22.4.05

Aceiro Inoxidable

F. opina que a estas alturas xa non cree nin en Deus nin no aceiro inoxidable.
F. debe de ter razón: é home-rá e ser home-rá é un nivel diferente de coñecemento metafísico.

21.4.05

Cabezolos

Procurando anfibios revisei unha charca calqueira con detenimento e atopei un grupo de cabezolos, tamén coñecidos como cucharóns ou, se queredes, larvas ou renacuajos. Mirei algunha de perto e vin que á sua vez estaban a mirar un post-it con moito detemento e gran estupor: puña 'a culpa sempre é dos demáis'.

Mazinger Z

Mazinger Z era un gran robot pilotado por Koji Kabuto, neto do Dr. Kabuto, que facía as miñas delicias, claro, eu era moi neno. Agora tamén as segue a facer: eliminas a robots malos en combates corpo a corpo de 20 minutos, unha pasada polo chapista e listo!
Claro que a miña favorita era Afrodita A: Pechos fuera!! Resulta curioso que as miñas primeiras experiencias sexuais imaxinarias conscientes foran un robot de debuxo animado e Pipi Calzaslargas.
Agora temos a Ratzinguer Z (xa sei, xa está moi visto o chiste este) que pasa de soldadiño nazi na Segunda Guerra mundial a Papa en 63 anos! non está mal tampouco. Agora pregúntome onde está a Afrodita A equivalente inda que coñecendo a miña tendencia ás preguntas inapropiadas, quizáis esta sexa unha delas...

14.4.05

Máis desorde

Olá Menos mal que viñeron os The Kills para poñer un pouco de orde.
Dende antonte todo está aínda se cabe un pouco máis desordeado, máis desorde que nunca, agora máis que nunca, DESORDE.

Beiras, Xosé Manuel por fin tivo que caerse da caravana de gardiáns das esencias e ala, alá foron.
non o perdan.
A UPG xa é hexemónica: Qué importa que nos maten se deixamos semente de vencer. Tan terrible afirmación fíxoa un que sabía moito desto, un tal Reboiras.
O dito menos mal que viñeron os The Kills, porque todo está un pouco máis desordeado.
Por certo en Madrid vai un día fantástico.
bicos

5.4.05

Senso

Ben, vóltome a preguntar que tipo de senso pode ter esta historieta.
É dicir, a quén lle pode interesar leer pequenos desbarres, particulares, desconectados da realidade.
Logo de darlle algunha volta e mirar por riba outros blogs (poucos) entendo que o único senso que ten esto é a ausencia de senso. O único obxectivo que podo concibir é a ausencia de obxectivo.
Vin un blog dun tipo de NY, xa non lembro cómo se chegaba pero era a través de enlaces ornitolóxicos. O tipo é escritor e ornitólogo, conta o que ve e cousas máis ou menos privadas.
Outros blogs están super currados e dan información sobre temas de actualidade pouco comúns, copyleft, por exemplo. Outros directamente son de autobombo e caralladas parecidas pero non sei que me pode importar que alguén fora a ver a Lali Puna por moito que a min me interese Lali Puna.

1.4.05

Levo xa unhas semáns que comecei esto de DESORDE, un blog. Por unha parte soa a moda, que o é e por outra a experimento, porque a ver, a quén carallo lle pode interesar os desbarres dun tío ao que non coñece nin ten nin remota idea das suas circunstancias? porque, postos a gastar (perder) o tempo sería mellor buscar na rede algo de Rimbaud ou de Mann... por dicir algo, e entreterse niso, porque ao fin e o cabo eu non vou dicir nada mellor, nin máis interesante, quero dicir, obxectivamente interesante. Esto quixáis é a resposta que o interese obxectivo dun blog sexa a sua visión absolutamente subxectiva.
Vale, agora xa sei para que lle pode server a un/ha suposto/a lector/a este cachivache, pero e a mín? Creo que para desbarrar un pouco e ordear pensamentos, como experimento, como un strip tease sen roupa e con teclas...
Neste momento o ceo está fantástico, cor chumbo, e soan tronos ao fondo, así que vou desconectarme porque me dan medo as tormentas: no 2002 caeume un rayo perto e jodeume o meu anterior portátil. Un desastre
Quedan pendientes as vacacións!!!