31.3.05

Olá de novo.
Xa viñen de vacacións, atravesei a Península, 0 Estado e toda esa colección de conceptos para evitar eso de España. Con H. Claro.
En calquera caso contarei algunha cousa.
Agora estou a probar esto de facer Links. Un novo reto. Ahí vai o primeiro e trata sobre as artes de pesca ilegais na costa galega.
- Pero, cómo? Existe eso na verdescente?¨
- Pois parece que si.

23.3.05

Zapping e tribu

Ben, vai días que non escrebo nada e é só por falla de tempo.
tiven diversas experiencias fascinantes. Unha delas foi co Zapping; si, eso que consiste en pasar compulsivamente canle tras canle da tv; o caso é que me decatei que o zapping pode chegar a enganchar tanto como calquera outra cousa: o cerebro habitúase a ese estado de búsqueda no que non se busca nada, senón que o que se busca e facer como que se busca, compulsivamente; supoño que é o hábito de desconcentracción máxima. é perigoso habituar o cerebro a esas cousas, unha extrana forma de anhedónia. O protagonista desta historia non era eu.

Outra experiencia fascinante foi o comportamento absurdamente grupal de determinadas persoas: o que antes podería ser 'un dos nosos' pasa a ser repudiado rápidamente en canto abandoa o grupiño. Por suposto sen que haxa razón obxectiva algunha.
Tamén podemos dar outras explicacións como que ante un feito inmoral, téndese a eliminar testemuñas que lle lembren a un mesmo o que é, o que foi, o que fixo e o que fai. Parece bastante lóxico. O peor é que ninguén está a salvo de nada.

Hoxe marcho de vacacións. Nas vacacións non medran nin o zapping nin a estulticia.

15.3.05

En-frío

Ía unha brisa lixeira, brilaba un sol que apunta primavera e ainda quedaba neve a moreas do temporal pasado.
tiña unha lata de cocacola light ao limón quente que metín na neve para que enfriara. Din unhas voltas por alí, mirando para o chan mentres medraba a sede.
Fun a pola lata e, efectivamente, estaba máis fría.
Concluín que a cocacola fría é máis cocacola que cando está quente. Sabe máis e resposta mellor ao concepto de cocacola que eu tiña.
Esto foi un pensamento en frío.

11.3.05

ARDE

Arde é unha canción. Pero non só iso. Unha simple verba capaz de describir a realidade do monte. De Faro de Avión a Cualedro: ARDE. E como estaba pendurado de serras solitarias e bravas, onde xa ninguén vai, ninguén do S XXI, quero dicir, non había ninguén para apagar. Nas aldeas, vellos miran para o monte. ARDE. Non pasa nada. Ninguén.
a prensa non ARDE, ninguén di nada, o Político non ARDE.

Ee todos xeitos había 4 bicotortos posando para min. Alguén sabe qué son?

8.3.05

Alguén dixo

Alguén, que non lembro, dixo que o que poidas explicar pola estupidez non o expliques pola maldade. Ou algo así.
Levo días explicando (me) cousas pola maldade. Vou probar a coa estupidez. A ver qué pasa.
Por certo, a garza xa non está.

Hoxe comezo

Olá.
Hoxe comezo esta nova andaina.
Soa Mogwai. Vai bo día. Teño que traballar (merda). Non está.
Fai un rato había unha garza (real) pousada a carón da casa. Era real de realeza e real porque estaba alí. Son as garzas monárquicas? vai ti saber: un leva moitas sorpresas, e non debera porque non son ningún adolescente. Así que, por qué carafio me sego a sorprender?