional, conmoveume, como o fixeron ás referencias que contén á Montaña Máxica de Mann.
De todos xeitos hai dúas cagadas tremendas: Tokio, 1969/70; que eu saiba nin alí, daquela, había CDs nin fundas con puntillitas para móbiles. Non?

30.8.05

A xeografía do Desorde

Todo flúe a través da xeografía do Desorde.

Un pouco de lume en forma de artigo.

Remato de escribir (e revisar) o meu artigo sobre o lume. Atopeime o venres pasado a A.Q. e díxome que a pesares dos 6 folios o meterían por algún lado. A ver que pasa, pero creo que algún parágrafo do artiguiño é un tanto incendiario. Vamos como se fora eu mesmo....

Menos mal

Leo na prensa que Fraga, agora xa sí, descarta presentarse ás próximas eleccións. Non sei vostedes, pero eu quedei moito máis tranquilo. Aún así esto xera un gran Desorde: non é a primeira vez que Fraga minte e o feito de que o diga sinala que vivimos nun país de tarados. Vamos digo eu.

26.8.05

O día en que o subconsciente me asombrou

Esperto cunha semipesadela de baixa intensidade onde dous desagradables cuesións reais se fundían nun único sono, non sabendo se estou máis asombrado pola sutileza e maxín do meu subconsciente que revolto polo desagradable do sono.
É obvio que o brutal rodicio brasileiro da cea tivo algo que ver porque ata había un vexetariano.

25.8.05

Eficacia


Onte, dende a autopista, de Compostela a Pontevedra, víase unha espectacular nube de fume procendente un tremendo incendio en Lousame.
Saquei unhas fotos dende o coche co móbil. A fumata branca de eucalipto anunciaba que había un novo Goberno que, moi eficazmente, encargou a presencia dun orballo intenso que rematou cos incendios.
O orballo non sempre está dispoñible.

Relativo

A creencia absoluta no relativismo, se fora posible, sería un xeito máis de absolutismo.
Algo terá que haber, quizáis algunha ortega e algún gasset.

23.8.05

Embrutecidos + Simples= lume

Boh! estou ata o nariz: todos os anos é o mesmo e hoxe temos que soportar unha entrevisa ao novo Conselleiro do Rural decindo que todo é un problema de orde público, vamos que hai uns delicuentes por ahí. É dicir que hai malos!
Eso é tanto como dicir que a luz é cando se ve, sen pararse a explicar que hay uns fotós e unha fonte de emisión...
Fin da dicotomía boina/birrete. Instauro a nova dicotomía: Embrutecidos e Simples.

22.8.05

Xelatina

Dame a impresión de que o tempo é xelatina.
Ou polo menos xelatinoso, non?

18.8.05

Desorde creado por pequenas cousas

  1. Comezo polo máis inmediato: unha dor de cabeza que me mantivo media tarde fora e con mal humor (podo rescatar o chiste dunha ex: cómo te va a doler algo que no tienes?)
  2. Cómo un mosquito de menus dun gramo pode causar tanto problema a un mamífero superior, coma min, todo un simio europeo.
  3. Dous turistas alemáns sesentones paseando por Compostela co mesmo horroroso pantalón verde pistacho (cando o teu estilista te odia). Lamentei non levar a cámara conmigo...
  4. Nick Cave estará xa cerca de Paredes de Coura e eu non estou alí. (Pero merqueime varios libriños).

20050817_xa moi de noite

  1. Non estou no concerto dos Pixies en Paredes de Coura.
  2. Non sei se irei mañá ao concerto de Nick Cave (& the bad seeds).
  3. Vin lagarteiros, miñatos, un falcón, unha gatafornela e varias tartarañas, unha delas pasou entre as aspas dun aeroxerador: eso é moi moi moi extremo.
  4. E(a) preguntoume en León de qué ía o meu blog. Disimulei un pouco pero non souben respostar. Ou si, dixen que era algo persoal que poñía o que me parecía. Soa certo pero non estou seguro de que o sexa. Ou viceversa.
  5. A nena de E(a) é preciosa porque lle falas e ri feliz. O neno de B se lle fas o mesmo límitase a observarte.
  6. Chevi é un deserto de montaña de Túnez e a nova cadela de MeV. Tamén parece feliz e boa persoa.
  7. Mañá mercarei un libro e un cd.
  8. P. di que Mr Vértigo é impresionante. Certo.

16.8.05

Manto de armiños

Viaxe a León e volta pola montaña. Segue a ser fermosísima inda que M(i) cóntame da liña de alta tensión que queren facer pasar non lonxe de Vegacervera. Dous armiños xogan nun camiño a escasos metros de nos. Quedamos en que temos que poñernos as pilas e sair sistemáticamente a todo aquelo que merece a pena: outono, oso e berrea; primavera, pita do monte...
En León quedo con L. e Aristógatoff; o seu rule parece que está a ser fenomenal; Aristógatoff leva un bañador de frores e cóstame maxinalo por Compostela así: en vacacións a xente fai cousas moi extranas.
Tranquilidade e calor.

10.8.05

Aldea

Todo vai máis lento (inda que soe a topicazo neorural). Pero non todo segue igual: no monte do Páramo vanme poñer un (puto) parque eólico, hai rumores de (puta) concentración parcelaria e a demandada (puta) autovía Lugo-Sarria- Monforte vai pasar a un par de kilómetros, como unha coitelada. Pasará sobre o meu río. Todos seremos máis veloces e máis pobres. Morreremos un pouco antes. Embrutecidos (ou é que xa nacemos así?).
sol
tronos e raios
choiva
sol

5.8.05

Xenialidade absoluta

É absolutamente xenial e rotundamente verídico. A mellor crítica de poesía galega dos derradeiros 500 anos, feita poloa aduaneiros sen fronteiras.
Non teño palavras.
Algún debe de estar un pouco indignado. ;-D
É que é xenial!!! estou emocionado!!!

Paripé

Estiven no paripé.

Agora hai que agardar se foi un traballo ou unha inversión.
(coma sempre).

2.8.05

Branta leucopsis


En algo debería notarse.
Branta leucopsis. Louro 28.07.05

Xa sei para qué serve un blog 3.0

Para que o lean os colegas e flipen co brillante que eres. Ou que non te achegas á altura das expectativas.

1.8.05

Conto gracioso (para gracios@s)

Erase unha vez!
que un par de inspirados (Ugio e Giana) deciden parecerse a alguén
Fan unha bomba, póñenna en CAIXA GALICIA, en Compostela,
píllannos, a bomba estoupa...
(píllannos porque IL decide sair de casa DISFRAZADO); métennos na cadea imputados por un delito de terrorismo; logo unha especie de Comité Popular Antirrepresivo Galego (ou algo así)
reivindica LIBERDADE para eles (Ugio e Giana). Así tamén me fago terrorista ata eu, poño bombas e se me pillan 'aaaaaaaaaaah, non vale, non vale, casa, casa, agora xa non xogo!!!' (gran coherencia e moi consecuentes).
ou:
- fillos de puta! mira que meterme na cadea por poñer bombas.
Ademáis abren unha conta corrente para meter cartos en solidariedade e apoio e, ónde abren a conta??? pois en CAIXA GALICIA.
Esta información foi recopilada en boa medida duns folios pegados polas rúas polo citado Comité.

....

... non me importa que me mates
se non morro