29.6.05

Sempre o sospeitei

Confirmo as miñas sospeitas: son un frívolo.
E cómo o sei? pois como saín a celebrar que gañamos o día 19 pola noite, estaba moi ledo e pillei unha boa cogorza. Decidiramos que había que festexar e ao parecer outra xente (non sei exactamente quén) decidiu o contrario e tamén, de paso, que eu, e máis os colegas, claro, eramos uns frívolos.

Haberá algunha cuestión étnica que nos impida desfrutar?

28.6.05

O conto cambiou

Cando espertei, o dinosaurio xa non estaba alí.

(gracias Augusto)

Gañamos 4.2 !!! + International Herald Tribune

Esto viña no International Herald Tribune do 17 de xuño:
End of the road in Spain?
ReutersFRIDAY, JUNE 17, 2005
MADRID Manuel Fraga, the last political survivor of Francisco Franco's dictatorship, risks losing power on Sunday in an election in Spain's isolated northwest region of Galicia.
A giant of Spanish politics, the 82-year-old Fraga has governed the rural region virtually unopposed since 1989, making it a fiefdom of the center-right Popular Party, which he founded.
But opinion polls show Fraga may lose his majority in the 75-seat Galician Legislature after a campaign plagued by gaffes and embarrassing outbursts.
That would open the door for Spain's governing Socialist Party to form a coalition with regional nationalists. The Popular Party was ousted in the national election in March 2004 after the bombing of trains by Islamic militants.
"It is obvious that the once indestructible Fraga is no longer in condition, either physically or mentally, to continue in power," El Mundo, a right-leaning newspaper, said in a editorial.
Fraga's campaign has caused embarrassment to the Popular Party's leader, Mariano Rajoy, who has returned to his native Galicia to campaign.
Fraga was forced to apologize after comparing wavering voters to women "who don't give an honest answer if you ask them how many men they slept with."
Fraga is no stranger to gaffes. During a shooting trip with the family of Franco, a fellow Galician who ruled Spain from 1939 to 1975, he accidentally shot and wounded the dictator's daughter.
Fraga's record in modernizing Galicia was marred by his handling of the Prestige oil tanker disaster of 2002, which tarred Galicia's rocky coves and unspoiled estuaries with noxious fuel. Millions of euros in subsidies helped to clean up the area and to soothe tempers.
"Fraga has been a populist leader," said Carlos Barrera, a historian at Navarre University. "It is likely he will lose, but not certain. His problem is he needs a majority to win."



Chama M. dende a Quintana: hai festa rachada!!! así que algúns celebrámolo dúas veces!!!

Gañamos 4.0!! Por fin!! 1.0

DESTA FOI.
FREEDOM FREEDOM..........................
A verdade é que non é exacto que gañaramos, a verdade é que eles perderon.
Comeza a Transición. Quizáis hoxe comecemos a ser un país normal, normal, sen sobresaltos nen arroutadas, sen festas gastronómicas... quizáis é moito pedir, pero agora podemos.
Teño unha extrana sensación de tranquilidade. Se fora budista levitaría lixeiramente e como non o son creo que me vou poñer unha copa de algo.
Bicos a tod@s!!!

27.6.05

Gran país

Un Gran País recoñécese doadamente. Aquí somos grandes en estupidez: a medida que sube a temperatura batimos records de consumo eléctrico. Cómo era aquelo de desenvolvemento sostible?
Hai xente acatarrada polo frío do aire acondicionado. Gran País.

Xa sei para que serve un blog 2.0

Acábaseme de vir a cabeza. Un blog é exhibicionismo.
Pero en plan tímido, levo antifaz.

23.6.05

Sombras

O que está a facer Fraga, neste intre, é tender sombras por riba do proceso electoral dos emigrantes... quén o diría, pódese ser máis cínico? ben, así o futuro goberno de coalición terá riba a lousa da deslixitimidade. Fantástico!.

O outro día non comentei algo de interese planetario: Ultranoite na NASA contra a tortura. Creo que cheguei a esbozar tres ou catro sorrisos e rin un par de veces. O mellor foi que non se espiu ninguén tipo strip tease, algo é algo. Apunto en cousas para non facer nunca xamais: 'non ir a unha ultranoite', ' non sucumbir á tentación'.

Hoxe pola mañá cedo, camiño do monte, había unha lúa fermosísima, grande, redonda, laranxa, con cráteres a simple vista... Logo desapareceu. Vin: varias tartarañas, unha águia cobreira, un águia caudal, etc hai días agradables.
E hai noites agradables como a de hoxe, San Xoán.

22.6.05

Gañamos 3.0

Que sí.
A non ser.
1. Que o PP faga trampas. Ben, esto é unha tontería, a dereita sempre fai trampas. Ben, esto tamén é un pouco tonto porque a esquerda tamén as fai, ao fin e o cabo buscan o poder e o poder é unha trampa en si.
2. Que pase algo raro.
3. Que se produza posteriormente un efecto Tamayo.
Entro no foro de Vieiros e flipo en colores. A U (Unión de Puros Galegos) xa está a atacar a Beiras e claro a la Coz de Galizia. Si, si. Lembremos que a culpa sempre é dos demais. Nunca dun mesmo. Noutros partidos nunha situación así, terían dimitido, pero ao igual que no PP, aquí nunca dimite nin Deus.
Creo que hai uns cantos que non terían ningún inconveniente en quedar con Fraga de Presidente con tal de que a U non quedara tan descalabrada. Inconveniente? qué digo? Estarían encantados porque agora van ter que gobernar e xa se sabe: é máis doado beber viño que facelo. Qué ben se vive na oposición.....! E unha vez gobernando, resulta que ata tes que mudar algo, e mudar algo significa que tes que mudar tamén o teu análise da realidade.....
- En qué lío nos metimos!!
- Si, ho!
Eu sei que estea onde estea o luns, vouno celebrar por segunda vez. Non se cambia de era todos os días.

21.6.05

Xa sei para que serve un Blog

A resposta era sinxela e estaba ao alcance da mao.
Un blog serve para falar dun mesmo e coidar o noso ego.

País cutre

A (ultra)dereita, segundo todos os indicios perdeu, non?
pero qué (ultradereita) cun Fraga á cabeza, un patrón vello, vello e novo dictador.
Parece que por fin hai un punto de inflexión no voto cautivo así que non entendo a tristura e falla de entusiasmo de moita xente. Qué querían? pensaban seriamente que ían arrasar logo de 500 años de feudalismo? ou será que simplemente vivimos nun país cutre?

20.6.05

Gañamos 2.0 (qué si!)

E vai G. e fai unha atinada análise galaica: non se sabe se subimos ou baixamos, se gañamos ou perdemos.
e a pregunta de perdemos? podemos contestar depende
e a pregunta de gañamos? podemos contestar depende

Celebreino. Non ía ser menos. Logo de meter a pata fondamente con media lista de números grabados no móbil dando por certas a merda de enquisas que soltaron, non quixen menos que beber e rirme. A min unha mala enquisa non me arruína unha noite histórica.
Na Quintana había pouca xente e moitas caras longas: Error!
O que non lle podemos perdoar nin a Fraga nin o PP é todos estes anos de caras longas, ese roubar a ledicia constantemente, ese ter que ocuparnos de non ser un país normal, ese puto estado de excepción interno que levamos intalado de serie.

E no fondo é como co Celta: podemos celebralo dúas veces.

E o Celta é como a TRANSICIÓN en Galizia: parecía que ía xa no 76 e non, inda tivemos que agardar ao 05. Somos lentos. Pero constantes. Xa o dicían Champman y Buck: 'el gallego es trabajador, lento pero industrioso'.

Gañamos 1.0 (!??!??)

Non o sei, non sei se realmente perderon.
Pero ante a dúbida bañámonos na piscina.
e M. dixo:
'estamos celebrando como ricos a victoria da esquerda'
xenial.

19.6.05

Cruzando dos dedos ('cross fingers', ala!)

Nos xornais guais os comentaristas dan por medio feito ou completamente feito que desta vai, que Fraga vai finalmente caer.
No reducido universo compostelano, alí onde temos a auténtica cosmovisión pangalaica, calculamos que sí, que é moi probable, que desta vai.
Pero.
Sempre ten que haber un pero. Ou Máis: recorro a provincia de Ourense, non falo con ninguén, só me aguanto a min mesmo pero non vexo máis que carteis do PP. O omnipresente MAIS Fraga está por todas partes. E véñome a aldea na que (re)tomo contacto coa realidade (en perigo de extinción pero realidade). Pasa un coche tuneado. Pasa unha alucinante máquina 'mezcladora' que lle da de comer ás vacas. Pasan os anos. Non pasa nada.
Aquí todo o mundo di que vai gañar o PP, mesmo os que non o votan (curmáns e demáis familia...). Pasa un can, pasa un miñato, pasa a veciña bruxa e filladeputa, pasa o mozo dunha das miñas primas (das pequenas) cun tatuaxe e parece que non pasa nada.
Unha cría de 17 anos, amiga doutra primiña de 16 maniféstase do PP. Pregúntolle e di que quere ser rica. Eu tamén. Pero pasa o tempo e non o son.
E. dende UK dime que vai cross fingers.
Quedan moi poucas horas.
Cruzamos os dedos.

16.6.05

Antes morrer que perder a vida

Pois iso, antes morrer que perder a vida.
Termitas.
Ocúrrenseme varias historias de termitas nesta mañá de transición hacia o bo tempo.
Elas morren antes de perder a vida.
Tópicos.
Sorpresa. Por exemplo, a manifestada pola rixidez ante un elemento flexible.
Nota culta: poden lembrar a peli 'Os xuncos salvaxes' de A. Techiné (escribíase así? non teño ganas de ir ao Google....). Senón me creedes observade a cara de sorpresa constante que o granito pon cando ve o mar.
Apunto unha nova nota na axenda: non te fíes de quen manifesta sorpresa.
Agora penso que esto xa o debera ter apuntado na axenda dende o paleolítico, pero a causa do meu Desorde, sempre chego tarde/a tempo.
E penso nas explicacións que só se ven obrigados a ofrecer os xuncos salvaxes.
Santiago de Compostela ten portas abertas polas que circula moi pouco aire. Dende aquí o planeta vese demasiado pequeno. O dito: antes morrer que perder a vida.
Se non me creedes, vémonos o día 19X pola noitiña. Hoxe marcho a Cualedro. Alí non circula aire dende hai moito, ainda que non hai muros as portas están pechadas , pero eles non o saben.
Desorde: os próximos 4 anos vai haber moitas SORPRESAS.

13.6.05

Sobredosis

Estou/amos a vivir unha auténtica sobredosis de política galega. O estado de Galizia para o 19 pola noite estanos a preocupar e ocupar as conversas constantemente. Así foi esta fin de semana con C., M. e L. e E. e P. en Fisterra e Carnota.
Qué ocurrirá? quén terá, ao seu xeito, razón? a quén debemos votar (o que debemos botar está claro)? debemos votar a aqueles que se empeñan en ser unha imaxe especular do PP? ou votar as ñoñez da que nada esperas?
Mellor votar ñoñez que ceder ao chantaxe emocional? (emocional, porque se é por ideoloxía está claro que non se lles debe votar, senón botar - tamén-).
Falo con A. e díceme que nunha presentación de HAI QUE BOTALOS (páxina hackeada) dixo algo así como '... e que isto vaia de advertencia para os que veñan....' Si señor!!

Polo momento soa Jeff Buckey e Saint Etienne, lembrándome que hai cousas que duran e perduran por riba da conxuntura política de esta pequena esquina do mundo (con permiso de YLT).

10.6.05

Baralla, metáfora total.

Baralla, concello do interior de Lugo, limítrofe coa miña aldea acaba de ser o escenerio dunha metáfora que por sí mesma explica o (des)goberno Fraga, o clientelismo e a dependencia.
Todo comezou cando R. envioume unhas fotos que el tomou alí. Nelas pódese ver como un camión antiincendios da Xunta de Galicia coloca propaganda do PP. Está claro, o medio rural galego apoia ao PP porque depende del para traballar na loita contra esa lacra que son os incendios e que en realidade encubren todo un programa de emprego rural onde non hai transparencia pública, por suposto.
Como non sei colgar fotos de aquí, podélas ver en Vieiros e máis en Arredemo.

Ben, estamos todos moi ledos de que as metáforas saian a luz, R. o fotógrafo por suposto, eu, B., M., etc estámnos a V/Botar unhas boas risas.

6.6.05

Uns centímetros

As veces uns centímetros semparan a xenialidade da JETA máis absoluta. As veces uns centímetros separan a provocación lúdica, feliz, risoña, estimulante e necesaria do mero acto de rirse do próximo; cando o próximo é xente con problemas xa son só milímetros.
Esto é o que lle pasou a Alejandro Jodorowsky, vaia, digo eu, no CGAC de Compostela o venres pasado....
As veces a confianza que teño na intelixencia colectiva baixa uns centímetros e pasa a ser desconfinza.
As veces o ñoño dista uns centímetros.

As veces uns centímetros aupan a un grupiño de rapaces e os leva a ter cancións deliciosas: tal aconteceu o sábado na sala Capitol con Nadadora.

1.6.05

MMMM aquí está o programa do PP

Atopei o PROGRAMA do PP.
xa o podedes ver aquí mesmo.

Busque / Compare / non se suicide

E se atopa algo mellor é que Vd. non está en GALIZIA.

a/ BNG- (UPG)
b/ PSdeG /PSOE
c/ PP
d/ ningunha das tres anteriores é correcta.

Elementos para una decisión medio ambiental:
a/tralarí
b/larí
c/larílarí
d/ non existe.

Xa o tes claro?
incendio+chapapote+eucalipto+despoboación+pistas+centrais hidroeléctricas+parques eólicos+ (-redenatura2000)+especulación+concentracións parcelarias+desurbanismo+estupidez= MAISDOMESMO
P.D. Algúns comentarios malvados pero certos:
  1. na web do BNG non se atopa o programa. É posible que estea pero eu non o atopei en 3 minutos...
  2. na web do PSdeG, atópase doadamente o programa
  3. na web do PP atópase o programa pero non se da descargado.

A ver, querrá dicir esto algo? será significativo? porque se é así: o PP di q ten programa pero non se sabe cal é, o PSOE, tenno e ahí está (logo xa farán o que queiran segundo amosa a expericencia) e o BNG, nin ten programa, tal e como tamén amos a experiencia.... ou terán un program oculto na web da UPG, que non penso mirar...?