De noviño tiña unha costume: cada pouco recombinaba os elementos que compuñan o meu cuarto, a miña casa... supoño que non me atopaba e iste xesto era un xeito de expresar vontade de cambio e un recoñecemento de malestar, claro. Facía anos que non me daba por ahí. Levo dous días coa recombinación do lugar de traballo e ben, non lembraba o satisfactorio que era.
30.11.05
Vitamina B
Pero
Témome que o que agora remata só é o Libro 1. Agardo que non comece o Libro 2, extentendo o conflicto absurdo-persoal á territorios que agora están en paz.
29.11.05
Poñendo contadores a cero
Logo da pequena microbatalla campal ocurrida o domingo 27, saio en dirección ao parque temático de eolo. Tal e como supuña, o tremendo temporal vento polar e todo iso pódese resumir en que estamos en inverno, si, e os titulares da prensa viñan a dicir, en realidade, que 'en inverno, hai neve nos cumios'... claro. No medio do frío e da soedade vivo a resaca da microbatalla a través do móbil. Supoño que non está nada ben, incluso está mal, é posible pero vou disfrutar de ter acertado.... e véñenme á cabeza aquela frase do meu pai: 'ti, non te signifiques'; esto dito dende a debilidade pódese ver como cobardía pero atópolle novos significados e conclúo que adiantarse ten un coste moi grande. Pero, hoxe non son eu o jodido, hoxe estou satisfeito, que é que lle veño a dicir a un Compañeiro en AldeaMuralla, el respóstame que me envexa.
Á noite introdúzome, de novo, noutra vida (nova) na aldea amurallada e vexo ata que punto esa vida fai equilibrios coa sua existencia, máis ben coa súa parella. Eu supoño un desequilibrio tremendo así que a cousa queda no aire inda que aberta. Ben.
Poño o contador a cero.
27.11.05
Caché

Onte vin Caché de Michael Haneke. Estivo ben; remata a película e non sabes con certeza o que pasou e quedo coa sensación de 'ben, xa está'. Pero a medida que pasan as horas voulle dando voltas as cousas ata decatarme que en realidade é unha gran película. O título, caché, nun sutil xogo de ironía/franqueza, agocha unha morea de cuestións que subxacen o desenvolvemento do film. Realmente estou asombrado.
Se eres extremista, polo menos sé profisional
Supoño que é o sino dos tempos, ou non, se cadra é unha simple coincidencia cosmogónica pero o caso é que vivimos nunha momento de posturas extremas, e claro nos conflictos sempre gañan os extremistas profesionais, non os aficionados.
Mentres, fora, todo segue igual e o planeta non parece moi convulsionado pola microtormenta sobre o patio de colexio, sobre todo porque todos/as coñecíamos/coñecían o final.
Xa sei para qué serve un Blog. 8.0
Un blog é un vertedoiro
(ademáis)
(ademáis)
25.11.05
Noñez invernal
Supoño que é unha gilipollez, pero a min ponme dos nervios.
Resulta que estamos en inverno, ben. E claro, en inverno hai frío, pode haber temporais, chove, hai vento, e todo tipo de meteoros. Ben, parece que vai haber neve, por qué alertan como si esto fora a ser o polo norte ou a antártida?
Non é inverno? esto é Cuba, onde nunca neva e polo tanto é unha nova? Ah! ao mellor é polos automovilistas, claro somos todos gilipollas? A este ritmo será nova o sol na praia en xullo.
Aberración
Cineuropa, onte, peli sorpresa:
Tideland de Terry Gilliam. Cómo pode alguén molestarse en desenvolver unha aberración semellante? por qué confundir aberración con transgresión?
Neste ano a media de películas das que quería marchar rebasa o razoable. Algo está a pasar ahí fora.
Tideland de Terry Gilliam. Cómo pode alguén molestarse en desenvolver unha aberración semellante? por qué confundir aberración con transgresión?
Neste ano a media de películas das que quería marchar rebasa o razoable. Algo está a pasar ahí fora.
24.11.05
entre o frío e a seguridade cólase un encontro pasado
Digamos que:
7 horas
4ºC
50 km/h de vento.
Significa moito frío. É o que ten a historia esta.
Volto para a Aldea Grande e paro nunha área de servicio, en Guitiriz (síntoo, necesitaba mexar e un café). Atópome cun señor que resulta ser o que queda dun amigo da infancia e primeira adolescencia. Difícilmente recoñecible, parécese moito ao seu irmán maior e viste como o seu pai. Ponse nervioso, pídeme o teléfono e penso que realmente necesita ter o meu teléfono porque senón tanto azoramento non compensa. Xa se verá.
Xanto cuns carguiños, cuns peixas gordas, ao final están tan tranquilas que é máis sinxelo falar con elas que con aspirantes a. A tranquilidade, a confianza e a seguridade son positivas sempre. conclúo.
22.11.05
De Meteogalicia a Superpiñeiro
Meteogalicia daba para hoxe sol e ao parecer foi certo, pero no parque temático de eolo a néboa con consistencia de platilina acompañoume todo o día. Día é unha verba que non se axusta a un universo de néboa.
Logo chama B(e) e dime que hoxe sae no Supermartes de Superpiñeiro. A B(e) seica vanlle gustar as azafatas... aproveito para ter unha charla de vehículo a vehículo tan intelixente e delirante coma sempre.
Logo chama B(e) e dime que hoxe sae no Supermartes de Superpiñeiro. A B(e) seica vanlle gustar as azafatas... aproveito para ter unha charla de vehículo a vehículo tan intelixente e delirante coma sempre.
error
Sylvia cometió un error el día que pensó que su dignidad valía más que lo demás. No se quiso rebajar cuando él le dijo que se iba a marchar. Por mi no vuelves nunca más ¿Cuánto más resistirás indiferente? Él se va y te da igual.Sabes que mientes. Dime qué te importa más Ser una idiota ante todos los demás o tu propia felicidad. Síguele, llámale y arrástrate antes de que sea muy tarde ya y no le vuelves a encontrar.
Alex y Christina (Sylvia cometió un error de El angel y el diablo, 1989).
Centralidade cero
Dame por pensar que é moi sinxelo desconectarse, desenchufarse.... algo así. Estou perdido polo máis alá eólico do norde de Lugo, veño á Aldea pequena todos os días, leo os periódicos e mesmo miro en internet as páxinas de sempre. Pero dame a impresión de desconexión.... é unha sensación extrana. Podería quedar aquí e non voltar saber nada de nada. Supoño que é unha sensación que terán os que vivan no centro de Manhattan e saian dela, pero eso é un centro e eu son consciente que vivo en todas as periferias posíbles. Centralidade cero.
Móbil, señora, refuxio, paro biolóxico.
Alédame moito unha factura de móbil: non lembro cando foi a última vez que a historia se detivo nos 100 euros, uns 80 menos do habitual. Xenial.
A pesar delo, e visto o tedio do traballo de campo, e ademáis porque necesito opinións intelixentes falo con M(l) que anda por León. Pódense concluir varias cousas. A min veume a cabeza unha amiga, R(a), que ante unha situación francamente difícil bailou sen perder o sorriso e levando ela o paso: é unha señora, si. Non todas poden selo, inda que o simulen ou incluso o intenten. M(l) fálame dos diferentes refuxios e a segregación por xénero no seu uso; non me queda outro remedio máis que darlle a razón porque empíricamente ten razón, inda que non sei porqué.
E(i) que está en Canarias fálame de paro biolóxico. Nótase que é de mar. Eu podería falar do barbeito, porque son de terra.
19.11.05
De Aldea a aldea
Noite e máis noite. Poño nasas. Como entren en todas non vou a dar feito.
Saio da Aldea Grande e véñome a Aldea pequena. Agardo que todo sexa máis sinxelo os próximos días.
Saio da Aldea Grande e véñome a Aldea pequena. Agardo que todo sexa máis sinxelo os próximos días.
Resentimento cun chisco de misoxinia
Elas, invariamblemente,
acostuman a ser non só máis listas
senón moito máis rápidas.
Prisa.
Todo o demáis é noso.
Incluíndo o alcohol.
Incluíndo as noites en vela.
Xogando coas dúbidas.
Navegando a duras penas no mar do erro.
A posibilidade de naufragar/errar.
Tormentas, dúbidas e contradiccións.
Miñas son as causas, súas as consecuencias.
acostuman a ser non só máis listas
senón moito máis rápidas.
Prisa.
Todo o demáis é noso.
Incluíndo o alcohol.
Incluíndo as noites en vela.
Xogando coas dúbidas.
Navegando a duras penas no mar do erro.
A posibilidade de naufragar/errar.
Tormentas, dúbidas e contradiccións.
Miñas son as causas, súas as consecuencias.
18.11.05
Permutacións positivas
Permutacións Positivas. Se escollemos un número finito de elementos plenamente satisfactorios e non particularmente complexos e os convinamos en permutacións diferentes, sempre imos acertar. É realmente sinxelo.
Se, pola contra, empeñámonos en escoller elementos negativos, ao hora de convinalos sempre saerá negativo, nunca acertaremos. E ahí empeza o 'rollo chungo'.
Permutacións Positivas non é máis que un pequeno elemento do Sistema Pensamento Anterior.
Teoría do Pensamento Anterior
Antes de nada dúas consignas:
O Pensamento Anterior é posibel.
Super a favor do Pensamiento Anterior.
Ben, o PENSAMENTO ANTERIOR (en adiente PA) é un novo sistema filosófico, se ben a o concepto filosófico quédase curto dada a amplitude e posiblididades do novo sistema. Digamos que o PA é un SISTEMA que parte dunha cosmovisión e non se lle coñecen límites.
Ata o de agora os sistemas (sistemiñas, en realidade) previos, especialmente os baseados en relixións monoteístas tiñan no pecado un dos seus vértices, por non decir, o vértice, e logo viña todo o que xira en torno á el, é dicir, culpa e arrepentimento. Así, posteriormente, grandes e pequenos pensadores trataron de superar esta sistemiña trantando de eliminar ou ignorar o pecado, o cal creou non poucas tensións en millóns de persoas ao longo de todo o mundo, tensións que se reflicten na perda de valores, referencias, coordenadas vitais, parámetros filosóficos, culturais, éticos, etc
PA en realidade recupera a idea de pecado, culpa e arrepentimento, recupera incluso a autoflaxelación, o autoodio e o autocastigo. O pecado segue a ser un vértice fundamental das nosas vidas, tal e como pode selo por exemplo o ADN, a columna vertebral ou a inxesta regular de proteínas. PA absorve o pecado e utilízao non como un elemento castrador e autodesctructivo senón como unha fonte de inspiración, crecemento e superación, ao tempo que da todo aquelo que necesitan homes e mulleres modernos: serenidade.
PA non incita tampouco a cometer pecados pero parte da base empírica de que o pecado, antes ou despois acabase producindo, acabamos cedendo. Logo, de xeito clásico, tiña que vir, a culpa, o arrepentimento, cuestión secundarias como trauma e bloqueo para, se cadra e con sorte, producirse unha especie de renacemento que, non nos inganemos, é ficticio porque unha vez que se estuvo alí quérese voltar.
Así que en PA alíase co pecado e invirte o desenvolvemento temporal da secuencia: primeiro ven a culpa e o arrepentimento logo o pecado. Unha vez cometido este o individuo, e por ende a sociedade, pode vivir tranquila e evitar o bloqueo e os falsos renacimentos.
Poñamos un exemplo: mañán hai que currar e digamos EBOCA chama para sair de noite, ben, primiro arrepentímonos, fustigámonos, decimos que non pode ser, que xa está ben, etc etc facemos fé de enmenda, etc logo, tranquilamente saimos, disfrutamos da noite e de todo o seu microuniverso de praceres. Unha vez finalizado este proceso, erguémonos e ben, sí, é tarde e todo iso, pero como xa non temos nin culpa nin arrepentimento, estamos frescos, lixeiros, co cal podemos poñernos a traballar ou facer o que queiramos sen esa mochila de chumbo que os sistemiñas anteriores púñannos nos ombreiros.
Pénseo. Pénseo detidamente. Pense en media ducia de exemplos autoaplicados que lle atormentan. PA é o SISTEMA.
17.11.05
De Franco a Fraga: 30 anos non é nada.
Unha das cousas boas de que Fraga non gañara as derradeiras eleccións é que xa non ten que disimular, pode ser el mesmo plenamente!!; eso ten que ser una alivio e unha satisfacción. Enteirámonos a través dunha entrevista que Il Corriere de la Sera publica na que Fraga fala de Franco, máis información aquí. Ahí van algunhas perlas:
"Á fin, o xuízo sobre Franco vai ser positivo, tanto sobre 1939 coma sobre 1975".
"O rexime non era fascista nin totalitario, senón simplemente autoritario"
"Váiselle entender mellor dentro de trinta anos" (a Franco).
A min paréceme moi ben que este individuo se exprese como queira pero entón cumpriría que varias ducias de policías encapuchados da brigada antiterrorista asaltaran a sua casa, despacho, etc e o detiveran por apoloxía do terrorismo, apoloxía do fascismo, etc. Tarderemos nos en enteneter mellor a Franco dentro de trinta anos?
15.11.05
Disorder up-date
- Nótase que vou a clases de inglés de novo, non?
- Moito traballo/falla de concentración= rollo chungo.
- Vin unha peli de merda, Batalla en el cielo, noxenta.
- Vin un par de pelis fantásticas: Match Point do meu querido Woody Allen (cómo meter a língoa ata os talóns) e Water, vista en Cineuropa, dunha tal Deepa Mehta. Pretty woman na India? Nin de PXXX coña!! peli bonita con portas que se abren constantemente, evocadora e un pizco lacrimóxena (bagoaxena?).
- Artigo escrito, enviado, publicado e xa listo para pasar a mellor vida. (Obrigado, publicista!).
- Retro-alimente o seu odio! máis información aquí e aquí. Por fin vanlles sobrar os motivos.
12.11.05
Episodios do desorde cotiá nun outono chuvioso e común nunha cidade calquera pero algo bonita.
Saio a dar un paseo matutino por Compostela e crúzome con 4 persoas -tres mulleres e un home- todos máis ou menos da miña idade que avanzan falando sos; ademáis semella que teñen un interlocutor que moi interesados, vainos escoitando....
Quedo pensando un rato nelo; supoño que todos temos diálogos internos... cándo e por qué alguén pasa a telos figuradamente reais?. 3 mulleres/1 home... será significativo?
Logo....
Chámame a miña irmá maior entre divertida e triste: nunha reunión de médicos a súa amiga MA dille que nese 'mundillo' está considerada 'rara'. Busca unha opinión supercualificada do seu irmao pequeno; dígolle que eso está moi ben, porque está nun ambiente do máis vulgar, así que os raros son os outros pero en cutre. Ao final todo parece reducirse a un pequeno xogo de adxetivacións.
Comecei a miña primeira clase (de inglés) dende hai moito. Saio entusiasmado porque resulta excelente. O profesor parece moi moi competente: pon o punto xusto de ánimo e dificultade para avanzar.
G. chega a Río de Janeiro. Sinto nostalxia da luz e o ánimo de Brasil, sinto saudades da vitalidade brasileira, do seu entusiasmo a pesares de todo.
Pincho The Kills e a PJ Harvey & Jonh Parish. Sego a ler o mamotreto e sego un pouco insatisfeito porque o artigo prometido non me acaba de sair.
Ah! e lembro que Jesús estivo 40 días no deserto; voulle batir o record!!
11.11.05
Las folclóricas (part II)
Chama Mariscal de Campo cunha nova completamente tóxica: adiviñen quén vai esta noite ao Luar da TVG?
Non o imaxinan? póñanse no peor.... tachán, a Plataforma Nunca Máis. Típico da era Fraga pero ao revés: Idiosincrasia?
Eu póñome a facer un novo artigo pero onte fun un pouco malo e saín con Psicho e e o licor café estame a pasar a factura invisible pola cabeza. Non acabo de ter ningún pensamento luminoso. Chispazos, si.
Non o imaxinan? póñanse no peor.... tachán, a Plataforma Nunca Máis. Típico da era Fraga pero ao revés: Idiosincrasia?
Eu póñome a facer un novo artigo pero onte fun un pouco malo e saín con Psicho e e o licor café estame a pasar a factura invisible pola cabeza. Non acabo de ter ningún pensamento luminoso. Chispazos, si.
8.11.05
Desordes de por ahí fora.
Non sei por qué nos escandalizamos? (si? escandalizámonos?). Xa se sabe ónde están as armas químicas en Irak: leváronnas os Iankis e empregáronnas en Faluya.
7.11.05
Instruccións para ver golfiños, arroases e outros cetáceos.
- Achegarse ao mar.
- Que o mar, teña luz, plancto, algas
- Que o mar, finalmente, teña peixes de moitas especies, tamaños e cores. E pulpos.
- Que a contaminación sexa pouca.
- Párarse e mirar, ter paciencia
- A paciencia, mellor con binoculares
- Agardar
- Seguir agardando.
- Finalmente acaban aparecendo saltando por riba das ondas cara a luz.
As cousas dormidas
C. regalárame vai casi dous anos un CD, Vespertine de Björk. Non me acababa de gustar ou enganchar. Antonte púxenno como de casualidade. Non podo parar de escoitalo. Só estaba durmido (o cd ou eu). Cántas cousas terei durmidas por ahí?
4.11.05
051104
A pesar de que o meu careto debe de estar ilustrando o concepto 'falla de concentración' nalgunha enciclopedia, consigo rematar o informe no límite do tempo acordado.
Diríxome a academia de inglés, P(t) faime unha proba e decide poñerme no nivel B, non sei se é bon ou todo o contrario. O caso é que é a primeira vez que vou sentar nunha aula en anos.
Na Praza de Galicia, nunha pantalla xigante vense uns porquiños nadando estresados nunha especie de piscina; a xente da parada do bus mira, mira sen máis. Se o futuro era esto (ver por exemplo as pantallas xigantes de Blade Runner) mellor ver os cochiños na corte, ou no plato. Poño a Public Enemy.
3.11.05
....está nesa idade na que un/ha xa se quere como é, mesmo como lle tería gustado ser pero non é.......
Confeso que varias neuronas (das que quedan operativas) teñen cortocircuitos. Uf! Póñome a escoitar a Arianna Savall para lubricalas, porque esto non é froito da casualidade senón producto dunha reflexión fonda e/ou intuitiva.
Confeso que varias neuronas (das que quedan operativas) teñen cortocircuitos. Uf! Póñome a escoitar a Arianna Savall para lubricalas, porque esto non é froito da casualidade senón producto dunha reflexión fonda e/ou intuitiva.
Las Folclóricas
Resulta que o día 13 deste mes cúmprese 3 anos dende que afundiran o pxxx Prestige dos cxxxxxx. Todo o mundo lembrará aquela plataforma xurdida para protestar e reivindicar: a Plataforma Nunca Máis; coa plataforma pasara o que pasa con moitas cousas neste país: son infectadas por unha minoría de chinos, a xente fuxe (cando directametne non é acosada a base de maledicencia) e finalmente quedan esqueléticas e inoperantes porque os chinos soen ser bastante inoperantes cando non directamente inútiles, inda que hai que recoñecer que montan jolglorios moi ben. Fora do jolglorio queda moi pouco espacio para os obxectivos, as extratexias, a coherencia e a seriedade. O caso é que parece que tanto Burla Negra como a Federación Ecoloxista Galega xa non orbitan por ahí moito. A intelixente Plataforma convoca unha manifa para o día 13: un país de floclore (logo queixaranse das folclóricas españolas, claro). Supoño que a participación irá en disminución aritmética respecto aos dosu últimos anos a pesar de que todo o partido comunista chino, satélites e despistados mobilizaranse. Logo pretenden entrevistarse coa Xunta. Curioso, pero logo de 100 días de goberno xa deberan ter solicitado a entrevista, claro, a non ser que sea un tic do tipo 'primeiro disparo e logo pregunto'.
País, país..........
2.11.05
Autogosto
Nun breve ataque de autocrítica/autocomplacencia veño de revisar boa parte do meu blog. Noto que a medida que vai pasando o tempo góstome máis; supoño que atopei un própio apropiado camiño....
Temporal
Temporal: 1. Bonito disco de Radio Tarifa. 2. O que está caendo ahí fora e me impide estar hoxe de curro de campo. Haberá que reconducirse un pouco.
Quedo para o café con M(s) á que non vía dende agosto: actualízame cousas e entérome de que teño un amigo, Mario, que é viceministro en Bolivia! e alédome: ademais de boa persoa é extraordinariamente competente inda que me temo que o de Bolivia non o soluciona nin dios, vamos, como esto.
Comeza cineuropa.... a ver qué vexo. Continua o temporal (fóra), dentro non hai.
p.s. trato de enlazar a web do goberno boliviano e está hackeada, pon "matrix has you..." lamentable, dame todo moita pena.
Assinar:
Postagens (Atom)
